Johann Ambrosius Bach

Johann Ambrosius Bach, nado en Erfurt o 22 de febreiro de 1645 e finado en Eisenach o 20 de febreiro de 1695, foi un músico alemán, pai do compositor Johann Sebastian Bach.[1][2]

Johann Ambrosius Bach
Johann Ambrosius Bach retratado por Johann David Herlicius, 1685.
Nacemento24 de febreiro de 1645
 Erfurt
Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento20 de febreiro de 1695
 Eisenach
Sacro Imperio Romano Xermánico
NacionalidadeAlemaña
EtniaPobo alemán
Composicións destacadasMaria Elisabetha Lämmerhirt (1668-1694)
Barbara Margaretha Keul (1694-1695)
PaiChristoph Bach
NaiMaria Magdalena Grabler
Parella/sMaria Elisabetha Lämmerhirt
FillosJohann Sebastian Bach, Johann Jacob Bach e Johann Christoph Bach
IrmánsGeorg Christoph Bach e Johann Christoph Bach II
Na rede
Musicbrainz: 943c5cd8-a41a-41eb-b661-8d7c20f7328a WikiTree: Bach-218 Find a Grave: 22145141 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O fillo de Christoph Bach (1613–1661), Ambrosius naceu en Erfurt, en Turinxia (actualmente en Alemaña e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico), sendo irmán xemelgo de Johann Christoph Bach (1645–1693). Ambrosius foi empregado como violinista na súa cidade natal.

En 1671 trasladouse a Eisenach (Turinxia), onde entrou a traballar como trompetista da corte e director dos músicos da cidade. O 1 de abril de 1668 casou coa súa primeira muller, Maria Elisabeth Lämmerhirt, coa que tivo oito fillos, dos cales catro se converteron en músicos, entre eles Johann Sebastian. Maria Elisabeth morreu o 3 de maio de 1694, e o 27 de novembro dese mesmo ano casou con Barbara Margaretha (nada Keul, xa enviudara dúas veces). Johann Ambrosius morreu en Eisenach menos de tres meses despois, e seus dous fillos, Johann Jacob Bach e Johann Sebastian Bach, trasladáronse a Ohrdruf co seu irmán máis vello, Johann Christoph Bach.

Fillos editar

Johann Ambrosius tivo oito fillox do seu matrimonio con Maria Elisabeth Lämmerhirt, deles todos morreron pasado o ano 1700 agás o primeiro fillo, que morreu aos seis meses:

  1. Johann Rudolf - bautizado o 19 de xaneiro de 1670 en Erfurt; † 17 de xullo 1670 en Erfurt (6 meses)
  2. Johann Christoph - bautizado o 18 de xuño de 1671 en Erfurt; † 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf (49 anos)
  3. Johann Balthasar - bautizado o 6 de marzo de 1673 en Eisenach; † 5 de abril de 1691 en Eisenach (18 anos)
  4. Johannes Jonas - bautizado o 2 de febreiro de 1675 en Eisenach; † 22 de maio de 1685 en Eisenach (10 anos)
  5. Maria Salome - bautizada o 27 de maio de 1677 en Eisenach; † 27 de decembro de 1728 en Erfurt (51 anos)
  6. Johanna Juditha - bautizada o 28 de xaneiro de 1680 en Eisenach; † 3 de maio de 1686 en Eisenach (6 anos)
  7. Johann Jacob - bautizado o 11 de febreiro de 1682 en Eisenach; † 16 de abril de 1722 en Estocolmo (40 anos)
  8. Johann Sebastian - nado o 21 de marzo de 1685 en Eisenach; † 28 de xullo de 1750 en Leipzig (65 anos)

Notas editar

  1. Wolff, Christoph (2000). Norton, ed. Johann Sebastian Bach: The Learned Musician (en inglés). New York. pp. 16–17. ISBN 0-393-32256-4. 
  2. Rollberg, Friß (1927). "Johann Ambrosius Bach. Stadtpfeifer zu Eisenach von 1671–1695". Bach Jahrbuch (en alemán): 133–152. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar