Jesse Peretz

Baixista e director de videos musicais estadounidense

Jesse Peretz, nado o 19 de maio de 1968 en Cambridge, Massachusetts, é un baixista e director de vídeos musicais estadounidense.

Jesse Peretz
Data nacemento19 de maio de 1968 (55 anos)
Nado enCambridge, Massachusetts
IrmánsEvgenia Peretz
Ocupaciónmúsico, director de cine
Instrumento(s)baixo
Relacionado conThe Lemonheads
Na rede
IMDB: nm0673400 Allocine: 69781 Allmovie: p234310
Musicbrainz: 6b031eca-47ce-4b7e-8b26-2ed7a0856bae Discogs: 265532 Allmusic: mn0000341841 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Peretz foi un dos membros fundadores da banda de rock alternativo The Lemonheads. Deixou o grupo como músico antes do lanzamento do álbum It's A Shame About Ray, porén, continuou traballando con eles como fotógrafo e director de videoclips. Os seus primeiros vídeos para The Lemonheads foron os de "Mrs. Robinson", "Confetti" e "It's a Shame about Ray". Tamén dirixiu vídeos para Foo Fighters, Jack Black e The Breeders, e tamén creou e codirixiu as viñetas cómicas "Jimmy the Cab-Driver" para a MTV cos seus amigos de Harvard, Donal Logue e Clay Tarver. Peretz fixo tamén anuncios publicitarios para marcas como Nike, Ikea e Sony PlayStation. No ano 1998 dirixiu unha película chamada First Love, Last Rites e dende entón leva realizadas tres máis.