José Abascal y Carredano

político español

José Abascal y Carredano, nado en Pontones o 1 de setembro de 1829, e finado en Madrid o 19 de febreiro de 1890, foi un político progresista español.

José Abascal y Carredano
Nome completoJosé Abascal y Carredano
Nacemento1 de setembro de 1829
Lugar de nacementoPontones
Falecemento19 de febreiro de 1890
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

 
Retrato de José Abascal

Estudou humanidades e filosofía no colexio de Vicente Masarnau en Madrid, e despois medicina no colexio de San Carlos. En 1848, tras a morte do seu pai, Abascal fíxose cargo do taller de cantaría que aquel rexentaba.[1]

Durante a súa vida política, formou parte da xunta revolucionaria de Madrid de 1868, foi deputado por Alacante e Alcalá de Henares en 1869, e novamente por Alacante en 1871, senador por Alacante en 1872, por Guadalaxara en 1877 e vitalicio en 1881 e alcalde de Madrid entre 1881-83 e 1885-89.[2][3][4]

Notas editar