Jenaro de la Fuente Álvarez

arquitecto galego

Jenaro de la Fuente Álvarez, nado en Vigo o 30 de abril de 1891 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1963, foi un arquitecto galego, un dos incursores do movemento modernista en Vigo. Inicialmente usará motivos próximos á Art Nouveau, sen perder o uso do estilo eclecticista. Entre outros estilos traballou o academicismo e o racionalismo.

Infotaula de personaJenaro de la Fuente Álvarez
Biografía
Nacemento30 de abril de 1891 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Non confundir con Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), o pai.
Edificio para Emilio Méndez (La Peineta), Urzáiz esquina Lepanto, 1926.

Traxectoria editar

Era fillo de Jenaro de la Fuente Domínguez, mestre de obras e facultativo municipal do concello[1]. Obtivo o título de arquitectura en Madrid no ano 1921 á idade de 30 anos.

 
Vivendas para a Compañía Carbonera proxectado en 1942.

Logo de cursar os seus estudos decidiu instalarse en Vigo onde comezaría a súa carreira profesional. Ao ano seguinte de chegar á cidade, o seu pai falecería aos 71 anos de idade, deixando vacante o seu cargo de arquitecto municipal, posto que ocuparía o fillo.

Por aquel entón, en Vigo só había tres arquitectos: Jacobo Esténs Romeu, José Franco Montes e Manuel Gómez Román, que era o que máis traballo desenvolvía na cidade.

A pesar de ser Vigo a cidade onde levou a cabo a meirande parte dos seus traballos, tamén fixo proxectos noutras cidades como Santiago de Compostela, onde destacan a Cidade-Xardín da Rosaleda e a Cidade Universitaria.

Faleceu en 1963 aos 72 anos de idade, deixando un legado arquitectónico de grande beleza, que non está completo xa que algúns dos seus edificios foron derrubados para especular cos seus soares e edificar en altura.

Obra destacada en Vigo editar

 
Pérgola, en Bouzas dende 2005.
  • Casa para Eligio Prieto Iglesias, na rúa do Príncipe n.º 12, 1925
  • Edificio para Emilio Méndez (La Peineta), Urzáiz esquina Lepanto, 1926
  • Casa de vivendas da rúa Uruguai n.º 11, 1927.[2]
  • Pérgola da praza de Portugal, 1928, en Bouzas dende o ano 2005.[3]
  • Estadio Municipal de Balaídos, 1928.[4]
  • Edificio comercial con fachada ás rúas Policarpo Sanz (norte) e Príncipe (sur).[5]
  • Garaxe Americano, na rúa García Barbón 29, 1929.[6]
  • Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (Peritos), r/ Torrecedeira, 1931-1941.[7]
  • Edificio de María Iglesias Curty, na esquina da P.ª de Compostela coa r/ Reconquista, 1940.[8]
  • Vivendas para a Compañía Carbonera, n.os 6, 7, e 9 da praza de Compostela. 1942.
  • Vivendas para os irmáns Suárez Eire e Purificación Suárez Vázquez, P.ª de Compostela 17. 1944.
  • Edificio Candeira ou edificio para Rosa Candeira, Pi i Margall, 79, Vigo, 1954.
  • Escola Superior de Comercio, na rúa Conde Torrecedeira, 1944.[9]
  • Edificio Aurora Polar, 1959, no 24 da rúa República Arxentina, esquina Urzáiz.
  • Instituto Feminino Nosa Señora da Guía (despois San Tomé de Freixeiro), na Gran Vía de Vigo, 1962.[10]

Outras obras editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Vida e obra de Jenaro de la Fuente Domínguez
  2. Vivendas da rúa Uruguay en Turgalicia.
  3. Bouzas luce pérgola... Arquivado 27/09/2015, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 7/11/2005.
  4. Lamas, Jorge (30/12/2008). "Balaídos cumple hoy 80 años". La Voz de Galicia. 
  5. Edificio comercial de Príncipe en Turgalicia.
  6. Garaxe Americano en Turgalicia.
  7. Edificio de Peritos en Turgalicia.
  8. Casa para María Iglesias Curty en Turgalicia
  9. Hoxe (moi modificada) Escola Universitaria de Estudos Empresariais[1] «La Escuela de Comercio...» Faro de Vigo.
  10. Fundación docomomo (en castelán).
  11. Nuestra Universidad
  12. Sánchez García, Jesús Ángel. El patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). p. 75. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar