John Gostling

cantante británico

John Gostling, nado en 1644 e finado en 1733, foi un pastor da Igrexa de Inglaterra que se caracterizou ademais por ser un cantante cunha prodixiosa voz de baixo profundo, caracterizada pola súa gran potencia e a súa ampla tesitura, que abranguía polo menos dúas oitavas completas, desde re2 ata re4. Era o cantante favorito do rei Carlos II de Inglaterra e asóciase particularmente coa música de Henry Purcell.

Infotaula de personaJohn Gostling
Biografía
Nacemento1644 Editar o valor em Wikidata
Kent Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 1733 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt John's College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
TesituraBaixo Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosWilliam Gostling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Vida e obra editar

John Gostling era o fillo de Isaac Gossling, un comerciante de Canterbury. Foi educado en Rochester e no St. John's College, de Cambridge, onde formou parte do coro como cantante.[1] Foi inicialmente cabaleiro e máis tarde sacerdote da Capela Real, cóengo menor de Canterbury, vigairo de Littlebourne, en Kent, vicedeán da catedral de San Paulo de Londres, e prebendario de Lincoln.[2] Os seus restos están enterrados no claustro da Catedral de Canterbury.[3]

En 1679, Henry Purcell escribiu a música dun himno, cuxo título se descoñece, para a Capela Real, para musicar a letra escrita polo seu tío, Thomas Purcell. Hoxe sábese que ese himno foi composto para a voz excepcional de Gostling. Posteriormente, Purcell escribiu varios himnos concibidos exclusivamente para a voz de Gostling, aínda que se descoñecen as datas destas composicións. Quizais o exemplo máis notable sexa o himno titulado They that go down to the sea in ships ("Os que se afunden no mar en barcos"), composto en agradecemento por un providencial salvamento dun naufraxio sufrido polo rei no estreito de Solent, na compaña de Gostling, quen reuniu varios versos dos salmos en forma de himno e pediu a Purcell que compuxese a música. A obra resulta aínda hoxe dunha interpretación moi difícil, incluíndo unha pasaxe que atravesa toda a tesitura da voz de Gostling.

O Gostling Manuscript editar

Unha das fontes máis importantes para a música de Purcell é o Gostling Manuscript, ("Manuscrito de Gostling"), unha colleita feita por Gostling en 1706, que contén sesenta e catro himnos, entre outros: dezasete de Purcell, vinte e tres de John Blow, tres de Matthew Locke, catro de Pelham Humfrey, catro de William Turner, un de William Child, un de Henry Aldrich, tres de Thomas Tudway e catro de Jeremiah Clarke.

Notas editar

  1. "Gosling, John (GSLN668J)" Arquivado 10 de maio de 2017 en Wayback Machine.. A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge
  2. Gostling, John Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (1675-1689). En "CCEd, the Clergy of the Church of England database".
  3. Baldwin e Wilson, ‘Gostling, John (1649/50–1733)’, Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press, 2004.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gostling, John. The Gostling Manuscript. Reprodución en facsímile prologada por Franklin B. Zimmerman. University of Texas Press, 2012. ISBN 978-0-292-72713-5