Javier Pérez de Cuéllar

quinto secretario xeral da Organización das Nacións Unidas

Javier Pérez de Cuéllar Guerra, nado en Lima o 19 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 2020, foi un avogado e diplomático peruano que se converteu no quinto Secretario Xeral das Nacións Unidas entre 1982 e 1991.

Javier Pérez de Cuéllar
Nome completoJavier Felipe Ricardo Pérez de Cuéllar y de la Guerra
Nacemento19 de xaneiro de 1920
Lugar de nacementoLima
Falecemento4 de marzo de 2020
Lugar de falecementoLima
SoterradoPresbítero Matias Aquino
NacionalidadePerú
Relixióncatolicismo
Alma máterPontifícia Universidade Católica do Peru e Colégio San Agustín
Ocupaciónpolítico, diplomático e avogado
CónxuxeYvette Roberts-Darricau
PremiosPrêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo, Prémio Olof Palme, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, Premio Four Freedoms - Medalla da Liberdade, Freedom Award, Grand Cordon of the National Order of the Cedar‎, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Grand Cross of the Order of the Southern Cross, Grand Cross of the Order of the Oak Crown, Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the National Order of Merit, Medalla da Paz das Nacións Unidas, honorary doctorate of the National University of San Marcos, honorary doctorate of the University of Valladolid, doutor honoris causa na Universidade de Laval, honorary doctorate from the University of Cambridge, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, doutor honoris causa pola Universidade de Salamanca, honorary citizen of Zagreb, Grã-Cruz da Ordem da Liberdade, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla Pushkin, honorary doctorate from the Pontifical Catholic University of Peru, Honorary doctor of Leiden University, Ordem do Libertador San Martin, Grand Cross of the Order of May, Order of Diplomatic Service Merit, Grand Cross of the National Order of Merit, Order of José Matías Delgado, Ordem Nacional do Mérito, Supreme Order of the Renaissance, Order of Vasco Núñez de Balboa, Ordem do Libertador, Order of Francisco de Miranda, Juan Pablo Duarte Order of Merit, Order of Merit of the Principality of Liechtenstein, Order of Mono, Colar da Ordem de Isabel a Católica, honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia, honorary doctor of Johns Hopkins University e Order of Vasco Núñez de Balboa
Na rede
IMDB: nm0701874 Discogs: 2740814 Find a Grave: 207640986 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mocidade e carreira diplomática editar

Estudou dereito e ingresou en 1940 no Ministerio de Exteriores do Perú. En 1944 entrou a formar parte do Servizo Diplomático, e foi enviado como embaixador do Perú a Francia, Reino Unido, Bolivia, Brasil, Suíza, a Unión Soviética (sendo o primeiro embaixador do Perú neste país), Polonia e Venezuela.

En 1961 volveu para Lima para desenvolver os cargos de director do Departamento Xurídico, director da Administración, director de Protocolo e director de Asuntos Políticos. En 1966 conseguiu que o nomeasen viceministro e Secretario Xeral de Relacións Exteriores, baixo a presidencia de Belaunde Terry.

Foi designado polo seu país como delegado na Asemblea Xeral da ONU en 1946, para converterse en representante nas Nacións Unidas desde 1971 ata 1975. Representou ao Perú no Consello de Seguridade da ONU entre 1973 e 1974, desenvolvendo a función de Presidente do Consello durante o conflito de Chipre de 1974. O 18 de setembro daquel ano foi nomeado representante especial do Secretario Xeral en Chipre, cargo que ocupou ata 1977, cando volveu ao seu cargo no Ministerio de Exteriores do Perú.

O 27 de febreiro de 1979 foi nomeado Secretario Xeral Asistente das Nacións Unidas para Asuntos Políticos concretos. Desde abril de 1981 alternou este cargo co de Representante Persoal do Subsecretario Xeral durante a crise de Afganistán. Con esta condición viaxou a Afganistán e Paquistán durante abril e agosto daquel ano para proseguir as negociacións de paz iniciadas polo subsecretario xeral meses antes.

En maio de 1981 volveu ao Ministerio de Exteriores do Perú, continuando porén como representante do Subsecretario Xeral na crise de Afganistán ata a súa designación como Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Secretario Xeral das Nacións Unidas editar

O 1 de xaneiro de 1982 Javier Pérez de Cuéllar tomou posesión do seu cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas, en substitución de Kurt Waldheim. Foi o primeiro latino en ocupar este cargo, e o primeiro suramericano.

O 10 de outubro de 1986 foi reelixido para continuar cun segundo mandato, que iniciou o 1 de xaneiro de 1987. Os membros do Consello de Seguridade solicitaron a realización dun terceiro mandato de Pérez de Cuéllar se ben o diplomático peruano non aceptou a oferta e renunciou ao cargo o 31 de decembro de 1991. En outubro de 1987 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Durante o seu mandato vai levar directamente as negociacións entre Arxentina e o Reino Unido durante a guerra das Malvinas ao igual que promoveu as accións do Grupo de Contadora para a consecución da paz en América Central. As Nacións Unidas interviñeron nas negociacións para a independencia de Namibia, o conflito do Sáhara Occidental entre Marrocos e a Fronte Polisario, así coma no conflito de Chipre. Durante o seu mandato os Cascos Azuis das Nacións Unidas foron galardoados co Premio Nobel da Paz en 1988.

Profesor editar

Traballou tamén como profesor de dereito Internacional na Academia Diplomática do Perú e como profesor de Relacións Internacionais na Academia de Guerra Aérea do Perú. É autor do Manual de Dereito Diplomático (Manual of Diplomatic Law), 1964.

Actividade política editar

Logo da súa retirada das Nacións Unidas volveu para o seu país, onde optou ás eleccións presidenciais de 1995, co partido Unión por el Perú, e perdeu diante de Máximo San Román.

Entre o 25 de novembro do 2000 e o 28 de xullo de 2001 foi nomeado primeiro ministro e ministro de Exteriores do Perú durante o goberno de transición de Valentín Paniagua logo da caída de Alberto Fujimori.

Inmediatamente despois asumiu o cargo de embaixador do Perú en Francia e na UNESCO, ao que renunciou o 22 de xullo de 2004. O 31 de decembro daquel ano renunciou á actividade diplomática e retirouse da vida política activa. Viviu retirado en París, onde en xullo de 2005 sufriu un infarto, do que se recuperou con ben. Foi membro da Comisión de Ética do Comité Olímpico Internacional.

Condecoracións e homenaxes editar

O embaixador Javier Pérez de Cuéllar recibiu o doutoramento honoris causa nas seguintes universidades:

Con motivo do seu octoxésimo aniversario recibiu na Universidade de Lima unha significativa homenaxe onde ditou unha conferencia maxistral sobre relacións internacionais.

Principais premios editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar