Joaquín Turina

compositor español

Joaquín Turina Pérez, nado en Sevilla o 9 de decembro de 1882[1] e finado en Madrid o 14 de xaneiro de 1949, foi un compositor, músico e musicólogo español, destacado representante do nacionalismo musical na primeira metade do século XX. Xunto con Manuel de Falla e Isaac Albéniz produciu as obras de impresionismo musical máis relevantes de España.

Infotaula de personaJoaquín Turina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1882 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid
Schola Cantorum de Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de música clásica , profesor universitario , pianista , musicólogo , director de orquestra , compositor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera e Sardana Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJosé Tragó, Vincent d'Indy (pt) Traducir e Evaristo García Torres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosLeopold Magenti i Chelvi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJoaquín Turina y Areal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé Luis Turina (en) Traducir ()
José Luis Turina (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjoaquinturina.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0877113 Spotify: 7BBeyjFsQR00OkYCXKyA5N iTunes: 275931 Last fm: Joaquín+Turina Musicbrainz: f9e7a0d2-e76e-483e-a219-26ce8bf40ede Songkick: 105384 Discogs: 829980 IMSLP: Category:Turina,_Joaquín Allmusic: mn0001190860 Find a Grave: 31015821 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Joaquín Turina naceu en Sevilla. O seu pai, Joaquín Turina y Areal, era pintor tradicional, e a súa nai, Concepción Pérez, era irmá da Divina Pastora de Cantillana e cantaba no coro de mulleres da súa confraría.[2]

Dende pequeno foi coñecido como un neno prodixio. Con só catro anos, improvisaba virtuosamente co acordeón que lle dera unha das súas empregadas da súa casa. Tivo a oportunidade de recibir as súas primeiras clases de música no Colexio do Santo Anxo e foi o encargado de acompañar o coro de nenas.

No colexio San Ramón, cursou o bacharelato e comezou a estudar piano con Enrique Rodríguez. Evaristo García Torres, mestre de capela da catedral de Sevilla, foi o que lle ensinou gran parte dos coñecementos de harmonía e contrapunto que o compositor puxo en práctica nas súas obras artísticas. Turina tiña moi bos recordos do seu mentor Evaristo García. Con estas palabras amosou o seu agarimo polo seu profesor: "Tiña un talento superior ao de Eslava".

Turina comezou como músico profesional a través dun quinteto de piano que formara cun grupo de amigos. O grupo chamábase La Orquestina. Actuaron en festas e reunións e foi a primeira plataforma coa que Turina puido comezar como intérprete e compositor.

O 14 de marzo de 1897 na sala Piazza de Sevilla, Turina foi presentado oficialmente ao público. A presentación produciuse nun recital organizado pola Sociedad de Curatetos. Interpretou unha Fantasía sobre o Moisés de Rossini de Sigismund Thalberg. Este evento recibiu moi boas críticas da prensa local, que recoñeceu e destacou o éxito e a virtuosa mellora da obra. Debido á grande acollida do público e da prensa, un mes despois tivo lugar no mesmo sitio outra actuación do compositor. Desta vez experimentou coa composición para os conxuntos de teclado e cámara. A súa primeira obra orquestral foi Coplas al Señor de la Pasión, escrita para a Confraría da Paixón e estreada na igrexa do Salvador cunha pequena orquestra de vinte músicos, coro masculino, tenor e barítono, dirixida polo autor. O grande interese que sentía pola música clásica levouno a crear a súa primeira ópera, La Sulamita, aos quince anos, baseada nun libro de Pedro Balgañón. Tiña moitas ganas de mellorarse e cada vez quería crear obras de máis categoría.

Turina iniciou estudos de medicina, mais decidiu abandonar e dedicarse profesionalmente á música co seu mestre García Torres. Este advertiuno da necesidade de trasladarse a Madrid. O seu pai apoiouno en todo momento, mesmo financiando os seus estudos e declarando no seu testamento que quería que o seu fillo tivese o seu diñeiro para continuar a súa carreira artística.

