Jerónimo Figueroa

futbolista español

Jerónimo Figueroa Cabrera, coñecido como Momo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 15 de xullo de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Momo
Información persoal
Nome Jerónimo Figueroa Cabrera
Nacemento 15 de xullo de 1982 (41 anos)
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 177 centímetros
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Las Palmas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Las Palmas B
2003–2004 Las Palmas 40 (3)
2004–2008 Deportivo da Coruña 5 (0)
2004–2005Albacete (cedido) 24 (1)
2006–2007R. de Santander (cedido) 13 (0)
2007–2008Xerez (cedido) 30 (0)
2008–2010 Xerez 66 (19)
2010–2012 Betis 20 (0)
2012–2019 Las Palmas 179 (20)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xuño de 2019
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol como profesional na UD Las Palmas B onde permaneceu unha tempada. Con 21 anos subiu ao primeiro equipo onde logra facerse un oco nos onces iniciais desa tempada sendo o xogador revelación de UD Las Palmas esa tempada.

No seu seguinte ano, é traspasado ao Deportivo da Coruña e tachado pola afección amarela como un mercenario. Pero Momo non ten oportunidades no Dépor e ten que irse cedido ao Albacete Balompié, club que acaba descendendo a Segunda División.

Na tempada 2005–06 quédase na Coruña, pero practicamente non xoga case ningún partido e búscaselle outra cesión á tempada seguinte (2006–07). Esta vez foi a recalar nas filas do Racing de Santander, pero de novo tampouco logra facerse un oco no once.

Na tempada 2007–08 non conta con sitio no persoal do Deportivo, así que é obrigado a irse outra vez cedido. Nesta ocasión ten que volver a Segunda División varias campañas despois, esta vez para xogar no Xerez CD. Pero grazas a esa campaña e a chegada de Esteban Vigo a metade de tempada, Momo volve conseguir un gran nivel, sendo un dos responsables da salvación do equipo.

O Xerez decide compralo ao Deportivo, o cal non ten problema en deixalo marchar. Na tempada 2008–09, Momo faise coa banda esquerda do equipo e consegue estoupar futbolisticamente logrando ser o pichichi do equipo con 17 goles. Ademais, esa tempada foi nomeado como un dos tres mellores centrocampistas de ataque da Liga Adelante, xunto con Alfaro e Arana.[1]

En xuño de 2010, logo do descenso do Xerez a Segunda División, Momo fichou polo Real Betis para a tempada 2010–11. Nesa campaña, na que participou en 18 encontros, o equipo ascendeu como líder a Primeira División. Na campaña 2011–12 xogou tan só 2 partidos.

Na tempada 2012–13 firmou polo UD Las Palmas, participando en 13 encontros e anotando 2 goles no seu retorno ao equipo insular.

Estatísticas editar

Actualizado a 23 de decembro de 2012
Club Temporada Competición Partidos Goles    
Las Palmas B 2001–02 Terceira División 26 1 - -
2002–03 Terceira División
Las Palmas Segunda División 4 0 0 0
2003–04 Segunda División 36 3 4 0
Albacete 2004–05 Primeira División 26 1 1 0
Deportivo da Coruña 2005–06 Primeira División 5 0 1 0
Copa Intertoto 1 0 0 0
Racing de Santander 2006–07 Primeira División 13 0 0 0
Xerez 2007–08 Segunda División 32 0 5 1
2008–09 Segunda División 40 17 5 0
2009–10 Primeira División 26 2 2 0
Betis 2010–11 Segunda División 20 0 1 0
2011–12 Primeira División 2 0 1 0
Las Palmas Segunda División 4 1 0 0
2012–13 Segunda División 18 3 1 1
Copa do Rei 2 1 1 0

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar