Jeff Tweedy
Jeffrey Scot "Jeff" Tweedy, nado o 25 de agosto de 1967 en Belleville, é un compositor, músico e poeta estadounidense.
Jeff Tweedy | |
---|---|
Nome completo | Jeffrey Scot Tweedy |
Data nacemento | 25 de agosto de 1967 |
Nado en | Belleville, Illinois, Estados Unidos |
Cónxuxe | Sue Miller |
Ocupación | Compositor, músico e poeta |
Xénero | Rock alternativo Country alternativo |
Instrumento(s) | Voz e guitarra |
Relacionado con | Uncle Tupelo Wilco Tweedy |
Tempo en activo | 1984 - actualidade |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Comezou a súa carreira musical coa banda de country alternativo Uncle Tupelo, dende 1987 ata 1994. Un ano despois da separación da banda, forma na cidade de Chicago o grupo de rock alternativo Wilco. Tamén participou con varios grupos de música indie, como Golden Smog e Loose Fur, gravou un álbum con The Minus 5 e colaborou con Rosanne Cash na gravación do tema "Long Black Veil", dentro do álbum "The List".
En 2004 publicou Adult Head, un libro de poesía. Tamén estivo un tempo nun centro de rehabilitación por depresión e adicción aos analxésicos. En varias ocasións confesou que padece de fortes migrañas con bastante frecuencia.
Está casado con Sue Miller, antiga propietaria de extinto club de Chicago Loung Ax, coa que tivo dous fillos, Sam e Spencer. Os dous seguiron os pasos do seu pai e tocan xuntos na súa propia banda, The Blisters, que actuaron con Wilco no Chicago's Lollapalooza 2006. En xuño de 2014 anuncióu a ceación dun novo grupo co seu fillo Spencer, chamado Tweedy.
O 13 de novembro de 2018 publicou o seu libro de memorias “Let’s Go (So We Can Get Back). A memoir of recording and discording with Wilco etc.”.[1]
Discografía editar
En solitario editar
- Together at Last (2017)
- Warm (2018)
Con Uncle Tupelo editar
- No Depression (1990)
- Still Feel Gone (1991)
- March 16–20, 1992 (1992)
- Anodyne (1993)
Con Wilco editar
- A.M. (1995)
- Being There (1996)
- Summerteeth (1999)
- Yankee Hotel Foxtrot (2002)
- A Ghost Is Born (2004)
- Sky Blue Sky (2007)
- Wilco (The Album) (2009)
- The Whole Love (2011)
- Star Wars (2015)
- Schmilco (2016)
Con Tweedy editar
- Sukierae (2014)
Notas editar
- ↑ Martín Cuadrado, Susana. "Jeff Tweedy de Wilco anuncia autobiografía: “Let’s Go (So We Can Get Back)”". Rock and Roll Army (en castelán).
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jeff Tweedy |