Johann Benedict Listing

matemático alemán

Johann Benedict Listing, nado en Frankfurt o 25 de xullo de 1808 e finado en Gotinga o 24 de decembro de 1882, foi un matemático alemán.

Infotaula de personaJohann Benedict Listing

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1808 Editar o valor em Wikidata
Frankfurt (Confederación do Rin) Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 1882 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Gotinga (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Director de teseCarl Friedrich Gauss Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTopoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , físico , topólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga
Universidade de Hanover (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresCarl Friedrich Gauss Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoEdward Leamington Nichols (pt) Traducir e Heinrich Maschke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosTheodore Roloff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1830 ingresou na Universidade de Gotinga, onde foi alumno de Gauss. En 1834 expuxo a súa tese titulada De superficiebus secundi ordinis. Foi o primeiro en utilizar a palabra topoloxía en vez do termo usual na época de xeometría situs, querendo destacar desa maneira a autonomía crecente desta disciplina.

A partir de 1837 impartiu clases de matemáticas en Hannover, recibindo en 1839 a cátedra de física. En 1847 publicou Vorstudien zur Topologie. En 1858 descubriu as propiedades topolóxicas do que actualmente se coñece co nome de banda de Möbius, de forma independente a este último. En 1862 na súa obra Der Census raumlicher Complexe oder Verallgemeinerung des Euler'schen Satzes von den Polyedern xeneralizou para os complexos simpliciais a Característica de Euler dos poliedros.

Listing interesouse tamén pola xeodesia e a el débeselle o termo de xeoide.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • [1]. Artigo de 1847 onde presenta a Topoloxía, publicado en Vorstudien zur Topologie, Vandenhoeck und Ruprecht, Gotinga, pp. 67, 1848.