Johan Ernst Gunnerus

Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.

Infotaula de personaJohan Ernst Gunnerus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1718 Editar o valor em Wikidata
Christiania (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1773 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Kristiansund (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q115858797 Traducir
1758 – 1773
← Frederik Nannestad (pt) TraducirMarcus Fredrik Bang (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo noruegués Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, Micoloxía, Ornitoloxía e teoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , liquenólogo , teólogo , profesor universitario , micólogo , filólogo , zoólogo , briólogo (pt) Traducir , sacerdote , ornitólogo , pteridólogo , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresErik Nicolai Arbien (en) Traducir e Jacob Rasch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaGunnerus Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.

Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.

Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.

En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.

A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.

En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).

Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.

Epónimos editar

O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.

Abreviaturas editar

  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar