Joachim Chreptowicz

Joachim Chreptowicz, nado o 4 de xaneiro de 1729 e finado o 4 de marzo de 1812, foi un nobre, político e escritor polaco-lituano[1].

Infotaula de personaJoachim Chreptowicz

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Joachim Ignacy Litawor Chreptowicz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1729 Editar o valor em Wikidata
Jasianiec (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1812 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Varsovia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVarsovia Editar o valor em Wikidata
Grand Chancellor of the Grand Duchy of Lithuania (en) Traducir
14 de xuño de 1793 – 1795 (transferência da soberania (pt) Traducir)
← Aleksander Michał SapiehaSupresión do cargo →
22º Deputy Chancellor of the Grand Duchy of Lithuania‎ (en) Traducir
27 de abril de 1773 – 14 de xuño de 1793 (promotion (en) Traducir)
← Antoni Tadeusz Przezdziecki (en) TraducirKazimierz Konstanty Plater (en) Traducir →
13º Q27048253 Traducir
13 de abril de 1767 – 4 de febreiro de 1775 (renúncia (pt) Traducir)
← Jerzy AbramowiczEustachy Chrapowicki (en) Traducir →
Grand Secretary of Lithuania (en) Traducir
24 de decembro de 1764 – 27 de abril de 1773 (promotion (en) Traducir)
← sen valor – Andrzej Ignacy Ogiński (en) Traducir →
Deputy to the Sejm of the First Polish Republic (en) Traducir

Lexislatura: Convocation Sejm (en) Traducir, Q4413140 Traducir, Q69119882 Traducir, Q69121334 Traducir
Polish elector (en) Traducir
Q27048068 Traducir
Marshal of the Court of the Grand Duchy of Lithuania (en) Traducir
Q106203864 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Lituania
República das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vilnius Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo de opinión, Escrita creativa e profesional, actividade tradutora, política e função pública (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Gran Ducado de Lituania Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , funcionario , político , tradutor , diplomático , xornalista de opinión , oficial Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Participou en
setembro de 17641764 Polish–Lithuanian royal election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Chreptowicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeKonstancja Przeździecka (en) Traducir (1766–) Editar o valor em Wikidata
FillosAdam Chreptowicz (en) Traducir, Ewa Chreptowicz (en) Traducir, Ireneusz Litawor-Chreptowicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarcjan Chreptowicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Regina Wojna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu preto da cidade de Navahrudak, hoxe parte de Belarús. Estudou as primeiras letras na casa familiar de Szczorsy e máis tarde cos xesuítas na Academia de Vilnius e despois durante tres anos en Braniewo e outro ano máis en Nesvizh, logo serviu no escuadrón de húsares do príncipe Carlos. En 1752 foi nomeado stolnik, oficial de distrito, na súa cidade natal e foi elixido membro do Tribunal Lituano, con xurisdición sobre a nobreza, para o ano 1753[2] e ao ano seguinte entrou no Sejm. En 1764 apoiou a elección de Estanislau Augusto Poniatowski como monarca e na cerimonia de coroación actuou como secretario maior do Gran Ducado de Lituania e en 1765 presidiu o Tribunal Lituano, ano no que foi feito cabaleiro da Orde de Santo Estanislau. Tras a morte do seu pai en 1766, influído polas ideas ilustradas, reformou as súas propiedades dándolle un mellor acceso ás terras aos campesiños, construíndo escolas, contratando doutores e en xeral mellorando as condicións do campesiñado[3]. Entre 1769 e 1772 viaxou por Europa en misión diplomática, visitando Alemaña, Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria, mentres construía na súa propiedade de Szczorsy un palacio ao estilo francés, cunha enorme biblioteca, para a época, de máis de 10.000 volumes.

 
Palacio de Chreptowicz en Szczorsy cara ao ano 1878

En 1773 asumiu o posto de vicechanceler de Lituania e recibiu a Orde da Aguia Branca. Membro do Sejm da Partición (1773-1775) que tiña como misión ratificar a primeira partición de Polonia realizada por Rusia, Austria e Alemaña en 1772, e foi tamén membro da comisión encargada de liguidar os bens da Compañía de Xesús logo da supresión da orde e un dos fundadores da Comisión de Educación Nacional, considerado o primeiro ministerio de educación da historia[4]. Tras 1775 foi membro do Consello Permanente, equivalente a un consello de ministro, e presidente do departamento de asuntos exteriores. Durante a Guerra ruso-polaca de 1792 urxiu ao rei a se unir á Confederación de Targowica que se opuña á constitución do 3 de maio de 1791 negociando secretamente por orde do rei o cesamento de hostilidades[5] co embaixador ruso Yakov Bulgakov.

 
Joachim Chreptowicz, obra de Wincenty de Lesseur

En 1793 recibiu o cargo de chanceler de Liturania, entre 1793 e 1795 viaxou por Europa e en 1795 estableceuse en Varsovia, retirado da vida pública, dedicándose ao traballo literario e científico. Escribiu poemas en polaco, e algún en belaruso[6], partidario das teorías fisiócratas, escribiu artigos sobre agricultura e fundou a Asociación de Amigos da Ciencia.

Notas editar

  1. Co termo polaco-lituano faise referencia a un habitante da República das Dúas Nacións ou Mancomunidade Polaco-Lituana, sen ter en conta a orixe étnica
  2. Janusz Iwaszkiewicz (1937) Polski Słownik Biograficzny, t. III, Cracovia, p. 441.
  3. Спірыдонаў М. (2005) Вялікае княства Літоўскае: Энцыклапедыя, Vol. 2 Міnsк: Беларуская Энцыклапедыя, p. 719
  4. Ted Tapper e David Palfreyman (2005). Understanding Mass Higher Education: Comparative Perspectives On Access. Routledge p. 140
  5. Alex Storozynski (2011). Kościuszko Książe chłopów W.A.B. p. 231.
  6. Мальдзіс А. Беларусіка ў польскіх рукапісных зборах «Вяртанне» № 6, 1999. p. 158