Joan Ponç

pintor español (1927-1984)

Joan Ponç i Bonet, nado en Barcelona o 28 de novembro de 1928 e finado en Saint-Paul-de-Vence o 4 de abril de 1984, foi un pintor catalán, considerado un dos artistas máis representativos das primeiras vangardas da posguerra española. Fundador entre outros do famoso grupo Dau al Set, é o artista que seguiu máis fielmente os principios do grupo ó longo da súa carreira artística.[1]

Infotaula de personaJoan Ponç
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1984 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Saint-Paul-de-Vence, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá, lingua portuguesa, lingua italiana e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciou a súa aprendizaxe no 1944 no taller do pintor Ramon Rogent i Perés e na Academia de Artes Plásticas de Barcelona.[2] Fixo a súa primeira exposición individual en Bilbao no 1946. Posteriormente fixo unha exposición no local Blaus no barrio de Sarrià, onde coñeceu a Antoni Tàpies e Modest Cuixart. Nesta etapa traballou nas series Dibuixos Podrits e as suites Metamorfosis, Inquietuds, Al·lucinacions e Joan Ponç / Joan Brossa.

No 1948 conxuntamente co poeta Joan Brossa, os pintores Modest Cuixart e Antoni Tàpies e o filósofo Arnau Puig fundou a revista e creou o grupo Dau al Set. Ó redor da revista e das exposicións paralelas xerouse unha renovación do pensamento e da creación plástica no contorno cultural da España da época. Este movemento está inspirado no surrealismo, creando un novo estilo nomeado maxicismo plástico, e fai de ponte entre as vangardas internacionais das décadas de 1920 e 1930 e o informalismo que adoptaron os seus compoñentes na década de 1950, impulsado precisamente polo mesmo Ponç que será sempre fiel ó seu estilo inicial toda a vida.

No 1948, tamén coñeceu a Joan Miró o cal representou unha grande influencia na súa obra.

No 1953 foi unha tempada a París, onde visitou o Louvre, e despois viaxou ó Brasil, onde se estableceu 11 anos. Alí fundou e dirixiu a escola L'Esplai na cal experimentou co debuxo e a creación plástica. Nesta etapa realizou as extensas suites Caps, Ocells, Instruments de Tortura e Tortura, onde describe detalladamente o sufrimento humano. As Caps, a suite máis coñecida, están inspiradas en cabezas de arlequín onde se poden ver diferentes expresións humanas. A suite Ocells, que no 1965 aportoulle o Gran Premio Internacional de Debuxo na VII Bienal de São Paulo, é un estudo de diferentes estados de ánimo e de xeometría.

No 1964 volveu a Cataluña para tratar a súa diabete. Nesta época obtivo certa popularidade e apareceu con determinada regularidade nos medios audiovisuais. Nestes anos viviu nas localidades de El Bruc e Port Lligat, onde frecuentou a Salvador Dalí e co cal mantén unha relación especial, de maneira que acaban discutindo e distanciados. Durante esta época ata o 1970 salientan as suites Violeta, Neurastènica e Insectes, esta última inspirada nun feito que lle aconteceu ó artista e a súa familia no Brasil nunha pequena propiedade na selva, cando nunha noite foron invadidos por formigas.

 
Tumba de Joan Ponç en La Roca.

A partir da década de 1970 instalouse no Pireneo, en La Roca, onde iniciou unha das súas etapas máis prolíficas, en óleos de gran formato cunha grande influencia xeométrica. Os últimos anos da súa vida pasounos entre Cotlliure, Ceret, St-Paul-de-Vence e os Pireneos. As suites desta época titúlanse Capses Secretes, realizada nas salas de espera dos hospitais que frecuentou nos seus últimos anos e coa que triunfou plenamente en Barcelona, e Eròtica e Tauromàquia. Coma consecuencia tivo unha grande aparición nos medios e concedeu gran cantidade de entrevistas. Finalmente morreu en St-Paul-de-Vence o 1984 e foi enterrado en La Roca.

O que caracteriza a este ilustre pintor é a súa imaxe de artista maldito, misterioso e esotérico. Toda a súa obra xira ó redor da maxia, de maneira que é o artista que permanece máis fiel ó estilo inicial do grupo Dau al Set.[3]

Notas editar

  1. Puig, Arnau (marzo 2009). "Joan Ponç. Resurrecció". Bonart (113). ISSN 1885-4389. 
  2. Tharrats, Joan Josep (2007). Parsifal Edicions, ed. Cent Anys de Pintura a Cadaqués. ISBN 84-95554-27-5. 
  3. Quer, Jordi (ccord.) (2011). Fundació Lluís Carulla, ed. Dau al Set, la segona avantguarda catalana. ISBN 978-84-7226-941-5. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar