Jayson Granger

baloncestista uruguaio

Jayson Antonie Granger Amodio, nado o 15 de setembro de 1989 en Montevideo, é un xogador profesional de baloncesto internacional uruguaio que xoga para o Reyer Venezia da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 1,89 metros pode xogar nas posicións de base e escolta.

Jayson Granger
Reyer Venezia
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1989 (34 anos)
Uruguai Montevideo, Uruguai
Nacionalidade Uruguai / Italia
Altura 1,89 m (6 ft 2.5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Elección: Sen draftear
Carreira 2007−presente
Historial de equipos
Estudiantes (2007–2013)
Málaga (2013–2015)
Anadolu Efes (2015–2017)
Baskonia (2017–2020)
Alba Berlin (2020–2021)
Baskonia (2021–2022)
Reyer Venezia (2022–presente)

Traxectoria editar

No ano 2006, con tan só 16 anos, Granger asinou co CB Estudiantes, e debutou co primeiro equipo na tempada 2007-08. Tras rematar o seu contrato co Estudiantes, fichou polo Unicaja da Liga ACB.[1]

O 26 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes SK turco.[2]

O 16 de agosto de 2017, Granger asinou un contrato de tres anos co Baskonia da Liga ACB.[3]

O 1 de agosto de 2020, Granger asinou co Alba Berlin da Basketball Bundesliga.[4]

O 13 de xullo de 2021, anunciouse a volta de Granger ó Saski Baskonia da Liga ACB, asinando un contrato por dúas tempadas.[5]

Notas editar

  1. "Jayson Granger, tercer fichaje del Unicaja". Baloncesto Málaga. 17 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  2. "Jayson Granger Anadolu Efes’te...". Anadolu Efes S.K. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "Jayson Granger, dirección y potencia física para Baskonia - Saski Baskonia". Saski Baskonia. 16 de agosto de 2017. Consultado o 16 de agosto de 2017. 
  4. "Jayson Granger (ex Baskonia) agreed terms with ALBA Berlin". Eurobasket. 1 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  5. "Jayson Granger is back with Baskonia". Saski Baskonia. 13 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar