Jan Havickszoon Steen, nado en Leiden cara a 1626 e sepultado na mesma vila o 3 de febreiro de 1679, foi un pintor neerlandés de obras xénero painter do século XVII (a Idade de Ouro de Holanda). Os seus trazos distintivos son a visión psicolóxica, o sentido do humor e o colorido.

Infotaula de personaJan Steen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Jan Havicksz. Steen Editar o valor em Wikidata
1626 Editar o valor em Wikidata
Leiden Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1679 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Leiden Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPieterskerk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo neerlandés Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Leiden
Warmond (en) Traducir
Delft
A Haia
Haarlem Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , artista visual , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de xénero, Pintura de historia, Arte de paisaxes, retrato e autorretrato Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do século de ouro dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoJan Steen catalogue raisonné, 1833 (en) Traducir (1833)
Jan Steen catalog raisonné, 1908 (en) Traducir (1908)
Jan Steen, étude sur l'art en Hollande (en) Traducir (1864)
Jan Steen catalog raisonné, 1954 (en) Traducir (1954) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNicolaus Knupfer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGrietje Van Goyen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2234325 WikiTree: Steen-529 Find a Grave: 6238809 Editar o valor em Wikidata
Campesiños diante dun albergue.

Traxectoria editar

A súa familia católica era ben coñecida na vila natal, onde rexentaron a taberna The Red Halbert durante varias xeracións. Ao mesmo que o seu máis famoso contemporáneo Rembrandt van Rijn, Jan Steen asistiu á Escola Latina de Leiden. Foi educado pictoricamente por Nicolaes Knupfer (1603-1660), un pintor alemán especializado en escenas históricas e figurativas, en Utrecht. A influencia de Knupfer pode atoparse nos usos compositivos e na cor. Outra fonte de inspiración foi Adriaen van Ostade (1610 - 1685), pintor de escenas rurais e de interior, que vivía en Haarlem. Descoñécese se Steen estudou con Ostade.

En 1648 Jan Steen entrou na Sint Lucas Guild (Confraría de San Lucas) de pintores en Leiden, mais axiña se converteu no axudante do renomeado pintor paisaxista Jan van Goyen (1596-1656), trasladándose á súa casa da Bierkade na Haia. O 3 de outubro de 1649 casou coa filla de Jan van Goyen, Margriet, con quen tivo sete fillos. Steen traballou co seu sogro ata 1654, ano no que se trasladou a Delft, onde abriu a cervexaría De Roscam, sen grande éxito. Viviu en Warmond de 1656 a 1660 e en Haarlem desde 1660 ata 1670, período no que foi especialmente produtivo. En 1670, logo do pasamento da súa muller en 1669 e do seu pai en 1670, Steen regresou a Leiden, onde permaneceu o resto da súa vida. En abril de 1673 casou de novo, con Maria van Egmont, que lle deu un outro fillo. En 1674 foi presidente da Sint Lucas Guild. Faleceu en Leiden en 1679 e foi enterrado na tumba familiar na Pieterskerk.

Actividade artística editar

Steen é un dos pintores máis apreciados do Barroco holandés, ata o punto que hai quen pensa que a súa fama só foi superada por Rembrandt e Vermeer. Foi un autor prolífico; estímase que pintou uns 800 cadros, dos que subsisten arredor de 350. Con frecuencia os membros da súa familia posaron como modelos. Nos seus varios autorretratos adoitou representarse modestamente.

Un dos asuntos preferidos de Steen foron as “escenas de xénero”, nas que monta un ambiente vivaz e desordenado, cheo de nenos barulleiros. Porén, era un mestre pintando meniños.

Outro dos seus temas preferidos era o do médico que visita unha muller doente; son polo menos vinte os lenzos seus en que representa este tema. A dona é case sempre nova e apática, e de seguro o seu mal é de amores.

Outros cadros están dedicados a representacións eróticas, ás veces en forma de farsa e noutros casos en forma tráxica. No entanto, os temas paisaxísticos son escasos e sempre con temas rurais.

Non abunda nas composicións relixiosas nin mitolóxicas.

Galería editar