Jeff Beck

guitarrista e compositor inglés

Jeff Beck, nado en Wallington o 24 de xuño de 1944 e finado en Wadhurst (East Sussex) o 10 de xaneiro de 2023, foi un guitarrista inglés de rock.

Infotaula de personaJeff Beck

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Geoffrey Arnold Beck Editar o valor em Wikidata
24 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata
Wallington, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Wadhurst, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Meninxite bacteriana Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSt Mary the Virgin Churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWimbledon College of Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica rock, jazz rock, música instrumental (pt) Traducir e guitar performance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguitarrista , produtor musical , artista discográfico , músico de rock , compositor de cancións , compositor , guitarrista de jazz , Cantante de rock Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Blues, Blues rock e Fusion Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI
Atco Records
Epic Records Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjeffbeck.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0065169 Allocine: 35477 Rottentomatoes: critics/jeff-beck Allmovie: p81147 Metacritic: person/jeff-beck
Facebook: jeffbeck Twitter: jeffbeckmusic Instagram: jeffbeckofficial MySpace: jeffbeck Youtube: UCd5c-3Ff2IiBqSQaT8FHHRg Souncloud: jeff-beck-official Spotify: 0AD4odMWVQ2wUSlgxOB5Rl iTunes: 476310 Last fm: Jeff+Beck Musicbrainz: 14a4bc78-1c2d-4ca7-8d1b-9b58076a2a17 Songkick: 542722 Discogs: 49624 Allmusic: mn0000240865 WikiTree: Beck-12196 Deezer: 3084 Genius: Jeff-beck Editar o valor em Wikidata

Formou parte da banda The Yardbirds para comezar logo unha carreira en solitario na que experimentou cunha variedade de xéneros como blues rock, rockabilly, heavy metal, jazz fusión e ata techno.[1] Foi clasificado no quinto posto na lista dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone.[2]

Traxectoria editar

Comezou a atraer a atención coma guitarrista cando se incorporou ós Yardbirds en 1965, coma substituto de Eric Clapton. Naquela época, os Yardbirds atravesaban unha fase de transición, apoiándose menos no impulso orixinal dos blues americanos e pasando a desenvolver as súas propias ideas. Anos máis tarde, Beck describiríaos coma "a primeira banda psicodélica"[Cómpre referencia]. Aínda que Beck e Clapton estaban similarmente enraizados no blues, Beck resultaba moito máis adecuado para o enfoque cada vez máis experimental dos Yardbirds. Co paso do tempo revelouse coma un músico en constante busca de novos sons, texturas e medios de expresión a través da guitarra. Clapton era e segue sendo esencialmente un guitarrista de blues.

En 1966, os Yardbirds conseguiron apartar a Jimmy Page do seu lucrativo traballo coma guitarrista de estudio e persuadírono de que tocara o baixo co grupo. Nunha ocasión en que Beck caeu enfermo, Page substituíuno na guitarra para que o grupo puidese actuar. Cando Beck se recuperou houbo un breve período no que Beck e Page tocaron a guitarra solista á vez nos Yardbirds. Non obstante, ese mesmo ano, durante unha xira por América Beck volveu a alegar que estaba enfermo; a banda non o tomou en serio e quedou fóra do grupo. Existe unha certa confusión acerca de se marchou ou o botaron. Os Yardbirds continuaron con Keit Relf (voz e harmónica), Jimmy Page (Guitarra solista), Paul Samwell-smith (2ª Guitarra), Chris Deja (Baixo) e Jim Mcarthy (batería) ata 1968. Entón Page quedou só e, para cubrir os contratos pendentes reuniu unha banda que chamou "os Novos Yardbirds". Case inmediatamente cambióuselle o nome por Led Zeppelin, pero esta é outra historia.

Mentres tanto, Beck comezará unha carreira coma solista, logrando un certo éxito inicial coa axuda do produtor Mickie Most. O principal éxito foi "Hi Ho Silver Lining" pero a cara B, "Beck's Bolero" era moito máis interesante, ó contar coa participación de Keith Moon, Jimmy Page, John Paul Jones e Nicky Hopkins.

Coma consecuencia do seu traballo previo cos Yardbirds, Beck adquirira unha considerable reputación coma guitarrista, á parte de ser unha mestura de pop star e figura de culto. Dende tal posición reuniuse o primeiro dunha serie de Jeff Beck Groups. Mais, debido á diverxencia de personalidades ou á diversidade de antecedentes musicais, o grupo nunca chegou a pasar das fases de ensaios. Beck, que xa tiña fama de áspero e difícil de tratar, merece con todo que se lle recoñeza o seu optimismo ó tratar de xuntar (ademais da el mesmo) a Rod Stewart, Jet Harris, Viv Prince e Ron Wood. En calquera caso, cando o batería Aynsley Dunbar se uniu a Stewart, Wood e Beck, logrouse unha certa cohesión, e a banda gravou dous álbums, "Truth" e "Beck-ola", que xunto coas actuacións en vivo estableceron a reputación de Beck coma figura importante. Stewart e Wood permaneceron con Beck ata 1969. Máis tarde Stewart revelou os problemas que tivo, aguantando a actitude dominante de Beck, pero ó suprimir as súas propias tendencias egoístas tivo as súas compensacións: o prestixio que adquiriu cantando con Beck foi o que lle proporcionou o trampolín para lanzar ós Faces e para a súa posterior carreira solista.

A finais dos 60, o desenvolvemento paralelo de Clapton, Townshend, Beck, Page e o tremendo Hendrix establecerá a base do estilo británico de guitarra rock. Pero, en termos de éxito comercial Beck quedou parcialmente eclipsado polos outros. Era indubidable que o máis popular eran os power trío de guitarra, baixo e batería, e Beck tratou de resolver a situación con plans para a formación do trío Beck, Bogert e Appice.

Beck era amigo de Tim Bogert (Baixo) e Carmine Appice (batería) dende que eles tocaban no grupo americano Vanilla Fudge e el nos Yardbirds. Estando en Nova York para gravar un single, foi a un club a ver a Vanilla Fudge e, ó non aparecer o seu guitarrista, Beck accedeu a cubrir o seu posto. Os tres quedaron o suficientemente satisfeitos como para querer tocar xuntos de novo, pero houbo que aprazar a idea ata que quedaran libres de compromisos. En 1969, cando parecían que xa non había problemas, Beck sufriu un accidente automobilístico que o mantivo inactivo por máis dun ano. Bogert e Apprie uníronse a Cactus, e Beck, cando se recuperou, formou un novo grupo co que gravou dous álbums, "Rough and ready" e "Jekk Beck Group", ata que en 1972 Beck, Bogert e Appice poderon formar o seu trío.

Por desgraza, a obsesión de Beck por este proxecto parece que lle impediu darse conta de que o tempo pasará e que o concepto de power trío estaba desfasado. Decatouse case inmediatamente. O grupo separouse despois de dos álbums. Comezou unha época de transición para Beck, cando se deu conta de que moitos copiarán o seu estilo. Namorouse dos teclados de Jan Hammer do grupo de John McLaughlin. Como resultado, en 1975, publicou "Blow by Blow", producido por George Martin, onde aparece cun estilo máis Jazz-rock con toques de funk e un poquiño de soul.

Logo veu "Wired", cun éxito similar. Nos seguintes anos formou parte de innumerables grupos e colaborou con músicos coma Stevie Wonder, Stanley Clarke e Jan Hammer.

Notas editar

  1. "Jeff Beck, regresa una leyenda". La Vanguardia (en castelán). 10 de xullo de 2007. Consultado o 18 de abril de 2020. 
  2. "100 Greatest Guitarists". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020.