José Ángel Antelo

baloncestista español

José Ángel Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un ex xogador galego de baloncesto profesional e político. Xogaba de ala-pivote e mide 203 centímetros.

José Ángel Antelo
Información persoal
Nacemento 7 de maio de 1987 (36 anos)
Noia, Galicia
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Carreira dende 2004
Historial de equipos
Cáceres CB (2004–2005)
CAI Zaragoza (2005–2006)
Bilbao Basket (2006–2007)
CB L'Hospitalet (2007–2008)
Tenerife CB (2008–2009)
Baloncesto Fuenlabrada (2009–2010)
Cáceres Ciudad del Baloncesto (2010)
CB Murcia (2012−2019)

Traxectoria editar

Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que era o club propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no Cáceres CB e na 2005-06 no CAI Zaragoza, xogou posteriormente co Bilbao Basket (ACB): 2006-2007, Club Bàsquet L'Hospitalet (LEB): 2007-2008, Tenerife Club de Baloncesto (LEB Ouro): 2008-2009, Baloncesto Fuenlabrada (Liga ACB): 2008-2010, Baloncesto León (LEB Ouro): 2010 e Cáceres 2016 Basket (LEB Ouro): 2010-2011.

Antelo Paredes formou parte da primeira selección nacional de baloncesto de Galicia, que debutou fronte ao Xapón, o 28 de xuño de 2006. Tamén integrou a segunda convocatoria desta selección, o 21 de xuño de 2007, contra Cuba.

En 2019 retirouse do baloncesto profesional logo de varias lesións no tendón de Aquiles.

Traxectoria política editar

Tras a súa retirada deportiva pasou a militar no partido político Vox[1]. Entrou na corporación municipal de Murcia como concelleiro e preside Vox Murcia dende decembro de 2019[2].

Títulos editar

  • Campión de Europa júnior, 2004, coa selección española. Na final, España-Turquía (89-71), Antelo anotou 22 puntos.
  • Cuarto no campionato de Europa júnior, 2005, coa selección española.
  • Campión de España cadete, 2002 e 2003, co Real Madrid.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar