James Hagan, nado en Monkstown o 10 de agosto de 1956, é un ex xogador e adestrador de fútbol de Irlanda do Norte.

Jimmy Hagan
Información persoal
Nacemento 10 de agosto de 1956
Lugar de nacemento Monkstown
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira no Larne, equipo da liga irlandesa no ano 1974, o ano seguinte gañaría o galardón de xogador novo do ano na liga do Ulster. En 1977 é traspasado ao Coventry inglés, onde xogará 3 tempadas aínda que a causa das lesións non pode xogar apenas no Coventry e acaba sendo cedido. Comeza unha época de aventuras pasando polos Estados Unidos ou mesmo Hong Kong, despois das cales volvería a Inglaterra para xogar no Coventry outra vez e no Birmingham City.

Chega ao Celta de Vigo dende o Birmingham na tempada 1986-87, sendo unha peza importante da zaga no play-off de ascenso a Primeira División Española, tres anos despois e a idade de 33 anos abandona o Celta para volver ao equipo no que comezou, o Larne, de onde sairía para rematar a súa experiencia como xogador de campo no Oddevold sueco, pasando despois a desempeñar a función de adestrador-xogador no Ballyema United (1991-93), Carrick Rangers (1993-94), Larne (1994-95), Crusader (1995-96) e Coleraine.

No ano 2005 volveu adestrar ao equipo da súa vida, o Larne, pero foi cesado por unha mala racha de resultados.

Equipos editar

Ano Club País
1974-1977 Larne
1977-1979 Coventry City  
1979-1980 Torquay United  
1980-1981 Detroit Express  
1980-1981 Seiko  
1981-1982 Coventry City  
1982-1987 Birmingham City  
1987-1989 RC Celta de Vigo  
1989-1990 Larne
1989-1990 Colchester United  
1990-1991 Larne
1990-1991 IK Oddevold
1991-1994 Ballymena United  
1994-1995 Carrick Rangers  
1994-1995 Larne
1995-1996 Crusaders FC  
1995-1996 Coleraine  

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar