Jaume Bartumeu Cassany, nado en Andorra la Vella o 10 de novembro de 1954, é un avogado e político andorrano. Está inscrito no Colexio de Avogados de Andorra dende o ano 1982, e é o Presidente do Goberno de Andorra dende 2009.

Jaume Bartumeu

6º Xefe de Goberno de Andorra
Período5 de xuño de 20094 de abril de 2011
AntecesorAlbert Pintat Santolària
SucesorAntoni Martí
Datos persoais
Nacemento10 de novembro de 1954
 Andorra la Vella
OrganizaciónPartit Socialdemòcrata
Alma máterUniversidade de Barcelona e Université Toulouse-I-Capitole
ProfesiónAvogado
Na rede
http://www.jaumebartumeu.ad/
editar datos en Wikidata ]

É membro fundador do Partido Socialdemócrata de Andorra, do cal foi primeiro secretario do 2000 ao 2004. Actualmente é o presidente do grupo parlamentario socialdemócrata no Consello Xeral de Andorra. Durante maio de 2008 foi proclamado polo Partido Socialdemócrata de Andorra candidato a presidente de goberno de Andorra, para as eleccións xerais do 26 de abril do 2009. Gañounas con 14 escanos de 28 totais.

Durante o seu goberno, Bartumeu tentou facer unha reforma do IVE que non conseguiu os apoios da cámara, e posteriormente, en 2010, tampouco recadou apoios abondos para aprobar os orzamentos, co que convocou eleccións xerais. Nos comicios do 4 de abril de 2011 sufriu unha severa derrota, e o seu partido pasou de 14 a 6 deputados, e foi substituído á fronte do goberno andorrano por Antoni Martí, á cabeza dunha coalición de liberais e conservadores[1].

En 2013 abandonou o Partido Socialdemócrata para formar Socialdemocracia e Progreso, co que concorreu ás eleccións andorrás do 1 de marzo de 2015.


Predecesor:
Albert Pintat Santolària
 Xefe de Goberno de Andorra 
2009 - 2011

Sucesor:
Antoni Martí

Notas editar