Jon Idigoras

político español

Jon Idigoras Gerrikabeitia, nado en Amorebieta, Biscaia, o 3 de maio de 1936 e finado en Deusto, Bilbao, en 2005, foi un sindicalista e político vasco e dirixente histórico da coalición Herri Batasuna.

Jon Idigoras
Datos persoais
Nacemento3 de maio de 1936
 Amorebieta
Falecemento3 de xuño de 2005
 Deusto
OrganizaciónHerri Batasuna
Tamén membro do sindicato LAB
ProfesiónSindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a traballar como obreiro metalúrxico aos 14 anos na factoría de IZAR de Zornotza. Afeccionado aos touros dende mozo, Idigoras chegou a tourear nalgunhas prazas vascas, e no mundo taurino chegóuselle a coñecer como Chiquito de Amorebieta, Chiquito de Eibar ou Morenito del Alto.[Cómpre referencia] Comezou como subalterno na cuadrilla do Duque de Boroa. En 1976 foi un dos fundadores do sindicato abertzale Langile Abertzaleen Batzordeak. Estivo na cadea durante a ditadura de Franco e posteriormente exiliouse.

En 1978 iniciou a súa actividade política pública en Altsasu (Navarra) como fundador de Herri Batasuna.[Cómpre referencia] Foi integrante da Mesa Nacional da formación entre 1978 e 1995 e portavoz desta coalición. Como voceiro da esquerda independentista radical na década dos 80 foi denunciado en numerosas ocasións polas súas declaracións, concretamente ante o Tribunal Supremo que chegou a tramitar até catro procesos ao mesmo tempo contra el.[Cómpre referencia] Tamén pasou por moitos xulgados a declarar sobre a súa relación con Euskadi Ta Askatasuna. En tódolos casos saíu absolto.

O 20 de novembro de 1989 foi testemuña do atentado perpetrado en Madrid por asasinos a soldo de ultradereita española contra dos deputados de Herri Batasuna no Congreso, no que foi asasinado Josu Muguruza e ferido moi grave Iñaki Esnaola. Idigoras saíu ileso porque a arma que lle apuntaba encalouse.[Cómpre referencia] Foi á cadea xunto ao resto de membros da Mesa Nacional de HB, por orde do maxistrado da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, acusado de colaboración con ETA. Saíu en liberdade provisional, a causa da doenza que padecía.

En 1999 publicou as súas memorias: El hijo de Juanita Gerrikabeitia (Editorial Txalaparta). Nos seus últimos anos, a gravidade do seu estado de saúde fixo que pasase a ser considerado como un histórico dos sucesivos partidos arredor dos cales vai agruparse a esquerda abertzale. A súa presenza viuse limitada a aparecer en manifestacións, artigos en xornais afíns e algunhas roldas de prensa, especialmente logo da ilegalización de Batasuna. A súa derradeira comparecencia importante foi a intervención que realizou no mitin que Batasuna celebrou no velódromo de Anoeta (Donostia) o 14 de novembro de 2004, no cal fíxose pública a Proposta de Anoeta.

Pasamento editar

Idigoras atribuía a súa doenza á gran cantidade de cigarros que fumara durante anos, hábito polo cal se vai arrepentir na súa última época. Jon Idigoras morreu a causa dunha doenza pulmonar crónica ás once e media do 3 de xuño de 2005 na Clínica San Sebastián de Deusto (Bilbao). A súa capela ardente foi instalada no salón de actos da Casa do Concello de Amorebieta grazas a un acordo do goberno municipal (coalición Partido Nacionalista Vasco-Eusko Alkartasuna).