Jim Loscutoff

baloncestista estadounidense

James "Jim" Loscutoff, nado en San Francisco (California) o 4 de febreiro de 1930, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 9 tempadas na NBA, todas elas en Boston Celtics, cos que gañou sete aneis de campión. Con 1,96 metros de altura, xogaba na posición de aleiro.

Jim Loscutoff
Posición Aleiro
Dorsal 18
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Nacemento 4 de febreiro de 1930 (94 anos)
San Francisco, California
Carreira
Universidade University of Oregon
NBA Draft 1956 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Boston Celtics
Tempadas 19561964
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     3 156
Rebotes     2 848
Asistencias     353
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Comezou a súa carreira universitaria no Grant Tech Community College de Oakland (California), onde pasou dous anos antes de ser transferido á Universidade de Oregón. Tras un ano cos Ducks, incorporouse ás Forzas Armadas dos Estados Unidos, onde pasou tres longos anos antes de volver de novo á universidade para terminar a súa carreira. En total promedió 14,9 puntos e 14,8 rebotes por partido.[1] Como homenaxe á súa brillante traxectoria foi incluído no Salón da Fama do Deporte de Oregón.

Profesional editar

 
"Número retirado" de Loscutoff.

Foi elixido na cuarta posición no Draft da NBA de 1955 por Boston Celtics, onde se incorporou xa con 25 anos. Foi elixido expresamente polo adestrador Red Auerbach para dotar de máis intensidade defensiva ao seu equipo, que aínda que en ataque foi o primeiro en ter unha media de máis de 100 puntos nunha tempada, a 1954-55, o seu defensa era das peores da liga.

Foi designado "o home da machada" pola súa intensidade defensiva,[2] e xunto a Bill Russell, outro excelente defensor, formaron parte da grandeza dos Celtics dos anos 60, que conseguiron 7 títulos, 6 deles consecutivos, con Loscy nas súas filas.

Terminou a súa carreira ao finalizar a tempada 1963-64, e o club decidiu renderlle unha homenaxe retirando a súa camiseta co número 18, pero pediu que ese dorsal puidese ser portado por outro xogador no futuro, polo que no alto do Boston Garden, e hoxe en día do TD Banknorth Garden, colga unha bandeirola co seu alcume, "LOSCY", no canto do número como ocorre cos outros 22 retirados.[3] Posteriormente ese dorsal co 18 foi levado por Dave Cowens, en cuxa honra finalmente se retirou. No total da súa carreira promedió 6,2 puntos e 5,6 rebotes por partido.

Equipos editar

Vida posterior editar

Na actualidade Loscutoff reside entre Florida e Andover, Massachusetts, onde a súa familia é propietaria dun campamento de día para nenos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar