Johnny colleu o seu fusil

Filme de 1971 dirixido por Dalton Trumbo

Johnny colleu o seu fusil (en inglés: Johnny Got His Gun) é un filme estadounidense antibélico escrito e dirixido por Dalton Trumbo e protagonizado por Timothy Bottoms, Kathy Fields, Marsha Hunt, Jason Robards, Donald Sutherland e Diane Varsi. Baséase na novela homónima de Trumbo.

Johnny colleu o seu fusil
Ficha técnica
Título orixinalJohnny Got His Gun
DirectorDalton Trumbo
ProdutorBruce Campbell
GuiónDalton Trumbo
Baseado enJohnny Got His Gun, de Dalton Trumbo
IntérpretesTimothy Bottoms
Jason Robards
Donald Sutherland
Diane Varsi
Kathy Fields
MúsicaJerry Fielding
FotografíaJules Brenner
MontaxeMillie Moore
EstudioWorld Entertainment
DistribuidoraCinemation Industries
Estrea14 de maio de 1971
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamentomáis dun millón de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0067277 Filmaffinity: 746268 Allocine: 220 Rottentomatoes: m/johnny_got_his_gun Allmovie: v26441 TCM: 79837 Metacritic: movie/johnny-got-his-gun TV.com: movies/johnny-got-his-gun Netlix: 70008386Editar o valor em Wikidata

Aínda que tivo certo éxito no tempo da súa estrea, foi esquecido pouco despois polo gran público. A pesar de que se coñece que Jimmy Carter esixiu aos membros do seu goberno que visen o filme pouco despois da súa elección como gobernador de Xeorxia en 1971, o filme fíxose máis popular cando foi incluído no vídeo da canción "One", de Metallica, que acabou por converter Johnny colleu o seu fusil nun filme de culto. Os membros de Metallica compraron os dereitos do filme para poder seguir mostrando o videoclip sen pagar royalties adicionais.[2]

Foi emitido na TVG o 24 de marzo de 2018.[3]

Argumento editar

Joe Bonham (Timothy Bottoms), un soldado estadounidense novo ferido por un proxectil durante a primeira guerra mundial, xace na cama dun hospital. É un amputado cuádruplo que tamén perdeu os seus ollos, orellas, boca e nariz. Permanece consciente e capaz de razoar, mais as súas feridas fano prisioneiro no seu propio corpo. Mentres deriva entre a realidade e a fantasía, lembra a súa vida pasada coa súa familia e a súa moza (Kathy Fields). Tamén establece un vínculo cunha enfermeira nova (Diane Varsi) que nota a súa situación.

Joe intenta comunicarse cos méditos mediante o código Morse movendo a súa cabeza dicindo "help" ("axuda"). Desexa que o exército dos Estados Unidos o coloque nun cadaleito de cristal nun espectáculo de monstros (freak show) para mostrar os horrores da guerra. Cando se lle di que o seu desexo é imposible, responde pedindo a eutanasia, repetindo "kill me" ("mátenme").

Finalmente dáse de conta de que o exército non pode levar a cabo o seu desexo e que o deixará no estado de morte vivente. A súa enfermeira intenta practicarlle a eutanasia atoando o seu tubo respiratorio, pero o supervisor páraa antes de que Joe faleza. Joe entende que nunca sairá da súa trampa e déixano só repetindo "SOS Help me" ("SOS, axúdenme").

Elenco editar

Produción editar

O filme distingue entre a realidade de Joe e a fantasía con branco e negro para o hospital e cor para os seus soños e lembranzas. Os seus soños están inducidos polas drogas, como cando fala co seu pai morto e Xesús Cristo, coa cor saturada. Os seus recordos son nunha cor máis clara, como na viaxe de pesca e a súa última noite con Kareen. As feridas de Joe nunca se ven nas escenas do hospital: a súa cara está cuberta cunha máscara e o seu corpo por sabas.

Notas editar

  1. American Cindmatographer 1971
  2. Ryan, James (3-2-2016). "FANTASIA OBSCURA: How the Real-Life 'Trumbo' Influenced... Metallica?". RebeatMag.com. Consultado o 26-9-2016. 
  3. Programación, consultado o 24-3-2018