Johann Jacob Bach

Johann Jacob Bach ou Johann Jakob, bautizado o 21 de febreiro de 1682 en Eisenach e finado o 16 de abril de 1722, foi un músico e compositor alemán, irmán máis vello de Johann Sebastian Bach.

Johann Jacob Bach
Nacemento1682
 Eisenach
Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento16 de abril de 1722 (40 anos)
 Estocolmo
Suecia Suecia
NacionalidadeSuecia e Sacro Imperio Romano Xermánico
Relixiónluteranismo
Instrumento(s)Óboe, frauta e violín
PaiJohann Ambrosius Bach
NaiMaria Elisabetha Lämmerhirt
IrmánsJohann Sebastian Bach e Johann Christoph Bach
Na rede
Musicbrainz: e9e539d5-25bc-4848-93f9-2f858b2a6d2b WikiTree: Bach-219 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pénsase que Bach naceu en Eisenach. Logo dos seus estudos na escola de latín da súa cidade natal, converteuse en oboísta na banda municipal. Despois da morte de seu pai Johann Ambrosius Bach en 1695, Johann Jacob e Johann Sebastian trasladáronse a Ohrdruf co seu irmán máis vello Johann Christoph Bach, que era organista na cidade.[1] Porén, dous anos despois regresou a Eisenach para perfeccionar os seus coñecementos musicais con Johann Heinrich Halle. En 1704, entrou ao servizo na banda militar do exército do rei Carlos XII de Suecia. Pénsase que Johann Sebastian Bach escribiu o seu Capriccio sopra la lontananza del suo fratello dilettissimo BWV 992 para esta ocasión. En 1709, participou na Batalla de Poltava. Durante a súa estadía en Constantinopla en 1713, estudou frauta con Pierre-Gabriel Buffardin.

Johann Jacob Bach terminou a súa carreira como músico en Estocolmo na capela da corte, onde foi frautista na capela da corte de Estocolmo dende 1713 ata a súa morte. Casou con Susanna Maria Gaast o 31 de maio de 1715, coa que tivo un fillo que morreu un ano e medio máis tarde. Despois de dous anos de viuvez, casou cunha sueca, Ingeborg Magdalena Norell, o 15 de outubro de 1721, mais morreu ao ano seguinte, o 16 de abril de 1722, sen descendencia en Estocolmo, onde está enterrado.

Johann Jacob tocaba o óboe, a frauta e posiblemente o violín. Probablemente compuxo a Sonata en Do menor baixo o pseudónimo de Signor Bach.[2]

Notas editar

  1. Schonberg, Harold C. (1970). The Lives of The Great Composers (en inglés) I. ISBN 0-86007-722-5. 
  2. Albuquerque Baroque Players, ed. (13-14 de setembro de 2003). "Program Notes for 13 & 14 September 2003; J. S. Bach, His Inheritance, and His Legacy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario Enciclopédico de la Música "Música Maestro" (en castelán). Editorial Rombo. 1996. ISBN 9788482570327. 
  • Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica (en castelán). Editorial Salvat. 1986. ISBN 84-7137-872-8. 
  • Larousse de la musique. Librairie Larousse. 1957. 

Outros artigos editar