Gerald Eugene Sloan, nado o 28 de marzo de 1942 en McLeansboro, Illinois, e finado o 22 de maio de 2020 en Salt Lake City Utah, foi un xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional, membro do Basketball Hall of Fame.[1]

Jerry Sloan
Posición Escolta / Ala
Dorsal 14, 4
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 28 de marzo de 1942
McLeansboro, Illinois
Morte 22 de maio de 2020 (78 anos)
Salt Lake City Utah
Carreira
Instituto McLeansboro
(McLeansboro, Illinois)
Universidade Evansville (1962–1965)
NBA Draft 1965 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Baltimore Bullets
Tempadas 1965–1976
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 571 (14,0 pp)
Rebotes     5 615 (7,4 pp)
Asistencias     1 925 (2,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como adestrador
Adestrador

Sloan foi o quinto adestrador da historia da National Basketball Association (NBA) en alcanzar as 1000 vitorias, e é un dos dous adestradores na historia da NBA en conseguir 1000 vitorias cun equipo, os Utah Jazz. Ademais é o adestrador que dirixiu a un equipo durante máis tempo na historia da NBA, sendo a tempada 2009–10 a súa 22ª tempada como adestrador dos Jazz. Sloan clasificou ós Jazz para os playoffs da NBA durante 15 tempadas consecutivas, de 1989 a 2003. Malia non ser elixido nunca Adestrador do Ano, é un dos catro adestradores da historia da NBA con 15 ou máis tempadas consecutivas cun récord de vitorias positivo, xunto a Gregg Popovich, Pat Riley e Phil Jackson. Chegou ás Finais da NBA en dúas ocasións (1997 e 1998), pero perdeu ambas contra os Chicago Bulls.

O 10 de febreiro de 2011, Sloan deixou o posto de adestrador dos Jazz. O 19 de xuño de 2013, os Jazz anunciaron a volta de Sloan como axudante de scout.[2] O 22 de maio de 2020, Jerry Sloan faleceu tras unha longa enfermidade.[3]

Notas editar

  1. Ross Siler (4 de abril de 2009). "Utah Local News – Salt Lake City News, Sports, Archive – The Salt Lake Tribune". The Salt Lake Tribune. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012. 
  2. [1] Utah Jazz: Jerry Sloan rejoins organization as senior adviser, The Salt Lake Tribune, 20 de xuño de 2013
  3. ESPN News Services (22 de maio de 2020). "Longtime Jazz coach Jerry Sloan dies at age 78". ESPN. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar