Joaquín Sánchez de Toca

político español

Joaquín Sánchez de Toca y Calvo, nado en Madrid o 24 de setembro de 1852 e finado en Pozuelo de Alarcón o 13 de xullo de 1942, foi un avogado e político español, vinculado ao Partido Conservador.[1]

Infotaula de personaJoaquín Sánchez de Toca

Fotografía publicada en Mundo Gráfico en 1919.
Nome orixinalJoaquín Sánchez de Toca y Calvo
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1852
España Madrid, España
Morte13 de xullo de 1942 (89 anos)
España Pozuelo de Alarcón, España
Presidente Sociedad Española de Antropologia, Etnografia y Prehistoria (en) Traducir
1921 –
Presidente do Consello de Ministros
20 de xullo de 1919 – 12 de decembro de 1919
← Antonio MauraManuel Allendesalazar Muñoz →
Alcalde de Madrid
7 de maio de 1907 – 28 de outubro de 1907
← Eduardo Dato IradierNicolás de Peñalver y Zamora (en) Traducir →
Ministro de Graza e Xustiza
5 de decembro de 1903 – 16 de decembro de 1904
← Francisco Guzmán y Carballeda (en) TraducirFrancisco Javier Ugarte Pagés →
Ministro de Mariña de España
6 de decembro de 1902 – 20 de xullo de 1903
← Cristóbal Colón de la Cerda (en) TraducirEduardo Cobián Roffignac →
Minister of Agriculture, Food and Environment (en) Traducir
23 de outubro de 1900 – 6 de marzo de 1901
← Rafael Gasset ChinchillaMiguel Villanueva →
Senador de España
1898 – 1905
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de abril de 1896 – 26 de febreiro de 1898
Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Alcalde de Madrid
1896 – 13 de decembro de 1897
← Eduardo de Rojas AlonsoÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Deputado no Congreso dos Deputados
9 de xuño de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
10 de febreiro de 1891 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Cuenca (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xuño de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: Huesca (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
Juan Alvarado y del Saz (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Huesca (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Bordeaux (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado, político e escritor
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJoaquín Sánchez de Toca y Ballester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiMelchor Sánchez de Toca y Sáenz de Lobera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSalvador Bermúdez de Castro O'Lawlor (pt) Traducir (xenro)
Joaquín-Felipe Casani y Bernaldo de Quirós (pt) Traducir (consogro (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A Estatua do Xefe de Joaquín Moya.

Naceu en Madrid o 24 de setembro de 1852.[2][3]

Era o terceiro fillo de Melchor Sánchez de Toca y Sáenz de Lobera (marqués de Toca), cirurxián e médico da Real Cámara de Isabel II quen, in extremis, atendeu ao xeneral Juan Prim tras o atentado na rúa do Turco en 1870, que lle custou a vida; e de Francisca Calvo Pereira de Castro.

Estudou Dereito na Universidade de Bordeos e logo na Universidade Central de Madrid. En 1870, aos 18 anos, leu a súa tese de doutoramento sobre o matrimonio (Dereito Canónico), que publicou moi pouco despois con prólogo de Aureliano Fernández Guerra. Na década de 1870, casou con María Ballester. Iniciou a súa actividade política durante o reinado de Afonso XII ao ser elixido deputado por vez primeira polo Partido Conservador en 1884. Como deputado conservador, foi sempre elixido polo distrito de Mora de Rubielos (Teruel), polo que serían tamén deputados o seu fillo Joaquín Sánchez de Toca Ballester e o seu sobriño Fernando Sánchez de Toca Muñoz (1888-1974).

Foi nomeado alcalde de Madrid en 1896, baixo a rexencia da raíña viúva, María Cristina de Habsburgo-Lorena e ocupou o cargo até 1897.[4] Senador vitalicio tres anos máis tarde; a súa carreira gobernamental deu comezo cando o 23 de outubro de 1900 Marcelo Azcárraga o nomeou ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, cargo que ocupou até o 6 de marzo de 1901.[5]

Aos poucos meses do acceso ao trono do rei Afonso XIII, formou parte do goberno presidido por Francisco Silvela como ministro de Mariña (6 de decembro de 1902-20 de xullo de 1903).[5] Co conservador Antonio Maura foi ministro de Graza e Xustiza entre o 5 de decembro de 1903 e o 16 de decembro de 1904.[5] Ese mesmo ano ocupou a presidencia do Consello de Estado, así como máis tarde a do Senado.

En 1907 volveu a ocupar o cargo de alcalde de Madrid.[4]

En 1913 pasou a aliñarse na escisión conservadora que seguiu a Eduardo Dato en contra dos partidarios de Maura.

En 1914 foi Presidente do Senado e electo como membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

O 20 de xullo de 1919 recibiu o encargo de formar goberno tras non conseguirse constituír un Ministerio de concentración conservadora. O seu mandato durou até que o 12 de decembro[5] tivo que dimitir en medio da crise resultante de non poder lograr rematar coas tensións sociais e facer fronte ao exército. Presidiu a Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, da que formaba parte desde 1890. A súa obra escrita abordou un amplo abanico de temas sociais, políticos e xurídicos, así como históricos.

Opúxose á ditadura de Miguel Primo de Rivera por considerar que vulneraba o principio constitucional do réxime, rexido pola Constitución de 1876. Á caída daquel, foi chamado a consultas por Afonso XIII para formar goberno en 1931, algo que refusou. Durante a II República mantívose apartado da vida política. En 1933 concedeu unha entrevista ao Heraldo de Madrid na que criticaba tanto a monarquía afonsina, polos seus erros, como a República.

Faleceu en Pozuelo de Alarcón o 13 de xullo de 1942.[2][3][6]

Actividade pública editar

  • 1884 Deputado a Cortes polo Partido Conservador. Distrito Mora de Rubielos.
  • 1890 Senador Vitalicio por designación real.
  • 1890 Membro electo da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.
  • 1896 Alcalde de Madrid.
  • 1900 Ministro de Agricultura, Comercio, Industria e Obras Públicas.
  • 1902 Ministro de Mariña.
  • 1903 Ministro de Graza e Xustiza.
  • 1904 Presidente do Consello de Estado.
  • 1907 Alcalde de Madrid.
  • 1914 Presidente do Senado
  • 1914 Presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
  • 1919 Presidente do Consello de Ministros.
  • 1920 Presidente do Senado.

Goberno de Joaquín Sánchez de Toca (1919) editar

20 de xullo de 1919 a 7 de decembro de 1919.

Obra editar

  • El matrimonio: su Ley Natural, su historia, su importancia social. Madrid, 1871.
  • La crisis agraria europea y sus remedios en España. Madrid, 1887.
  • La crisis presente del Partido Conservador. Madrid, 1897.
  • La Jefatura y los ideales. Madrid, 1897.
  • Reforma de la Marina. Madrid, 1902.
  • Regionalismo, municipalismo y centralización. Madrid: A. Vela, 1907.
  • La acción ibérica como factor de la política europea en África Madrid, 1913.
  • Regionalismo Municipal y Centralización. Madrid, 1913.
  • El movimiento antimilitarista en Europa. Madrid, 1914.

Notas editar

  1. Rubio Márquez 2016, p. 88.
  2. 2,0 2,1 Académicos Numerarios del Instituto de España (1938-2004) (PDF). Madrid: Instituto de España. 2005. p. 11. ISBN 84-85559-79-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 de Francisco Olmos, José María. "La concesión de Títulos Nobiliarios a los Presidentes del Consejo de Ministros durante la Restauración (1874-1931)" (PDF). p. 20. 
  4. 4,0 4,1 Concello de Madrid (ed.). "Alcaldes de Madrid. 1842-1900". 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CCHS) do CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 20 de abril de 2017. 
  6. "Don Joaquín Sánchez de Toca y Calvo". ABC. 14 de xullo de 1942. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar