Javi Varas

Futbolista español.

Javier Varas Herrera, nado en Sevilla (España) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de gardameta. Dende 2017 xoga no Granada CF da Liga 1|2|3.

Javi Varas
Javi Varas á súa chegada ó Aeroporto de Vigo.
Información persoal
Nome Javier Varas Herrera
Nacemento 10 de setembro de 1982 (41 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,82 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Granada
Carreira xuvenil
1993–1999 Pablo Blanco
1999–2001 AD Nervión
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2003 AD Nervión
2003–2008 Sevilla Atlético 86 (0)
2003–2004 → San José (cedido)
2004–2005Alcalá (cedido) 20 (0)
2008–2014 Sevilla FC 60 (0)
2012–2013Celta de Vigo (cedido) 35 (0)
2014–2015 Valladolid 40 (0)
2015–2017 Las Palmas 55 (0)
2017– Granada 0 (0)
Na rede
UEFA: 106771 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Criouse no barrio de San José[1] e empezou a xogar ó fútbol nun equipo local, a Escola Deportiva de Pino Montano, pasando pouco despois á Peña Sevillista Pablo Blanco, ata que en edade xuvenil pasou á AD Nervión, coa que xogou na Liga Nacional de Xuveniles e logo en Primeira Rexional.[2] Na tempada 2003/2004 pasou á AD San José, de rexional preferente. O Sevilla Fútbol Club fixouse nel tralas súas boas actuacións, fichándoo para o CD Alcalá, en Segunda B, na tempada 2004/2005, xogando un papel fundamental na salvación do equipo.

Na tempada 2005/2006 o Sevilla repescouno para defende-la portería do filial, tamén en Segunda B.[1] O Sevilla Atlético logrou o ascenso a Segunda División na tempada 2006/2007 grazas á vitoria no partido de promoción fronte ó Pontevedra Club de Fútbol durante o lanzamento dos penaltis.

Na tempada 2007/2008 Javi Varas seguiu co Sevilla Atlético, ata que ó seu termo foi ascendido a segundo gardameta do primeiro equipo.[3] Nada máis ascender, Varas tivo a oportunidade de debutar debido á lesión do titular, Andrés Palop, durante a pretempada.

O 3 de xullo de 2012 o Real Club Celta de Vigo consegue a cesión de Javi Varas para axudar ó equipo a manter a permanencia en Primeira División.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jesús Sevillano (22 de abril de 2009). ABC de Sevilla, ed. "Pablo Blanco: "Varas no es como los porteros alocados, él sabe estar"" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  2. Fernando Carmona (28 de abril de 2009). Marca, ed. "Las causas del descalabro del filial sevillista" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  3. EFE (5 de agosto de 2008). AS, ed. "El portero Javi Varas renueva su contrato hasta 2010" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  4. J. Bernardo. Faro de Vigo, ed. "Javi Varas firma con el Celta por una campaña" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar