John Turberville Needham, nado o 10 de setembro de 1713 e finado o 30 de decembro de 1781, foi un biólogo inglés defensor da xeración espontánea.

John Needham
Nome completoJohn Turberville Needham
Nacemento10 de setembro de 1713
Lugar de nacementoLondres
Falecemento30 de decembro de 1781
Lugar de falecementoBruxelas
NacionalidadeReino Unido
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióneducador, naturalista, fisiólogo, filósofo e sacerdote católico
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

En 1745 John Needham realizou un experimento: ferveu caldo de carne para destruír os organismos preexistentes e colocouno nun recipiente que non estaba o debidamente selado, xa que segundo a súa teoría, necesitábase aire para que se produciran microorganimos. Ao cabo dun tempo observou colonias de microorganismos sobre a superficie e concluíu que se xeraban espontaneamente a partir da materia non viva.

En 1769, Lazzaro Spallanzani repetiu o experimento pero tapando os recipientes de maneira hermética, comprobando que deste xeito non aparecían colonias de microorganismos, o que contradicía a teoría da xeración espontánea.

Pero Needham argumentou que o aire era esencial para a vida, incluída a xeración espontánea de microorganismos, e que este aire fora excluído nos experimentos de Spallanzani; en concreto, chegou a afirmar que Spallanzani destruía o que el chamaba a "forza vexetativa". Porén, Spallanzani volveu abrir os recipientes onde supostamente destruíra esa forza vexetativa e observou que entón si aparecían os microorganismos.

Needham en 1748 publicou Observacións acerca da xeración, composición e descomposición das substancias animais e vexetais, traballo co que pretendía demostrar a teoría da xeración espontánea da vida a partir da materia inorgánica.

En 1768 foi elixido membro da Royal Society of London.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar