José Antonio Alonso Suárez

juez y político español

José Antonio Alonso Suárez, nado en León o 28 de marzo de 1960 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2017, foi un político español.

Infotaula de personaJosé Antonio Alonso Suárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

9 de marzo de 2012 – 20 de xaneiro de 2013
Deputado no Congreso dos Deputados
1 de decembro de 2011 – 21 de decembro de 2012 – María Luisa González Santín →

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
28 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

10º Ministro de Defensa de España
11 de abril de 2006 – 2008
← José BonoCarme Chacón →
Ministro do Interior de España
18 de abril de 2004 – 11 de abril de 2006
← Ángel Acebes (pt) TraducirAlfredo Pérez Rubalcaba →
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz , xurista , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Amigo da infancia de José Luis Rodríguez Zapatero, con quen compartiu estudos básicos e superiores, estudou a carreira de Dereito na Universidade de León, e converteuse en xuíz en 1985, á temperá idade de 25 anos. En 1989, Alonso foi nomeado xuíz penal en Madrid, e pouco despois, maxistrado da Audiencia Nacional. Entre 1994 e 1998, foi o voceiro de Xuíces para a Democracia, e ten sona de ser un dos máis progresistas. Aínda así, tamén se recoñece que a súa profesionalidade sempre lle permitiu deixar a un lado as súas tendencias políticas ó tomar decisións xudiciais.

Antes das eleccións xerais de 2004, Zapatero, daquela líder do PSOE na oposición, instoulle a optar a un escano no Congreso, que finalmente gañou. Porén, Alonso, malia a ter un escano e ser nomeado Ministro do Interior e logo de Defensa, aínda non ten o carné de membro do Partido Socialista por incompatibilidade coa carreira xudicial.

Casado e cun fillo, Alonso participou en numerosos cursos universitarios e conferencias relacionadas coa linguaxe, a economía, as leis e a historia españolas. De feito, gústalle a filosofía e escribiu varios ensaios políticos.

En abril de 2006, a dimisión de José Bono como Ministro de Defensa levou aparellado o seu nomeamento para o cargo, deixando a carteira de Interior a Alfredo Pérez Rubalcaba. Co inicio da segunda lexislatura de Zapatero, Alonso abandonou o ministerio e fíxose cargo do posto de voceiro do grupo parlamentario socialista.


Predecesor:
Ángel Acebes
  
Ministro do Interior
 
2004 - 2006
Sucesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba
Predecesor:
José Bono
  
Ministro de Defensa
 
2006 - 2008
Sucesor:
Carme Chacón
Predecesor:
Diego López Garrido
 Voceiro do PSOE no Congreso 
2008 - 2012
Sucesor:
Soraya Rodríguez