Jorge García Torre

futbolista español

Jorge García Torre, coñecido como Jorge, nado en Xixón o 13 de xaneiro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como defensa central na Unió Esportiva Llagostera da Segunda División.

Jorge
Información persoal
Nome Jorge García Torre
Nacemento 13 de xaneiro de 1984 (40 anos)
Lugar de nacemento Xixón
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Llagostera
Carreira xuvenil
Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 Sporting B
2005–2011 Sporting de Gijón 116 (5)
2009–2010Gimnàstic (ced.) 34 (3)
2011–2013 Murcia 64 (4)
2013–2014 Lugo 11 (0)
2014– Llagostera 16 (0)
Na rede
Twitter: jgtorre Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 7 de xuño de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na cidade asturiana de Xixón, Jorge comezou nos equipos de fútbol base do Estudiantes de Somió antes de incorporarse á canteira do Real Sporting de Gijón. No ano 2000, durante a súa etapa en categoría cadete, proclamouse campión de España cos xixoneses.

No ano 2003, debutou co Real Sporting de Gijón "B" e, posteriormente, fíxoo tamén co primeiro equipo na tempada 2005-06 da man do adestrador Ciriaco Cano. Na campaña 2007-08, formou parte dos xogadores que lograron o ascenso a Primeira División do Sporting, sendo titular no partido definitivo ante o Eibar no estadio El Molinón.[1]

No verán de 2009, despois dunha tempada con pouca participación en Primeira, foi cedido ao Club Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División.[2] Unha vez finalizado o período de préstamo regresou ao Sporting para a campaña 2010-11 en Primeira.[3] Tras contar, de novo, con poucos minutos no conxunto branquivermello, decidiu desvincularse do club en agosto de 2011 para fichar polo Real Murcia C. F., onde se converteu nunha das pexas fundamentais do once na súa etapa en Segunda División.[4] O 16 de xullo de 2013 converteuse en novo xogador do Club Deportivo Lugo da mesma categoría, onde tras non gozar de minutos de xogo rescinde o seu contrato e asina co UE Llagostera.

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Sporting de Gijón Segunda 2005–2006 38 1
Sporting de Gijón Segunda 2006–2007 30 2
Sporting de Gijón Segunda 2007–2008 31 2
Sporting de Gijón Primeira 2008–2009 12 0
Gimnàstic Segunda 2009–2010 34 3
Sporting de Gijón Primeira 2010–2011 5 0
Real Murcia Segunda 2011–2012 37 4
Real Murcia Segunda 2012–2013 27 0
Lugo Segunda 2013–2014 11 0
Llagostera Segunda 2014–2015 16 0

Notas editar

  1. Axencia EFE (15 de xuño de 2008). Marca, ed. "El Sporting le brindó el ascenso a Quini diez años después". Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  2. Las Provincias, ed. (19 de xullo de 2009). "Jorge García Torre es cedido al Nástic". Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  3. Rosety, Manuel (3 de agosto de 2010). El Comercio, ed. "JJorge: «No voy a regalar nada»". Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  4. Rosety, Manuel (29 de agosto de 2011). El Comercio, ed. "Jorge se marcha hoy al Murcia". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar