Joan Montseny

escritor español

Joan Montseny Carret, máis coñecido polo pseudónimo de Federico Urales, nado en Reus (Tarragona) o 19 de agosto de 1864 e finado en Salon (Dordoña) o 12 de marzo de 1942, foi un sindicalista e mestre anarquista que practicou ó longo da súa vida tanto o anarcoindividualismo como o anarcocomunismo.

Joan Montseny
Nome completoJuan Montseny Carret
AlcumeFederico Urales
Nacemento19 de agosto de 1864
Lugar de nacementoReus
Falecemento12 de marzo de 1942
Lugar de falecementoSalon-de-Provence
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, anarquista, anarcosindicalista e tanoeiro
CónxuxeTeresa Mañé
FillosFederica Montseny
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Joan Montseny no camposanto de Salon (Francia).

Traxectoria editar

Na súa mocidade viuse influenciado polos textos da etapa revolucionaria de Francesc Pi i Margall. Colabora na década de 1880 no periódico El Productor. Casou polo civil en 1891 con Soledad Gustavo (pseudónimo de Teresa Mañé).

En 1896, acusado no proceso de Montjuïc, foi desterrado, desprazándose ata Londres. Entre 1897 e 1898 regresou a Madrid e fundou a publicación La Revista Blanca, de corte anarcoindividualista, que durou ata 1905, definíndoa o seu editor como "sociolóxica, científica e artística".

Joan Montseny fundou en 1898 tamén o Suplemento de la Revista Blanca, que dura ata 1902 e que reconvertirá na revista Tierra y Libertad á vez que intentou reorganizar a Federación Rexional Española da AIT.

En 1905 establécese en Barcelona, onde escribiría varias novelas (coleccións La novela libre e La novela ideal), retomando tamén a publicación de La Revista Blanca, e fundando o semanario El luchador. Ese mesmo ano nace a súa única filla, Federica Montseny. Participa na Semana Tráxica de Barcelona, a partir da cal o Estado acabará en 1909 coa vida de Francesc Ferrer i Guàrdia, gran amigo da parella Montseny-Mañé que colabora economicamente nas publicacións de Urales.

Participa na fundación da CNT en 1910 e na da FAI en 1927. Entre 1925 e 1936 volve editar novamente La Revista Blanca, colaborando nas súas páxinas autores prestixiosos do anarquismo internacional, como Max Nettlau ou Henri Zisly, xunto a Soledad Gustavo e Federica Montseny.

En 1933 publicou La barbarie gubernamental", unha gran colección de testemuñas de militantes cenetistas andaluces en torno ós sucesos de Casas Viejas.

Obras editar

  • Nicolás Estévanez, prólogo en "Pensamientos Revolucionarios de Nicolás Estévanez", ensaio de Mateo Morral (1880-1906), sen datar.
  • La barbarie gubernamental, 1933.
  • La evolución de la Filosofía en España, Tomo I, 1934.
  • La evolución de la Filosofía en España, Tomo II, 1934.