Johannes Schmidt

lingüista alemán

Johannes Friedrich Heinrich Schmidt, nado en Prenzlau (Brandeburgo) o 29 de xullo de 1843 e finado en Berlín o 4 de xullo de 1901, foi un lingüista alemán. Desenvolveu a chamada Wellentheorie (teoría das ondas) da evolución das linguas.

Johannes Schmidt
Nacemento29 de xullo de 1843
Lugar de nacementoPrenzlau
Falecemento4 de xullo de 1901
Lugar de falecementoBerlín
SoterradoKaiser Wilhelm Memorial Cemetery
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Universidade de Jena
Ocupaciónlingüista, profesor universitario e filólogo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Recibiu educación nas Universidades de Bonn e Jena onde estudou filoloxía (lingüística histórica) co gran indoeuropeísta August Schleicher e especializouse en indoeuropeo, especialmente en linguas eslavas. Obtivo un doutoramento en 1865 e traballou desde 1866 como profesor no gymnasium en Berlín.

En 1868 a Universidade de Bonn invitouno a tomar posesión como profesor de alemán e linguas eslavas. En Bonn publicou a obra Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen ('As relacións das linguas indoeuropeas', 1872), onde aparece presentada a súa Wellentheorie ('teoría das ondas'). Segundo esta, novos trazos dunha lingua espállanse desde un punto central en círculos concéntricos cada vez máis febles, de forma semellante ás ondas que se crean cando se bota unha pedra na auga. Isto pode levar a que linguas diferentes converxan. A teoría opúñase á doutrina da lei fonética introducida polos neogramáticos en 1870.

Desde 1873 a 1876 Schmidt foi profesor de filoloxía na Universidade de Graz en Austria. En 1876 volveu a Berlín, onde traballo como profesor na Universidade Humboldt.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zur Geschichte des indogermanischen Vocalismus (1ª parte). Weimar, H. Böhlau (1871).
  • Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen. Weimar, H. Böhlau (1872).
  • Zur Geschichte des indogermanischen Vocalismus (2ª parte). Weimar, H. Böhlau (1875).
  • Die Pluralbildungen der indogermanischen Neutra. Weimar, H. Böhlau (1889).
  • Die Urheimat der Indogermanen und das europäische Zahlsystem, (1890).
  • Kritik der Sonantentheorie. Eine sprachwissenschaftliche Untersuchung. Weimar, H. Böhlau (1895).

Foi coeditor con Ernst Kuhn da Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung (‘Revista para a investigación lingüística comparada’) desde 1875 ata 1901.

Ligazóns externas editar