Joaquín Milans del Bosch

Joaquín León Milans del Bosch y Carrió, nado en Barcelona o 6 de xuño de 1854[1] e finado en Madrid o 1 de setembro de 1936,[2][3] foi un militar español. Con Joaquín, culminou a orientación ideolóxica da familia Milans del Bosch. Tradicionalmente foran militares liberais, pero durante o século XX aliñáronse cos sectores máis reaccionarios.

Infotaula de personaJoaquín Milans del Bosch

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Joaquim Milans del Bosch i Carrió Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteExecución extraxudicial Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Civil governor of Barcelona (en) Traducir
26 de setembro de 1924 – 2 de marzo de 1930
← Carlos de Lossada y Canterac (pt) TraducirIgnasi Maria Despujol i de Sabater (en) Traducir →
Head of the Military Room of the House of His Majesty the King of Spain (en) Traducir
27 de maio de 1920 – 15 de xuño de 1924
← Luis Huerta Urrutia (en) TraducirJosé Cavalcanti →
Captain General of Catalonia (en) Traducir
30 de setembro de 1918 – 10 de febreiro de 1920
← Ramón García y Menacho (en) TraducirValeriano Weyler (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , militar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarteniente general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoTerceira Guerra Carlista, Revolución filipina e Guerra de Margallo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJaime Milans del Bosch y Núñez del Pino (en) Traducir, Mariano Milans del Bosch y Núñez del Pino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJoaquín Miláns del Bosch y Mauri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesLorenzo Milans del Bosch y Mauri (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Orfo de pai aos tres anos, creceu baixo a protección do seu tío Lorenzo. Ingresou moi novo na arma de Cabalería e viviu a restauración borbónica, abrazando a causa afonsina. Loitou na Terceira guerra carlista, en Melilla (1893) e en Filipinas (1897-1898), onde coincidiu con Miguel Primo de Rivera, o futuro ditador. Trala firma do pacto de Biak-na-Bató regresou á península, onde, logo de ocupar algúns destinos militares e diplomáticos, foi nomeado axudante do rei Afonso XIII e Xentilhome de cámara con exercicio. Moi ligado sempre ao monarca, tivo posteriormente destinos en Madrid e Marrocos, onde foi ascendido a tenente xeneral.

Capitán Xeneral de Cataluña editar

Tralo fin da Primeira guerra mundial (1918), foi nomeado capitán xeneral de Cataluña. A situación do territorio era entón moi tensa debido á crise económica que provocou o cesamento de exportacións aos países en guerra, e ás subidas de prezos. O obreirismo, liderado pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) organizouse e loitaba contra os pistoleiros da patronal.

Ignorando as ordes do goberno Joaquín Milans do Bosch púxose á beira dos patronos e aplicou métodos militares na represión dos conflitos sociais, á vez que os pistoleiros patronais actuaban con total impunidade. Para reprimir a folga da Canadiense, ata chegou a autorizar a creación dun somatén, pagado polos patronos, que puxo ao servizo do xeneral Martínez Anido, gobernador militar de Barcelona. Milans do Bosch sentíase apoiado polas clases altas da sociedade catalá, e ata que non chegaron ordes directas do rei Afonso XIII,[4] empuxado polas Cortes, non dimitiu (1920). De feito, foi invitado a cerimonias e vodas da aristocracia barcelonesa. O rei, para recompensar a súa obediencia e os seus anos de servizo, nomeouno xefe da Casa Militar da Casa Real.

 
1928 Derribo de as catro columnas de Montjuic, símbolo do catalanismo actualmente recuperadas.

Gobernador civil de Barcelona editar

Tras deixar a xefatura da Casa Militar do rei en xuño de 1924 por pasar á reserva, tres meses despois foi chamado polo seu amigo Miguel Primo de Rivera para ser gobernador civil de Barcelona (1924-1929).[4]

Conxuntamente co ministro de Gobernación e o capitán xeneral de Cataluña, levou a cabo unha intensa campaña anticatalanista. Clausurou o campo do Fútbol Club Barcelona e o Orfeón Catalán (1925), prohibiu entidades excursionistas e culturais e suspendeu e multou a diarios e revistas. Trala caída do ditador foi destituído,[5] retirándose a Madrid. Entre outubro de 1927 e febreiro de 1930 fora membro da Asemblea Nacional Consultiva, "por dereito propio", isto é, por designación directa do ditador.

Trala sublevación militar do 18 de xullo de 1936, que deu orixe á Guerra civil, Joaquín Milans do Bosch non quixo abandonar Madrid, aínda habendo ter a ocasión de refuxiarse na embaixada de Turquía, ao estar o seu fillo Mariano detido. O 31 de agosto foi detido por milicianos, sendo fusilado sen xuízo algún nas tapias do cemiterio do Leste ao día seguinte.[4]

Notas editar

  1. Azcárraga y Gutiérrez de Caviedes (1929), p. 418
  2. http://es.scribd.com/doc/113104709/Milans#scribd
  3. "MILANS DEL BOSCH Y CARRIO, JOAQUIN". congreso.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07-06-2020. Consultado o 1-6-2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Yániz, Juan Pedro (15-10-2005). "Gabriel Cardona aborda la biografía de familias castrenses catalanas destacadas". abc.es (en castelán). Consultado o 1-6-2020. 
  5. "Joaquim Milans del Bosch i Carrió". enciclopedia.cat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 31-03-2012. Consultado o 1-6-2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Ramón García y Menayo
Capitán Xeneral de Cataluña
1918 - 1920
Sucesor:
Valeriano Weyler