Finalmente, en 1902 trasladouse a Madrid e comezou os seus estudos con José Tragó. Turina, despois de chegar á capital española, foi ao Teatro Real para escoitar un concerto sinfónico na Quinta Sinfonía de Chaikovskii. Os concertos orquestrais foron os que máis fascinaron o compositor, mesmo por riba da ópera e da zarzuela. O pai de Turina, moi entregado á carreira artística do seu fillo, tentou tirar de corda para que a ópera do seu fillo, La Sulamita, puidese ser estreada no Teatro Real. Porén, non tivo éxito e nunca puido estrear a súa ópera. O 14 de marzo de 1903 actuou ante o público madrileño no Ateneo, con obras de Scarlatti, Beethoven, Schumann, Wagner e tres obras súas que xa desapareceron: La danza de los elfos, Variaciones sobre canciones populares e Gran polacca. En Madrid non impartiu clases de composición, mais si mellorou o seu nivel de piano.

En 1903 morreron os seus pais e, seguindo o consello do seu profesor, mudouse a estudar a París. Joaquín Nin, un bo amigo seu e un gran coñecedor da vida musical parisiense, aconselloulle que dese clases co mestre alemán Moritz Moszkowski. Non obstante, parece que as clases non convenceron a Turina, xa que el mesmo lle escribiu á súa moza dicindo: "Ademais de avanzar un pouco na técnica de dixitación da balanza, pouco aprendín máis".

A partir desta situación, iniciou os seus estudos de composición con Vincent d'Indy, na Schola Cantorum, que alternou coas súas actuacións como intérprete das súas propias obras. O 29 de abril de 1907 presentouse ao público parisiense no Salón Aeolian. Apareceu só co seu Poema de las estaciones. Tivo moi boa acollida e despois dunha semana, na mesma sala, estreou o seu Quinteto en sol menor co cuarteto Parent. A obra tivo tanto éxito que foi premiada no Salón de Outono de 1907.[3][4] Unha anécdota sobre este éxito é que o propio Turina confesou que a conversa que mantivo con Albéniz e Falla ese mesmo día foi realmente o premio que obtivo. Describiuna como "a metamorfose máis completa da súa vida". Nesa conversa, Albéniz aconselloulle que non escribise máis música de influencia francesa e que se dedicase por completo ao canto popular español e andaluz. Neste período parisiense, o compositor sevillano comezou a abandonar o ambiente da Schola Cantorum e comezou a dar paso a cancións e ritmos moi característicos de Andalucía.

En 1908 casou con Obdulia Garzón e dous anos despois naceu o primeiro dos seus cinco fillos. En 1909 morreu Isaac Albéniz e Turina, en lembranza do seu amigo, escribiu unha canción española "El Vito" op. 3 para piano que titulou Sonata Romántica. A obra foi representada por el mesmo en outubro dese mesmo ano.

En 1913 completou o seu período de formación na Schola Cantorum, mais o estalido da primeira guerra mundial forzou a súa marcha de París e o regreso definitivo de Turina a Madrid onde se instalou.

En 1914 estreou a comedia lírica Margot, op. 11, cun libreto do matrimonio formado por Gregorio Martínez Sierra e María de la O Lejárraga, que foron os seus colaboradores habituais para as obras teatrais: Navidad (1916), La adúltera penitente (1917) e Jardín de Oriente (1923). En 1919 formou parte do Cuarteto Francés como pianista e máis tarde no Quinteto de Madrid. Traballou como director de orquestra, onde obtivo grandes éxitos, chegando a dirixir as actuacións dos Ballets Russes de Sergei Diaghilev (1918). En 1929 asinou un acordo coa editorial Unión Musical Española para a composición de obras para piano.

En xaneiro do ano seguinte tivo lugar no Ateneo de Madrid un concerto de novos músicos españois. Os protagonistas foron Falla e Turina. O seu repertorio centrouse en música sinfónica, de cámara, cancións e sobre todo, obras para piano, que dentro da súa produción artística son as máis abundantes. Foi contratado como concertino no Teatro Real nas mesmas datas que, como compositor, estreou Danzas fantásticas, Sinfonía sevillana, Sanlúcar de Barrameda, Jardín de Oriente, La oración del torero e o Trío n.º 1

Durante este período dedicouse tamén á docencia. Impartiu clases de composición a nivel privado e posteriormente no Conservatorio de Madrid.

Durante a guerra civil española foi protexido polo cónsul británico, que declarou a Turina persoal administrativo do consulado. O Nadal de 1937, Turina dedicoulle ao cónsul o manuscrito incompleto da obra El Cortijo. Máis tarde completouno, recibindo as grazas do cónsul.

En 1935 foi nomeado membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e, en 1941, conservador de música. As homenaxes, recoñecementos e viaxes sucedéronse sen cesar. Publicou a Enciclopedia abreviada de la Música en 1917 e o Tratado de composición en 1946 e foi autor de numerosos artigos, críticas e conferencias. A última obra do seu catálogo foi a peza para piano titulada Desde mi terraza, que leva o opus número 104 e está datada en 1947.

Nos últimos anos da súa vida estalou a súa faceta de crítico musical. Participou nos xornais El Debate e Ya e no semanario Dígame.

A continua doenza que acabou coa súa vida fixo que a súa produción musical diminuíse moito, sendo capaz de compoñer só trece obras nos últimos anos da súa vida.[5] Despois de varias semanas ingresado no sanatorio do doutor López Ibor, Turina morreu de broncopneumonía na súa casa de Madrid o 14 de xaneiro de 1949.[6]

Obra editar

Turina foi pianista profesional, director de orquestra, profesor de composición, crítico musical, pedagogo, conferenciante, escritor e fotógrafo. Xunto a Manuel de Falla, Julio Gómez García, Óscar Esplá, Conrado del Campo foi o creador do sinfonismo español contemporáneo que partiu das bases sentadas por Isaac Albéniz. O traballo compositivo de Turina foi extenso, cultivando nel diferentes xéneros musicais.

Notas editar

  1. "De Margot a Pasión: El día que murió Joaquín Turina - Pasión en Sevilla". Pasión en Sevilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  2. Pérez Camacho, Basilio (2004). "Joaquín Turina y la Divina Pastora de Cantilla". La Hornacina. Consultado o 31 de agosto de 2016. 
  3. País, Ediciones El (1 de marzo de 2012). "El café que transformó a Turina". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  4. "Opus 1. Quinteto en sol menor.". www.joaquinturina.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  5. Codalario. "Efeméride: Un 14 de enero de 1949 fallecía el compositor español Joaquín Turina". www.codalario.com. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  6. "Medio siglo sin Joaquín Turina | Melómano Digital". orfeoed.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García del Busto, José Luis. Turina. Madrid: Espasa-Calpe, 1981
  • Iglesias Álvarez, Antonio. Joaquín Turina. Su obra para piano. Madrid: Alpuerto, 1989-1990, 3 vols
  • García Rodríguez, José Carlos. Turina y Sanlúcar de Barrameda. Madrid: Archivo Joaquín Turina - Fundación El Monte, 1999
  • Morán, Alfredo. Joaquín Turina a través de sus escritos. Madrid: Alianza, 1997
  • Pérez Gutiérrez, Mariano: Turina Pérez, Joaquín. En: Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana. Madrid: SGAE, 1999-2002, vol. 10, pp. 513-525
  • Morán, Alfredo. Joaquín Turina, a través de otros escritos. Madrid, 1999
  • Gómez Turina, Joaquín. Historia del Teatro Real. Alianza, 1997
  • Benavente, José María. Aproximación al lenguaje musical de J. Turina. Madrid: Alpuerto, 1983

Ligazóns externas editar