Johann Christian Daniel von Schreber

entomólogo alemán

Johann Christian Daniel von Schreber, nado en Weissensee, Turinxia (Alemaña) o 17 de xaneiro de 1739 e finado en Erlangen, Baviera (Alemaña) o 10 de decembro de 1810, foi un médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Carlos Linneo.

Infotaula de personaJohann Christian Daniel von Schreber

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1739 Editar o valor em Wikidata
Weißensee Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1810 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Erlangen Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeElectorado de Saxonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir
Universidade de Uppsala
Universidade de Erlangen-Núremberg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , profesor universitario , médico , liquenólogo , naturalista , entomólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUnion of German Academies of Sciences and Humanities (en) Traducir
Universidade de Erlangen-Núremberg Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresCarl von Linné Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSchreb. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaSchreber Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Schreber estudou medicina, teoloxía e historia natural nas Universidades de Halle e Uppsala.

En 1760, tras obter o seu doutoramento, iniciou o exercicio da medicina en Bützow. Ao ano seguinte comezou a impartir clases na Universidade desa cidade.

A partir de 1770 ensinou medicina e botánica en Erlangen. En 1773 foille confiada a dirección do xardín botánico da cidade e, en 1776, foi nomeado catedrático de Historia Natural.

En 1774 Schreber comezou a redacción dun tratado titulado Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibunge (Descrición e ilustración da natureza dos mamíferos), no que acometeu a descrición de todas as especies coñecidas de mamíferos. Moitas delas foron alí descritas cientificamente por primeira vez, e clasificadas de acordo ao sistema binomial desenvolvido polo seu mestre Linneo. As ilustracións, porén, carecían do rigor doutras obras da época.

En 1787 foi nomeado membro da prestixiosa Real Academia das Ciencias de Suecia.

Tras a súa morte, a súa rica colección botánica foi adquirida polo rei Maximiliano Xosé I de Baviera, e serviu de base para a colección estatal de Botánica de Múnic.

Principais obras editar

  • Theses medicae, 1761.
  • Beschreibung der Gräser, pùblicada entre xaneiro de 1769 e marzo de 1810.
  • Lithographia Halensis, 1758.
  • Schreberi Novae Species Insectorvm, 1759.
  • Die Säugetiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen, xaneiro de 1774 a abril de 1804.

Epónimos editar

Varias especies recordan a Schreber no seu nome latino, entre elas:

Abreviaturas editar

  • A abreviatura Schreb. emprégase para indicar a Johann Christian Daniel von Schreber como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Schreber emprégase para indicar a Johann Christian Daniel von Schreber como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Galería editar

Láminas de Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen (1774-1804).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar