Jean Baptiste Dieter

Jean Baptiste Dieter, nado como Johannes Dieter en Einhausen (Alemaña) o 30 de setembro de 1903 e finado en Samoa o 28 de xuño de 1955, foi un eclesiástico católico latino, vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores dende 1953 até a súa morte.

Infotaula de personaJean Baptiste Dieter
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Einhausen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1955 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Ilhas Samoa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
16 de novembro de 1953 –
Diocese: Gerafi (en) Traducir
Vigairo apostólico
16 de novembro de 1953 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1954–), sacerdote católico (1933–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSociedade de María Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónRomolo Carboni Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María (maristas) o 29 de xuño de 1933, e a partir de 1937 comezou a traballar en Samoa. O 16 de novembro de 1953 foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Ierafi. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Romolo Carboni o 19 de maio de 1954 en Apia, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce e ao vigairo apostólico de Fidxi Victor Frederick Foley. Finou ao ano, o 28 de xuño de 1955; durante o seu breve pontificado tivo como principal prepcupación a formación dos sacerdotes locais, entre eles o futuro cardeal Pio Taofinuʻu, a quen ordenou sacerdote o 8 de decembro de 1954.

Distincións editar

No seu Einhausen natal unha rúa leva o seu nome (Bischof-Dieter-Straße).[1]

Notas editar

  1. "Bischof-Dieter-Straße in Einhausen, Hessen". Straßen in DE (en alemán). Consultado o 23/09/2018. 

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Joseph Darnand
 Vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores 
1953 - 1955
Sucesor:
George Hamilton Pearce