Jenifer Bartoli

cantante francesa

Jenifer Bartoli, ou Jenifer Yaël Dadouche-Bartoli, é unha cantante francesa, nada o 15 de novembro de 1982 en Niza. Máis coñecida simplemente como Jenifer, é unha das cantantes francesas de maior relevancia na actualidade.

Infotaula de personaJenifer Bartoli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Niza, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de dobraxe , compositora , actriz , cantautora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, pop rock e variety (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeThierry Neuvic (pt) Traducir (2014–2016) Editar o valor em Wikidata
ParellaYodelice (pt) Traducir (2002–2008) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webinlive-store.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1124011 Allocine: 632818 Rottentomatoes: celebrity/jenifer_bartoli
Facebook: JeniferOfficiel Twitter: JeniferOfficiel Instagram: jeniferofficiel MySpace: jenifer Youtube: UC4JCFTUg18qnEF-rvhxopig Souncloud: jenifer-official Spotify: 7p0bICJNx2HM4jS28qexvv iTunes: 16299676 Last fm: Jenifer Musicbrainz: 853dbc3e-8e00-4a1c-a2c4-8153eaa96e85 Songkick: 435461 Discogs: 613850 Allmusic: mn0000860805 Deezer: 468 Genius: Jenifer Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes e infancia editar

Jenifer é filla dunha nai corsa e un pai alxerino. Criouse en Niza, xunto aos seus pais e ao seu irmán, dende pequena sentiu admiración por cantantes como Édith Piaf, Jacques Brel e Charles Aznavour,[1].Á idade de 7 anos nunha festa familiar, Jenifer sorprendeu cunha primeira improvisación da canción Milord, de Edith Piaf.[2]

Comezos editar

No verán de 1993, con 10 anos, Jenifer actuou nos escenario nun poblo corso, na antesala dun concerto de C. Jérôme.[3] Posteriormente, con 14 anos, presentábase regularmente en bares e restaurantes da Costa Azul. En 1997, participou no programa de TV Graines de Star, onde quedou finalista. Aos 16, deixou Niza para ir a París Despois dun casting, en 2001 foi cando o público descubriu a Jenifer durante a súa participación na primeira edición do reality show Star Academy, que gañou o 12 de xaneiro de 2002. Esta experiencia serviulle para lanzar a súa carreira.

Carreira musical editar

Jenifer editar

É o seu primeiro álbum e saíu á venda en 2002. Inclúe composicións de Lionel Florencia (Donne-moi le temps) e Marc Lavoine (Nos points communs). Con cancións como Au soleil, J'attends l'amour e Des mots qui résonnent !, o álbum recibiu un disco de platino da IFPI por alcanzar o millón de copias vendidas en Europa.[4]

Le Passage editar

 
Jenifer durante un concerto no l'Olympia no ano 2005 en París, Francia.

Na primavera de 2004, Jenifer sacou Ma révolution, o primeiro sinxelo do seu segundo álbum, Le Passage, que ela mesma definiu como “máis persoal, máis sólido e máis pop/rock”.[5] Ten varias colaboracións, especialmente con Calogero (compositor de C’est de l’or), o grupo Kyo (Le souvenir de ce jour) e Marc Levy, (autor de Pour toi).

Con este álbum, Jenifer gañou varios premios: Mellor artista francesa nos MTV Europe Music Awards,[6] Artista Feminina e Álbum de fala francesa nos NRJ Music Awards.[7] Finalmente, o álbum vendeu máis de 500 000 copias.

Lunatique editar

O 5 de novembro de 2007, tres anos despois de Le Passage, Jenifer sacou o seu terceiro álbum, Lunatique, onde compuxo a música xunto coa súa parella, Maxim Nucci.[8] O primeiro sinxelo do álbum foi Tourner ma page.

O disco conta coas colaboracións de compositores como David Verlant, que participou na maioría dos textos, así como de Julie d'Aimé (compositora de Calogero) e Fabrice Boleta-Léna (compositor de Maxim Nucci). Na parte musical participaron Mathieu Chédid na guitarra dalgúns temas (Touche-moi), e Guillaume Canet en Nos futurs. A finais de setembro de 2008, as vendas do álbum eran de máis de 255 000 exemplares, conseguindo outro disco de platino.[9]

Appelle-moi Jen editar

O cuarto disco, chamado "Appelle-moi Jen" saíu á venda o 29 de novembro de 2010. O primeiro sinxelo titulado "Je danse"n saíu o 17 de setembro de 2010.

L'amour & moi editar

O luns 17 de setembro de 2012 apareceu o quinto disco da cantante, titulado "L'amour & moi".

Actividades con asociacións caritativas editar

Jenifer colabora regularmente con organizacións caritativas, en particular coas que apoian aos nenos.

Dende principios de 2006, é madriña da asociación Chantal Mauduit Namasté, que busca mellorar as condicións de vida e educación dos nenos de Katmandú, no Nepal, visitandoos dez días en abril de 2006.[10] Colabora coa asociación Rêves co fin de cumprir os soños dos nenos enfermos e participa nos concertos de Les Enfants De La Terre, organizados por Yannick Noah, e tamén nos eventos de Les enfoirés dende 2003.

En decembro de 2006, apoiou á Association Européennes contre les Leucodystrophies nun programa de televisión durante unha noche. En abril de 2007, participou nunha gala benéfica para a asociación Rêves, invitada por Jamel Debbouze para estar xunto con outros artistas, como Audrey Tautou, Diam's e Jean Dujardin.

Discografía editar

Álbums editar

Jenifer (2002)
  1. Des mots qui résonnent!
  2. Au soleil
  3. J'attends l'amour
  4. Je garde (con Mario Barravecchia)
  5. Nos points communs
  6. Entre humains
  7. Je ne pourrai plus aimer
  8. Donne-moi le temps
  9. Là où tu rêves
  10. Secrets défenses
  11. Viens me voir
  12. Maintenant
  13. Que reste-t-il?
Le Passage (2004)
  1. Ma révolution
  2. Le souvenir de ce jour
  3. C'est de l'or
  4. Ose
  5. Pour toi
  6. J'en ai assez
  7. Comme un yoyo
  8. Le passage
  9. Celle que tu vois
  10. Serre-moi
  11. Chou boup
  12. De vous à moi
Fait son live (2005)
  1. Ose
  2. Comme un yoyo
  3. Le passage
  4. Le souvenir de ce jour
  5. Celle que tu vois
  6. Donne-moi le temps
  7. Chou boup
  8. Pour toi
  9. Au soleil
  10. J'en ai assez
  11. Des mots qui résonnent!
  12. Mauvais sang
  13. De vous à moi
  14. Je ne pourrai plus aimer
  15. C'est de l'or
  16. Dirty Man
  17. J'attends l'amour
  18. Ma révolution
  19. Serre-moi (Single Mix)
  20. Tom's Diner
  21. Serre-moi
Lunatique (2007)
  1. Tourner ma page
  2. Touche-moi
  3. Comme un hic
  4. Nos futurs
  5. Le parfum
  6. Attention douleur fraîche
  7. Si c'est une île
  8. Quitte à se quitter
  9. Ca se pointe
  10. Le bonheur me va au teint
  11. Lunatique
Appelle-moi Jen (2010)
  1. À peine
  2. Je danse
  3. La vérité
  4. L'amour fou
  5. Les autocollants
  6. Le dos tourné
  7. L'envers du paradis
  8. Pôle dance
  9. Pas que ça à faire
  10. Le risque
  11. C'est quand qu'on arrive
L'amour & moi (2012)
  1. Les jours électriques
  2. Sur le fil
  3. Prisonnière
  4. Appelle la police mon amour
  5. L'amour et moi
  6. Orage en vue
  7. Besoin d'air
  8. Mademoiselle fume
  9. Tu ne dis rien
  10. Mes nuits
  11. Est-ce que tu m'aimes
  12. Hello
  13. Y'a pas jen
  14. La pudeur
  15. Sur le fil (Remix de Mr. Waltmann)

Sinxelos editar

Distincións e premios editar

2003

2004

2005

  • NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone, Album francophone.

2006

  • NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

2007

  • Museo Grévin: Elixida pola Academia Grévin, recibiu o seu dobre en cera, realizado por un prestixioso centro cultural parisiense, o 11 de decembro de 2007.[11]

2008

  • NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

2009

  • NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

Notas editar

  1. "Ma maman était chanteuse d'orchestre." - Le Je Nous de Claire, entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005.
    "J'ai été bercée dans la musique, entre mon père avec la musique très black américaine (du gospel, du Stevie Wonder, du Prince, enfin toute la Motown) et ma mère très chanson française (Gainsbourg, Piaf, Jacques Brel, Léo Ferré...). Ca a toujours été présent la musique à la maison." - Le Je Nous de Claire, entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005.
  2. "C'était en Corse, il y avait un pianiste qui était là dans un grand restaurant, dans un petit village où j'ai ma famille. Et j'ai demandé à François, le pianiste, qu'il me prête son micro. Et puis j'ai chanté comme ça et tout le monde a été surpris, j'avais 7 ans. J'ai chanté Milord d'Edith Piaf." - Le Je Nous de Claire, Entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005.
  3. "J'ai fait la première partie de C. Jérôme. Je chantais deux chansons." - La tête dans les étoiles, entrevista de Laurent Boyer en RTL o 21-10-2005.
  4. (en inglés) IFPI Platinum Europe Awards - 2007 Arquivado 19 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  5. "Il est beaucoup plus personnel, beaucoup plus affirmé, résolument pop." - Reportaxe no informativo da 1:00 pm en TF1 o 24-05-2005.
  6. Jenifer elixida como « Mellor artista francesa » Arquivado 29 de decembro de 2008 en Wayback Machine., MTV, 26-11-2004.
  7. Jenifer, K-Maro, Calogero: Gañaron nos NRJ Music Awards !, MCM, 24-01-2005.
  8. "La chanteuse a donc réuni autour d'elle une équipe. Soit son compagnon Maxim Nucci avec qui elle a co-composé les musiques, mais aussi les paroliers David Verlant, Julie D'Aimé et Fabrice Ballot-Léna." - Artículo de Parisien o 09-07-2007, de Sébastien Catroux.
  9. Jenifer entrégase con outra xira
  10. Entrevista na web da Asociación Chantal Mauduit Namasté Arquivado 13 de febreiro de 2008 en Wayback Machine..
  11. "La télé-réalité entre au musée Grévin" [A telerealidade entra no museo Grévin]. Le Figaro.fr (en francés). 26 de novembro de 2007. Consultado o 14 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar