John Anthony Frusciante, nado o 5 de marzo de 1970 en Nova York, é un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. É o guitarrista da banda californiana Red Hot Chili Peppers, coa cal gravou cinco álbums de estudio durante tres etapas diferentes, a última delas dende o ano 2019. Frusciante ten unha activa carreira en solitario, tendo editados dez álbums co seu nome, ademais de dous co actual guitarrista dos Chili Peppers Josh Klinghoffer e Joe Lally, co nome de Ataxia. As súas gravacións en solitario inclúen elementos que van do rock experimental e a música ambient ata o New Wave e a música electrónica. Influenciado por guitarristas de varios xéneros, Frusciante fai fincapé na melodía e na emoción no seu estilo de tocar, e prefire as guitarras vintage e as técnicas de gravación analóxicas.

Infotaula de personaJohn Frusciante

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Astoria, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTrickfinger Editar o valor em Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
Influencias
InstrumentoGuitarra, voz e ARP 2500 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMilla Jovovich Editar o valor em Wikidata

Páxina webjohnfrusciante.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0996889 Facebook: Johnfrusciante Twitter: johnfrusciante MySpace: johnfrusciantemusic Bandcamp: jfdirectlyfromjfSouncloud: johnfrusciante-music Spotify: 7rN3Agir6FaZNfhf5V7mfN Last fm: John+Frusciante Musicbrainz: f1571db1-c672-4a54-a2cf-aaa329f26f0b Songkick: 379329 Discogs: 79827 Allmusic: mn0000223627 Deezer: 1200 Genius: John-frusciante Editar o valor em Wikidata

Frusciante uniuse a Red Hot Chili Peppers aos 18 anos de idade, e apareceu por vez primeira coa banda no seu álbum de 1989 Mother's Milk. O seguinte disco da banda, Blood Sugar Sex Magik (1991), sería o que os lanzou ao éxito. Porén, a nova popularidade dos Red Hot sobrepasouno e deixou o grupo en 1992. Recluíuse e entrou nun longo período de adicción ás drogas, durante o cal publicou as súas primeiras gravacións: Niandra Lades and Usually Just a T-Shirt (1994) e Smile from the Streets You Hold (1997). En 1998 rehabilitouse e reuniuse con Red Hot Chili Peppers para o álbum Californication (1999). O seu traballo To Record Only Water for Ten Days foi publicado en 2001. Nunha etapa creativa, Frusciante editou seis álbums en solitario no ano 2004; cada un deles explorando diferentes técnicas de gravación e xéneros. No 2009 Frusciante publicou The Empyrean e separouse novamente de Red Hot Chili Peppers. Frusciante ten producido ou gravado con artistas como Wu-Tang Clan, The Mars Volta ou George Clinton entre outros. En 2019, Josh Klinghoffer, substituto de Frusciante nos Chili Peppers en 2009, deixou a banda despois de dez anos, e Frusciante retornou de novo coma guitarrista dos Red Hot Chili Peppers.

Frusciante ten recibido o recoñecemento da crítica pola súa forma de tocar a guitarra, acadando o posto 18 na lista da Rolling Stone dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" en 2003[1], e foi votado o mellor guitarrista dos últimos 30 anos nunha enquisa do ano 2010 da BBC chamada "The Axe Factor"[2].

Notas editar

  1. "Rolling Stone - The 100 Greatest Guitarists of All Time". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 04 de maio de 2013. 
  2. bbc.co.uk - "The Axe Factor"