John Evans Atta Mills, nado o 21 de xullo de 1944[1] en Tarkwa, daquela Costa de Ouro e na actualidade Ghana e finado en Accra o 24 de xullo de 2012, foi un político ghanés, presidente da república desde 2009 ata a súa morte.

Infotaula de personaJohn Atta Mills

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) John Evans Atta Mills Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata
Tarkwa, Ghana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 2012 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Accra, Ghana Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAsomdwe Park Editar o valor em Wikidata
Presidente de Ghana
7 de xaneiro de 2009 – 24 de xullo de 2012
← John KufuorJohn Dramani Mahama →
Vice President of the Republic of Ghana (en) Traducir
7 de xaneiro de 1997 – 7 de xaneiro de 2001
← Kow Nkensen Arkaah (en) TraducirAliu Mahama (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGhana Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gana (pt) Traducir
London School of Economics
Huni Valley Senior High School (en) Traducir
Escola de estudos orientais e africanos
Achimota School (en) Traducir
Komenda College of Education (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Accra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , profesor universitario , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCongresso Democrático Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e Fante Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre herba
natación Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeErnestina Naadu Mills Editar o valor em Wikidata
ParentesThomas Hutton-Mills, Jr. (en) Traducir (curmán) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato nunha escola elitista en Accra e logo licenciouse en Dereito pola Universidade de Ghana, na mesma capital, en 1967. Foi escollido como bolseiro para realizar estudos de posgrao en Dereito na Escola de Estudos Orientais e Africanos de Londres. En 1971, despois de estudar parcialmente nos Estados Unidos, remata a súa tese sobre impostos e desenvolvemento económico, e regresa a Ghana para dar clases na facultade de dereito onde el estudara. Durante máis de trinta anos ocupa ese posto de profesor universitario, grazas ao que produce a maior parte dos seus libros, centrados nos impostos.

Militante do NDC, o principal partido socialdemócrata de Ghana, foi escollido polo exgolpista Jerry Rawlings como vicepresidente durante o seu segundo mandato, entre 1997 e 2001, e posteriormente designado por este para concorrer as presidenciais de 2000, onde foi derrotado polo opositor John Kufuor (48,4% fronte a 44,8% na primeira volta e 56,9% fronte a 43,1% na segunda). Volveuse presentar como candidato socialdemócrata nas presidenciais de 2004, e foi derrotado por Kufour por 52,5% fronte ao 44,6% xa na primeira volta.

En 2006 é escollido polo seu partido de novo como candidato ás eleccións presidenciais de 2008, polo 81.4% das bases (1.362 votos), moi por diante dos seus opoñentes, Ekwow Spio-Garbrah, Alhaji Mahama Iddrisu, e Eddie Annan[2]. Nos comicios celebrados en 2008 para substituír a John Kufuor, foi derrotado polo candidato liberal Nana Akufo-Addo por un 49,1% fronte ao 47,9% na primeira volta; porén, na segunda foi capaz de aumentar a participación e agrupar o voto dos pequenos candidatos e superou por unha estreita marxe o candidato liberal: 50,2% fronte ao 49,8%.

Tomou posesión do seu cargo o 7 de xaneiro de 2009.


Predecesor:
Kow Nkensen Arkaah
  
Vicepresidente de Ghana
 
1997 - 2001
Sucesor:
Aliu Mahama
Predecesor:
John Kufuor
  
Presidente de Ghana
 
2009 - 2012
Sucesor:
John Dramani Mahama

Obra editar

  • Taxation of Periodical or Deferred Payments arising from the Sale of Fixed Capital (1974)
  • Exemption of Dividends from Income Taxation: A Critical Appraisal (1977)
  • Report of the Tax Review Commission, Ghana, parts 1, 2 & 3 (1977)
  • Ghana's Income Tax Laws and the Investor (1978)[3]

Vida persoal editar

Foi xogador de hóquei sobre herba e chegou a disputar un partido coa selección do seu país.

Estivo casado con Ernestina Naadu Mills, e tivo un fillo, Sam Kofi Atta Mills.[4]

É cristián metodista e amigo persoal do telepredicador T.B. Joshua, un dos líderes relixiosos máis importantes de Ghana.

Notas editar

  1. Ghana Review. "Professor John Evans Atta Mills" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. 
  2. NDC CONGRESS RESULTS-Prof Wins, Modernghana.com, 22/12/2006.
  3. Curriculum Vitae, Prof. John Evans Atta Mills, 1 July 2007, Internet Archive.
  4. BBC News, ed. (3 xaneiro 2009). "Profile: Ghana President John Atta Mills" (en inglés). Consultado o 24 xullo 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar