John Bannerman

historiador británico

John Walter MacDonald Bannerman, nado en Balmaha, Stirlingshire o 13 de agosto de 1932 e finado ibídem8 de outubro de 2008, foi un historiador escocés, coñecido polo seu traballo sobre a Escocia gaélica.

Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
John Bannerman
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Universidade de Glasgow Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeChrissie Dick (pt) Traducir (1959–) Editar o valor em Wikidata
FillosAnnag Bannerman (pt) Traducir, Seanaidh Bannerman (pt) Traducir, Kate Bannerman (pt) Traducir, Mary Bannerman (pt) Traducir, Gilbert Bannerman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohn Bannerman, Baron Bannerman of Kildonan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ray Mundell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de John MacDonald Bannerman, antigo Lord Bannerman de Kildonan, e da súa esposa Ray Mundell, a súa familia falaba o gaélico escocés, e Bannerman estudou as linguas celtas na Universidade de Glasgow e completou o seu doutoramento na Universidade de Cambridge, onde foi alumno de Kathleen Hughes.

Malia que quería ensinar gaélico nas escolas, Bannerman acabou por asumir un cargo no departamento céltico da Universidade de Aberdeen antes de ingresar no departamento de historia na Universidade de Edimburgo en 1967. Asumiu a xestión da facenda da familia en Balmaha en 1968, pouco antes da morte do seu pai, dividindo o seu tempo entre o ensino en Edimburgo, a escrita e a facenda.

O seu traballo sobre a Escocia gaélica foi importante. Os seus primeiros traballos sobre Dál Riata, o Senchus fer n-Alban e as crónicas de Iona, que formaron parte posteriormente da Crónica de Irlanda, están contidos no seu libro de 1974, Studies in the History of Dalriada. Foi un dos principais contribuíntes para o rexistro de Late Medieval Monumental Sculpture in the West Highland publicado en 1977 e o seu estudo da familia Beaton -The Beatons: Medical Kindred in the Classical Gaelic Tradition- foi publicado en 1986.

Nos seus últimos anos traballou investigando a historia do señorío das Illas. Deixou de ensinar na Universidade en 1997 e dedicouse a tempo integral ós negocios da familia en Balmaha.

Vida privada editar

Bannerman casou con Chrissie Dick en 1959. Tiveron cinco fillos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Broun, Dauvit; MacGregor, Martin (26 de novembro de 2008). "Dr John Bannerman (obituary)". The Herald.