Jaume Serra

artista español

Jaume Serra (século XIV) foi un pintor catalán de estilo italo-gótico.

Jaume Serra
Nacementoséculo XIVxuliano
Falecemento1405
NacionalidadeCoroa de Aragón
Ocupaciónpintor
IrmánsPere Serra
editar datos en Wikidata ]
Detalle do Retablo do Santo Espírito, de Jaume Serra, na catedral de Manresa

Biografía editar

Serra procedía dunha familia de pintores activos en Cataluña no século XIV, e tamén o foran os seus irmáns Pere, Francesc e Joan. Os irmáns Serra cultivaron o denominado estilo italo-gótico, de influencia sobre todo sienesa, como era típico na Cataluña do século XIV. Realizan figuras pequenas, estilizadas, de ollos achinados e boca pequena. Jaume difundiu un modelo de Virxe da Humildade, lactante, cun doante a un lado, de uso funerario.

Jaume Serra coŀaborou cos seus irmáns na realización do retablo do mosteiro de Sigena (Huesca), hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Obras editar

A Jaume atribúenselle:

  • O Retablo da Virxe, convento do Sepulcro, Zaragoza, conservado no Museo de Zaragoza.
  • O Retablo de frei Martín de Alpartir, hoxe tamén no Museo de Zaragoza.
  • A Virxe de Tobed (colección particular en Zaragoza). Aparece como doante o rei Henrique II de Castela, xunto coa raíña Xoana Manuel de Castela e mais súa filla Eleonor de Castela, nacida no ano 1362.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar