Joe Krabbenhoft

baloncestista estadounidense

Joseph "Joe" Krabbenhoft, nado o 24 de marzo de 1987 en Spring Valley, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Wisconsin, xogaba na posición de ala cunha altura de 2,02 metros.

Joe Krabbenhoft
Información persoal
Nacemento 24 de marzo de 1987 (37 anos)
Spring Valley, Illinois
Nacionalidade
Altura 2,02 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Roosevelt
(Sioux Falls, Dakota do Sur)
Universidade Wisconsin (2005–2009)
Carreira 2009–2012
Historial de equipos
Sioux Falls Skyforce (2009–2010)
Seoul SK Knights (2010)
Lleida Bàsquet (2010)
Panellinios (2010–2011)
Breogán (2011–2012)

Traxectoria editar

Krabbenhoft xogou durante a súa etapa universitaria na Universidade de Wisconsin cos Wisconsin Badgers de 2005 a 2009,[1] para comezar a súa carreira profesional cos Sioux Falls Skyforce da Liga de Desenvolvemento da NBA. Posteriormente viaxaría a Corea do Sur para xogar no Seoul SK Knights. Despois do seu periplo por Asia chegaría a Europa para xogar na Liga LEB co Lleida, aínda que tan só xogaría alí dous partidos (10 puntos 7 rebotes no primeiro encontro e 15 puntos 8 rebotes no segundo), marchando grazas a unha cláusula do seu contrato ao Panellinios grego, onde xogaría na A1 Ethniki, máxima competición do baloncesto grego, e na Eurocup continental.

Equipos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar