Javier Mariscal

artista español

Javier Errando Mariscal, nado en Valencia o 9 de febreiro de 1950 é un deseñador gráfico, industrial, de banda deseñada e pintor valenciano que, desde 1970, vive e traballa en Barcelona.

Infotaula de personaJavier Mariscal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Errando Mariscal Editar o valor em Wikidata
9 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Valencia (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador , pintor , escultor , guionista , artista de banda deseñada , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de decembro de 2018manifesto «Que no ens divideixin»
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona em Comum (pt) Traducir
12 de xuño de 1987documenta 8 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0973475 Allocine: 451446 Allmovie: p358066 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou estudando deseño na escola Elisava de Barcelona, pero pronto deixouna para aprender directamente do medio e para seguir os seus propios impulsos creativos. Os seus primeiros pasos foron no mundo do cómic underground, traballo que axiña comparte coa ilustración, a escultura, o deseño gráfico e o deseño de interiores.

En 1979 deseña o logotipo Bar Cel Ona, un traballo que lle proporcionou popularidade. Ao ano seguinte, abre en Valencia o primeiro bar asinado por Mariscal, xunto a Fernando Salas, o Dúplex, para o que deseña unha das súas máis famosas pezas, o taburete Duplex, auténtica icona dos anos oitenta.

En 1981, o seu traballo como deseñador de mobiliario lévao a participar na exposición Memphis, an International Style, en Milán. En 1987 expón no Centro Georges Pompidou de París e participa na Documenta de Kassel (Alemaña).

 
Vista parcial do mural realizado por Javier Mariscal e os estudantes das escolas en valencià, na "Trobada d'escoles en valencià" do ano 1995.
 
Cadeira de brazos Alexandra, para Moroso.
 
La Gamba, no Paseo de Colón de Barcelona.

Ao longo da década dos oitenta deseña varias coleccións de téxtil para Marieta e Tráfico de Modas, e expón na sala Vinçon de Barcelona. En 1989 Cobi é elixido como mascota para os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. A mascota foi acollida con gran polémica pola súa imaxe de ruptura, aínda que o tempo lle deu a razón ao seu creador, e agora Cobi é recoñecida como a máis rendíbel da historia dos Xogos Olímpicos modernos. Máis adiante viría a serie de animación The Cobi Troupe.

En 1989 funda o Estudo Mariscal, e colabora en diversos proxectos con deseñadores e arquitectos como Arata Isozaki, Alfredo Arribas, Fernando Salas, Fernando Amat ou Pepe Cortés. Entre os seus traballos máis destacados nesta época están os logos para o partido socialista sueco, a emisora de radio Onda Cero, o Zoo de Barcelona, a Universidade de Valencia, o centro de deseño e arquitectura Lighthouse en Glasgow, o centro cultural GranShip (Xapón) ou a empresa de posprodución londiniense Framestore.

En 1995 Twipsy foi elixida mascota da Exposición Universal de Hanóver (Expo 2000). O éxito desta mascota daría lugar á serie Twipsy, na que o protagonista é un mensaxeiro do espazo virtual e a acción se sitúa en Internet. Twipsy vendeuse en máis de cen países. Tamén en 1995 deseña para a produtora italiana Moroso a colección Mobles Amorosos, que inclúe un dos seus móbeis de maior éxito, a butaca Alexandra, cuxas formas orgánicas e o uso que fai da cor comunican o estilo vitalista e extravertido que caracteriza os obxectos de Mariscal.

En 2002, a súa traxectoria multidisciplinar culmina co deseño integral do Gran Hotel Domine Bilbao (GHDB), asomado ao Museo Guggenheim Bilbao e á ría, cuxo concepto creativo baséase en reflectir a historia do deseño do século XX. Mariscal creou desde os uniformes á fachada, pasando pola imaxe gráfica e o seu site. O interiorismo do GHDB fíxoo xunto a Fernando Salas, con quen tamén colaboraría no club Calle 54, un proxecto no que tomou parte Fernando Trueba e que lle deu a Madrid un espazo onde actúan os máis prestixiosos músicos do jazz latino, como Bebo Valdés ou Paquito d’Rivera. Tamén en Madrid está situado o Hotel Porta América, do grupo Silken, un proxecto no que participaron os mellores estudos de arquitectura e deseño do momento. O Estudo Mariscal e Fernando Salas encargáronse do interiorismo da planta once.

Outra mostra da súa vocación interdisciplinar foi o espectáculo audiovisual Colors, estreado en Barcelona en 1999 e protagonizado polo robpt Dimitri, outra das criaturas de Mariscal. O guión de Colors adaptouno para as frecuentes conferencias sobre deseño que realiza por todo o mundo, que máis que conferencias son divertidos espectáculos de humor e tenrura.

En 2005 deseñou varios obxectos para a colección infantil Me Too, de Magis, unha frutuosa colaboración que continúa na actualidade. As imaxes da entidade financeira española Bancaja, da 32ª edición da America’s Cup, da nova marca de bolsos de Camper, Camper Forhands, así como o interiorismo do restaurante de Ikea de Vitoria son algúns dos seus últimos traballos, que segue compartindo coa súa tarefa artística. En 2006 participou en ARCO coa escultura Crash, unha homenaxe ao deseño optimista dos anos 1950.

Principais obras editar

 
Garriris, 1987, Musée national d'art moderne, París.

Premios editar

En 1999 recibiu o Premio Nacional de Deseño que concede o Ministerio da Industria español e a Fundación BCD en recoñecemento a toda unha traxectoria profesional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar