Jamie Lee Curtis

actriz, escritora e activista estadounidense y pintora

Jamie Lee Haden-Guest, Lady Haden-Guest (de solteira Curtis), nada en Santa Monica (California) o 22 de novembro de 1958, é unha actriz, escritora e activista estadounidense. Curtis é a filla de Janet Leigh e Tony Curtis e está casada con Christopher Guest.

Infotaula de personaO moi honorable Editar o valor em Wikidata
Jamie Lee Curtis

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónChoate Rosemary Hall (en) Traducir
Westlake High School (en) Traducir
Harvard-Westlake School (en) Traducir
University of the Pacific (en) Traducir - Traballo social
High School de Beverly Hills (pt) Traducir
The Center for Early Education (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , escritora de literatura infantil , escritora , produtora delegada Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Global Conference 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata
CónxuxeChristopher Guest (pt) Traducir (1984–) Editar o valor em Wikidata
FillosRuby Guest, Annie Guest (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTony Curtis Editar o valor em Wikidata  e Janet Leigh Editar o valor em Wikidata
IrmánsKelly Curtis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjamieleecurtisbooks.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000130 Allocine: 36517 Rottentomatoes: celebrity/jamie_lee_curtis Allmovie: p16288 TCM: 42462 Metacritic: person/jamie-lee-curtis TV.com: people/jamie-lee-curtis
Facebook: JamieLeeCurtis Twitter: jamieleecurtis Instagram: curtisleejamie TikTok: jamieleecurtis Musicbrainz: f1da8b73-1e38-415a-b074-45be65f68e23 Discogs: 1917615 WikiTree: Curtis-2763 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Curtis naceu en Santa Monica, California, filla do actor Tony Curtis e da actriz Janet Leigh. O seu pai era xudeu, fillo de emigrantes húngaros.[1] Dous dos seus bisavós maternos eran dinamarqueses, mentres que o resto dos ascentros da súa nai eran alemáns e escoceses-irlandeses.[2] Curtis ten unha irmá máis vella, Kelly Curtis, tamén actriz, e varios medios irmáns por vía paterna: Alexandra, a actriz Allegra Curtis, Benjamin e Nicholas Curtis (que faleceu en 1994 por mor dunha sobredose).[3] Os pais de Curtis divorciáronse en 1962 e tralo divorcio, Curtis afirmou que o seu pai non estaba arredor e que "non estaba interesado en ser un pai".[4]

Curtis asistiu á Westlake School nos Ánxeles e ao Beverly Hills High School, e graduouse por Choate Rosemary Hall. De volta a California en 1976, asistiu á mesma universidade que a súa nai, a Universidade do Pacífico en Stockton, California, para estudar dereito,[5][6] mais deixouno despois dun semestre para procurar unha carreira como actriz.[7]

Carreira editar

 
Curtis nos premios Emmy (1999)

O debut de Curtis no cinema tivo lugar no filme de terror de 1978 Halloween, en que interpretaba a Laurie Strode. O filme foi un grande éxito e foi considerado o filme independente de maior recadación do seu tempo. Curtis foi a partir de aí contratada para varios filmes de terror, recibindo o título de "raíña do berro".

O seu seguinte filme foi The Fog, tamén do director de Halloween, John Carpenter. Estreouse en febreiro de 1980 con críticas variadas, pero con éxito de público.[8] Tras este participou en Prom Night, slasher canadense de baixo orzamento estreado en xullo de 1980. O filme, que lle valeu a Curtis unha candidatura aos premios Genie á mellor actriz estranxeira, recibiu críticas negativas. Ese mesmo ano, Curtis protagonizou tamén Terror Train, estreado en outubro tamén con críticas negativas. Ambos os filmes tiveron certo éxito de público.[9]

Curtis interpretaba nos dous filmes unha personaxe similar: a protagonista, cuxos amigos eran asasinados e era practicamente a única que sobrevivía. O crítico Roger Ebert, que deu malas críticas aos tres filmes de Curtis de 1980, dixo que Curtis "é o exceso actual de filmes de terror o que Christopher Lee era no último ou Boris Karloff nos anos trinta".[10] Curtis volveu á serie Halloween cinco veces, interpretando de novo a Laurie Strode nas secuelas Halloween II (1981), Halloween H20: 20 Years Later (1998), Halloween: Resurrection (2002) e Halloween (2018), e poñendo voz sen acreditar en Halloween III: Season of the Witch (1982).

O seu papel de 1983 en Trading Places axudou a Curtis cambiar a súa imaxe como raíña do terror e valeulle un premio da BAFTA como mellor actriz secundaria.[11] En 1988, Un peixe chamado Wanda revelouna como unha grande actriz cómica e foi candidata ao BAFTA á mellor actriz.[11] Gañou un Globo de Ouro polo seu papel en True Lies (1994). Outro papel foi no filme da Disney Freaky Friday (2003), con Lindsay Lohan, filmado en Palisades High School en Pacific Palisades, California, preto da residencia de Curtis e pola que foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[12]

En outubro de 2006, Curtis contou a Access Hollywood que pechara a súa etapa como actriz para centrarse na súa familia. Volveu actuar en xuño de 2007 no filme Beverly Hills Chihuahua. Tamén protagonizou a comedia de 2010 You Again, con Kristen Bell e Sigourney Weaver.[13]

Libros infantís editar

Xunto coa ilustradora Laura Cornell, Curtis escribiu varios libros infantís,[14] todos publicados por HarperCollins Children's Books.[15]

  • When I Was Little: A Four-Year Old's Memoir of Her Youth, 1993.
  • Tell Me Again About The Night I was Born, 1996.
  • Today I Feel Silly, and Other Moods That Make My Day, 1998, que apareceu na listaxe de best-sellers de The New York Times durante dez semanas.[16]
  • Where Do Balloons Go?: An Uplifting Mystery, 2000.
  • I'm Gonna Like Me: Letting Off a Little Self-Esteem, 2002.
  • It's Hard to Be Five: Learning How to Work My Control Panel, 2004.
  • Is There Really a Human Race?, 2006.
  • Big Words for Little People, ISBN 978-0-06-112759-5, 2008.
  • My Friend Jay, 2009, edición única presentada a Jay Leno
  • My Mommy Hung the Moon: A Love Story, 2010.
  • My Brave Year of Firsts, 2016.
  • This Is Me: A Story of Who We Are and Where We Came From, 2016.
  • Me, Myselfie & I: A Cautionary Tale, 2018.[17]

Vida privada editar

Curtis casou con Christopher Guest o 18 de decembro de 1984. Viu unha imaxe del do filme This Is Spinal Tap en Rolling Stone e dixo á súa amiga Debra Hill, "Oh, vou casar con este tío", casando realmente cinco meses despois.[18] A parella ten dous fillos adoptados, Annie (nda en 1986, e Thomas, nado en 1996.[19] Curtis é a madriña do actor Jake Gyllenhaal.[20]

Cando o seu sogro faleceu o 8 de abril de 1996, o seu marido converteuse no 5.º barón Haden-Guest, converténdoa en baronesa co título The Right Honourable The Lady Haden-Guest. Curtis rexeita a idea de empregar este título dicindo que "non ten nada que ver comigo".[21]

Curtis é unha alcohólica recuperada e foi adicta aos calmantes que comezou a empregar tras un procedemento cirúrxico cosmético rutineiro. Está sobre dos opiáceos dende 1999 logo de ler un artigo de Tom Chiarella sobre a adicción,[22] e mantén que a súa recuperación é o maior logro da súa vida.[23]

Trala morte do seu pai Tony Curtis descubriu que toda a súa familia, incluídos os seus irmáns foran suprimidos do testamento.[24]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1978 Halloween Laurie Strode
1980 The Fog Elizabeth Solley
1980 Prom Night Kim Hammond
1980 Terror Train Alana Maxwell
1981 Roadgames Pamela "Hitch" Rushworth
1981 Halloween II Laurie Strode
1982 Halloween III: Season of the Witch Telephone Operator Voz, sen acreditar
1982 Coming Soon Narradora Documental
1983 Trading Places Ophelia
1984 Love Letters Anna Winter
1984 Grandview, U.S.A. Michelle "Mike" Cody
1984 The Adventures of Buckaroo Banzai Across the 8th Dimension Sandra Banzai Na versión estendida
1985 Perfect Jessie Wilson
1987 A Man in Love Susan Elliot
1987 Amazing Grace and Chuck Lynn Taylor
1988 Dominick and Eugene Jennifer Reston
1988 Un peixe chamado Wanda Wanda Gershwitz
1990 Aceiro azul Megan Turner
1991 Queens Logic Grace
1991 My Girl Shelly DeVoto
1992 Forever Young Claire Cooper
1993 Mother's Boys Judith "Jude" Madigan
1994 My Girl 2 Shelly DeVoto Sultenfuss
1994 True Lies Helen Tasker
1996 House Arrest Janet Beindorf
1997 Fierce Creatures Willa Weston
1998 Homegrown Sierra Kahan
1998 Halloween H20: 20 Years Later Laurie Strode / Keri Tate
1999 Virus Kelly Foster
2000 Drowning Mona Rona Mace
2001 The Tailor of Panama Louisa Pendel
2001 Daddy and Them Elaine Bowen
2001 Rudolph the Red-Nosed Reindeer and the Island of Misfit Toys Queen Camilla Voz
2002 Halloween: Resurrection Laurie Strode
2003 Freaky Friday Tess Coleman / Anna Coleman
2004 Christmas with the Kranks Nora Krank
2005 The Kid & I Ela mesma
2008 Beverly Hills Chihuahua Vivian Ashe
2010 You Again Gail Byer Olsen
2011 The Little Engine That Could Beverly "Bev" Voz
2012 Kokuriko-zaka Kara Ryoko Matsuzaki Voz, dobraxe en inglés
2014 Veronica Mars Gayle Buckley
2015 Spare Parts Principal Karen Lowry
2018 Halloween Laurie Strode
2018 An Acceptable Loss Rachel Burke
2019 Knives Out Linda Drysdale-Thrombrey
2020 Halloween Kills Laurie Strode

Notas editar

  1. "Jamie Lee Curtis Interview: Starring as Herself: Embracing Reality". Reader's Digest. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  2. There/Hollywood, páxina 6, 1985, por Janet Leigh
  3. "Family for Tony Curtis" Turner Entertainment Networks, Inc. Consultado o 29 de agosto de 2015.
  4. Casablanca, Ted (22 de outubro de 2010). "Source: Jamie Lee Curtis Written Out of Father's Will". E News. E News. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  5. Carr, Jay (4 de agosto de 1988). "The Candid Unwinding of Jamie Lee Curtis". The Chicago Tribune. 
  6. Spencer, Amy (6 de setembro de 2018). "Jamie Lee Curtis Spills Her Inspiring Confidence Secrets". Good Housekeeping. 
  7. Chin, Paula (22 de agosto de 1994). "Making a Splash". People. 
  8. "The Fog gross tally". Box Office Mojo. Consultado o 9 de marzo de 2006. 
  9. "The Numbers Jamie Lee Curtis grosses". Consultado o 9 de marzo de 2006. 
  10. Ebert, Roger (9 de outubro de 1980). "Terror Train". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2007. Consultado o 9 de marzo de 2006. 
  11. 11,0 11,1 "BAFTA award Supporting Actress in 1984". BAFTA Awards. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  12. "Complete list of nominees for 61st Annual Golden Globe Awards". (Associated Press). USA Today, 18 de decembro de 2003.
  13. Siegel, Tatiana (29 de xuño de 2007). "Curtis heads for Disney's 'Border'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2007. Consultado o 29 de xuño de 2007. 
  14. "Books". Jamie Lee Curtis Books. 
  15. Children's Books Arquivado 09 de abril de 2008 en Wayback Machine.. Harper Collins.
  16. McNamara, Mary (16 de outubro de 2000). "Howling Success: Once The Queen Of Scream, Jaime Lee Curtis finds new fame as a children's author". The Los Angeles Times. The Spokesman-Review. p. B3. 
  17. "Jamie Lee Curtis, More Than a Horror Legend in 'Halloween'". Time (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  18. "Jamie Lee Curtis and Kids Arrive for Avatar". interviewmagazine.com. 19 de febreiro de 2015. 
  19. "Jamie Lee Curtis and Kids Arrive for Avatar". People. 18 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 22 de decembro de 2019. 
  20. Schruers, Fred (30 de outubro de 2005). "Interview: Jake Gyllenhaal, crown prince of Tinseltown". The Guardian (Londres). Consultado o 5 de maio de 2010. 
  21. Rowlands, Penelope (25 de setembro de 2016). "Tour Jamie Lee Curtis and Christopher Guest's House in Los Angeles". Architectural Digest. Condé Nast. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  22. "Jamie Lee Curtis Interview". Reader's Digest. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  23. Curtis, Jamie Lee (20 de xullo de 2009). "King of Pain". The Huffington Post. 
  24. "Tony Curtis's Daughter Speaks Out About Disinheritance". Inside Edition. Inside Edition, Inc. 12 de setembro de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar