John Taylor

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 2 (1964, 1966)
Escudería(s) Bob Gerard Racing (Cooper privado),
Brabham privado
Grandes Premios disputados 5
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1964
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1966


John Malcolm Taylor nado o 23 de marzo de 1933 e finado o 8 de setembro de 1966[1] foi un piloto de carreiras de Inglaterra. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 e tamén participou en varias carreiras for do campionato de Fórmula Un.[1] O seu debut na Fórmula Un foi o 11 de xullo de 1964 no Gran Premio do Reino Unido de 1964 en Brands Hatch pilotando un Cooper - Ford T73 dun litro e 4 cilindros, terminou 14º, 24 voltas para abaixo, despois dun pit-stop prolongado debido a un problema na caixa de cambios.[1] Taylor non competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un, en 1965, pero continuou a pilotar en carreiras fora do campionato. Regresou ás carreiras de Gran Premio en 1966 pilotando un BrabhamBRM de dous litros para o privado David Bridges. A súa primeira carreira na tempada foi o Gran Premio de Francia de 1966 en Reims onde logrou o seu único punto de campionato. Seguiron dos oitavos lugares no Gran Premio do Reino Unido de 1966 en Brands Hatch e no Gran Premio dos Países Baixos de 1966 en Zandvoort.[1]

Taylor morreu despois dun accidente no Gran Premio de Alemaña de 1966, cando o Brabham chocou co Matra de Jacky Ickx na primeira volta da carreira. Saíu dos restos gravemente queimado e morreu das súas feridas catro semanas despois.[1]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1964 Bob Gerard Racing Cooper T73 Ford S4 MON NED BEL FRA GBR
14
ALE AUT ITA USA MEX NC 0
1966 David Bridges Brabham BT11 BRM V8 MON BEL FRA
6
GBR
8
NED
8
ALE
Ret
ITA USA MEX 20º 1

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. pp. 378–379. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar