Joaquín García Labella

político español

Joaquín García Labella, nado en Granada o 10 de abril de 1905 e finado na mesma cidade o 25 de agosto de 1936, foi un xurista e político español.

Infotaula de personaJoaquín García Labella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1905 Editar o valor em Wikidata
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Sevilla
Gobernador civil da provincia da Coruña
Governador civil da província de Cádis (pt) Traducir
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada
London School of Economics
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana
Acción Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Granada, marchou a Francia onde completou estudos cos xuristas Léon Duguit e Roger Bonnard e no Reino Unido na London School of Economics. En 1926 doutorouse na Universidade Central de Madrid, e controvertese en catedrático de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela ao ano seguinte. Sufriu a represión da ditadura de Primo de Rivera cando a maioría das universidades protestaron contra o réxime. Integrado nos círculos republicanos galegos, participou no pacto de Lestrobe. A finais de 1930 trasladouse á Universidade de Salamanca como catedrático de dereito político, compatibilizando o traballo co de maxistrado da Audiencia Provincial na sala do contencioso-administrativo. Por permuta con José María Gil-Robles estableceuse definitivamente na Universidade de Granada.

Coa proclamación da República foi nomeado gobernador civil da Coruña (ata xuño dese ano). Incorporouse a Acción Republicana e despois a Izquierda Republicana. En 1932 ocupou o goberno civil de Cádiz e ao ano seguinte o de Sevilla. En 1933 foi Director Xeral de Administración Local, retirándose despois da política activa para reincorporarse á cátedra granadina, aínda que continuou como asesor xurídico do Concello de Granada.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido acusado de esconder armas no Concello. Consciente dos fusilamentos no cemiterio de Granada que se sucedían sen interrupción, escribiu unha carta de súplica ao capitán sublevado José Nestarés Cuellas, na que se ofrecía para combater no bando franquista, abxuraba das súas ideas e amizades e abrazaba a relixión católica. Foi liberado e deixado a cargo de Nestarés que mantiña unha unidade paramilitar en Viznar, onde Labella foi ingresado en "La Colonia", unha especie de prisión privada de Nestarés onde humillaba a Labella obrigándoo a levar un mandil que o identificaba como membro da masonería. Nas cartas que enviou á familia, Labella sinalaba que o obrigaban a cavar as fosas dos fusilados. Despois, vestido de falanxista, Nestarés incorporouno á súa unidade. Durante un acto relixioso o 15 de agosto, García Labella foi recoñecido por un tenente coronel que se dirixiu ao gobernador militar queixándose de que estivera libre e vivo. Pouco despois comunicáronlle o traslado a Granada mediante engano ao dicirlle que ía pasar uns días visitando á súa muller e á súa filla, pero non foi así, sendo xulgado de maneira sumaria e fusilado no cemiterio de San José xunto a outros 37 presos[1].

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Isabel Fernández-España Vigil en decembro de 1931.[2]

Notas editar

  1. Pettenghi Lachambre, José Aquiles (2009). Detrás del Silencio. El Trágico Destino de los Gobernadores Civiles de Cádiz en la II República. Artepick TM. pp. 79–87. ISBN 9788493679903. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2013. 
  2. El Ideal Gallego, 26-12-1931, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar