Jordi Cruyff

futbolista neerlandés

Jordi Cruyff, nado en Ámsterdan o 9 de febreiro de 1974, é un futbolista catalán-holandés que xoga na demarcación de dianteiro. É fillo do lendario futbolista Johan Cruyff. Actualmente é asesor deportivo do FC Barcelona.

Jordi Cruyff
Información persoal
Nome Jordi Cruyff
Nacemento 9 de febreiro de 1974
Lugar de nacemento Ámsterdam
Altura 1,83 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Barcelona (asesor deportivo)
Carreira xuvenil
1981–1988 Ajax
1988–1992 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–1995 Barcelona B 51 (16)
1994–1996 Barcelona 41 (11)
1996–2000 Manchester United 34 (7)
1999Celta (cedido) 8 (1)
2000–2003 Alavés 94 (7)
2003–2004 Espanyol 30 (3)
2006–2008 Metalurh Donetsk 28 (0)
2008–2010 Valleta 17 (10)
Total 299 (55)
Selección nacional
1995–2004 Países Baixos 9 (1)
1996 Cataluña 9 (2)
Adestrador
2009–2010 Valletta (asistente-xogador)
2010–2012 AEK Larnaca (director deportivo)
2012–2017 Maccabi Tel Aviv (director deportivo)
2017–2018 Maccabi Tel Aviv
2018–2019 Chongqing Dangdai Lifan
2020 Ecuador
2020–2021 Shenzhen
2021– Barcelona (asesor deportivo)
Na rede
FIFA: 155664 UEFA: 24245 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co primeiro equipo na tempada 1994/95 dirixido polo seu pai Johan Cruyff. Ao finalizar a tempada seguinte foi cedido ao Manchester United da Premier League, porén non contou con moitas oportunidade e foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 1998/99, pero so disputou oito encontros marcando un gol.

No ano 2000 volve á liga española para xogar no Deportivo Alavés xa en propiedade, en Vitoria milita tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo que chega a clasificarse para a Copa da UEFA, porén ao final desa mesma tempada o equipo descende a Segunda División Española. Jordi deixa o equipo e ficha polo RCD Espanyol.

Ao finalizar esa tempada permaneceu en Barcelona semiretirado a causa das lesións, adestrandose co FC Barcelona B e disputando algún encontro de veteranos.

Na tempada 2006/07 volveu á actividade ao fichar polo FC Metalurh Donetsk da primeira división ucraína, xogou no equipo tres tempadas ao final das cales ocupaba a posición de defensa central.

En xuño de 2009 fichou polo Valletta FC de Malta, onde tamén realizou os labores de asistente do técnico, Tom Caanen.

Finalmente retirouse en 2012, xogando no AEK Larnaca de Chipre.

Coa selección de fútbol editar

Foi internacional coa selección de fútbol dos Países Baixos en nove ocasións, anotando un gol. Baixo as ordes de Guus Hiddink disputou a Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996.

Tamén disputou nove encontros coa selección de fútbol de Cataluña, marcando dous goles.

Palmarés editar

Títulos en España editar

Títulos en Inglaterra editar

Títulos internacionais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar