John Hanning Speke

John Hanning Speke, nado o 4 de maio de 1827 e finado o 15 de setembro de 1864, foi un militar do exército británico da India e explorador de África, coñecido polo descubrimento do nacemento do río Nilo e do Lago Vitoria.

Infotaula de personaJohn Hanning Speke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 1827 Editar o valor em Wikidata
Bideford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 1864 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Corsham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHunting accident (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , militar , botánico , escritor , oficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSpeke Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisWilliam Speke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Georgiana Elizabeth Hanning (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Speke-31

Traxectoria editar

 
Retrato de John Hanning Speke dunha fotografía orixinal de Southwell Brothers de arredor do ano 1863.
 
A ruta da expedición de Burton e Speke (1857-1858) e Speke e Grant (1863).

De mozo serviu no Punjab (India) e explorou o Himalaia. Fixo tres viaxes de exploración a África. Tamén foi o autor da "hipótese hamita", unha das principais causas sospeitosas do xenocidio de Ruanda.

Na súa primeira viaxe, en 1854, uniuse ao famoso Richard Francis Burton para unha expedición a Somalia. Speke permaneceu na cidade de Barbera á espera do regreso de Burton, quen, partindo de Zaila, logrou chegar, a pesar das dificultades, á 'cidade prohibida' de Harar.

Fixo dúas viaxes máis a África con Richard Francis Burton en busca das fontes do río Nilo (1857 e 1858). Na segunda desas viaxes descubriron o lago Tanganica. Debido á enfermidade de Burton, Speke continuou ata que descubriu o lago Vitoria, ao que sinalou como a fonte do Nilo ao seu regreso a Inglaterra sen esperar o regreso de Burton.

Debido a unha polémica con Burton (que non aceptou que o Lago Vitoria fose a fonte do Nilo), regresou uns anos máis tarde (en outubro de 1860) para demostrar que os seus cálculos eran correctos, e descubriu as fervenzas do Ripon, que intuíu que eran onde naceu o Nilo. Desta volta volveu pola beira norte, aínda que non puido facelo seguindo todo o curso do Nilo por problemas coas tribos veciñas. Seguiu a dirección norte ata Gondokoro (no Sudán) onde coñeceu a Samuel Baker e á súa muller subindo río arriba, e rematou por Exipto para regresar a Inglaterra.

A discusión con Burton orixinouse do feito de que Burton cría que o Nilo naceu no lago Tanganica, pero Speke díxolle que non podía ser, porque este lago estaba por debaixo do nivel do lago Vitoria e que a auga non podía subir. Determinou o aumento do nivel nuns 360 m.[1] Este cálculo baseouse na diferenza da temperatura de ebulición da auga en ambos os lugares. Anos máis tarde Henry Morton Stanley demostrou que Speke tiña a razón.

Morreu aos 37 anos nun sospeitoso accidente de caza en Somerset por un disparo do seu propio rifle, na mañá do 18 de setembro de 1864, día sinalado para o enfrontamento cara a cara con Burton para probar a súa teoría, organizada pola sección xeográfica da British Bath Association. Este feito fixo que a teoría errónea de Burton prevalecera ante a opinión pública ata que Henry Morton Stanley a refutou en 1877.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.