James Rodríguez

futbolista colombiano

James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames[2]), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán.

James Rodríguez
James co Bayern München en 2018.
Información persoal
Nome James David Rodríguez Rubio
Nacemento 12 de xullo de 1991 (32 anos)
Lugar de nacemento Cúcuta
Nacionalidade Colombia
Altura 1,80 metros
Peso 75 kg (165 lb)[1]
Posición Mediapunta / Extremo
Información de club
Club actual Everton
Número 19
Carreira xuvenil
1995–2007 Envigado
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Envigado 30 (9)
2008–2010Banfield 42 (5)
2010–2013 Porto 63 (25)
2013–2014 Monaco 34 (9)
2014–2020 Real Madrid 85 (29)
2017–2019Bayern München (cedido) 43 (14)
2020– Everton 1 (0)
Selección nacional
2007 Colombia Sub-17 11 (3)
2011 Colombia Sub-20 11 (5)
2011– Colombia 76 (22)
Na rede
IMDB: nm6569506 Facebook: 10Jamesrodriguez Twitter: jamesdrodriguez Instagram: jamesrodriguez10 Youtube: UC4lLRGdlLZqf0ksX0bW5h_A TikTok: jamesdrodriguez Twitch: jamesr1222 FIFA: 269058 UEFA: 250021636 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de setembro de 2020.
Selección: actualizado a 28 de xuño de 2019.editar datos en Wikidata ]

Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal. Foi elixido en 2014 polo Centro Internacional de Estudo do Deporte segundo mellor centrocampista ofensivo de Europa,[3] ademais de lograr o Premio Puskás de 2014.

Internacional absoluto coa Selección Colombiana desde que debutou no ano 2011, foi vencedor da Bota de Ouro do Mundial de Fútbol Brasil 2014, tras anotar seis tantos que permitiron que a súa selección alcanzase os cuartos de final do torneo, sendo ata a data a mellor actuación do combinado cafetero nunha cita mundialista.[4]

Traxectoria editar

Inicios editar

James Rodríguez (pronunciado tal e como se escribe; ˈxames roˈðɾiɣes[2]) naceu en Cúcuta, o 12 de xullo de 1991. Desde moi pequeno foise a cidade de Ibagué onde viviu a súa infancia, estudou no colexio Tolimense e xogou ao fútbol como volante de creación, grazas ao apoio da súa nai, Pilar Rubio Gómez, foi parte de seleccións Tolima infantís e de boas escolas de fútbol da cidade onde sempre xogou coa camiseta número 10 nas canchas do Barrio Jordan e o resto da cidade, pero foi na Academia Tolimense do fútbol onde logrou conseguir, xunto aos seus compañeiros, o título da Ponyfútbol na cancha marte, en Medellín, aos 12 anos.[5]

Envigado F. C. editar

O Envigado F. C. fixouse nel e creu no seu talento para facerse futbolista profesional, por iso se foi a vivir a Medellín e aos seus 14 anos debutou como profesional no torneo da A, aínda que o Envigado F. C. descendeu, ao ano seguinte logrou o seu primeiro campionato na B e regresou á Categoría Primera A. Grazas a isto, fixo parte da Selección Colombia sub-17 coa que clasificaron e xogaron o mundial de Corea no 2007.

Banfield editar

Despois do seu paso polo Envigado F. C. fichou polo Banfield, que o adquiriu en calidade de cedido durante dous anos a comezos de 2008,[6][7] onde debutou na primeira xornada do Torneo Clausura 2009 contra Godoy Cruz. James converteuse no xogador estranxeiro máis xove en debutar e marcar un gol na Primeira División do Fútbol Arxentino con tan só 17 anos, no primeiro semestre de 2009. O seu posto natural foi o de mediapunta central ou enganche, aínda que pode xogar de mediapunta esquerdo ou de dianteiro. O seu atributo principal é a súa gran pegada, os seus pases entre liñas e espazos reducidos. O 13 de decembro de 2009 consagrouse campión do Torneo Apertura con Banfield á idade de 18 anos, sendo o estranxeiro máis xove en saír campión na Arxentina, logrando un feito inédito na historia do club do sur de Buenos Aires. Naquela tempada marcou goles importantes, un deles a Newell´s quen sería o principal competidor de Banfield na disputa polo campionato. James é considerado un ídolo no club arxentino por ser parte do 11 que fixo escribir a páxina dourada máis importante do club xa que foi o único título na súa historia.

A comezos do 2010 fíxose formal a posibilidade de que o xove xogador fose transferido ao Udinese,[8] equipo que estaría disposto a pagar aproximadamente 3 millóns de dólares polo 50% do seu pase. Tamén se abriu a posibilidade de que o volante chegase á Juventus.[9]

O colombiano tivo unha destacable actuación na Copa Libertadores, marcando o primeiro gol do seu equipo na vitoria 2-1 ao Monarcas Morelia de México. Despois anotou o gol definitivo sobre Deportivo Cuenca na vitoria por 1-4 e na 3º xornada polo grupo 6, marcou os dous goles no empate 2-2 fronte ao Nacional do Uruguai, terminando a Libertadores con 4 goles tendo só 19 anos. A súa boa campaña catapultouno como un dos principais talentos xoves de Suramérica.[10]

Porto editar

 
James Rodríguez xunto aos seus compañeiros do Porto na foto oficial do partido de ida fronte ao CSKA Moscova nos oitavos de final da UEFA Europa League 2010-11.

O 6 de xullo de 2010 foi presentado como novo xogador do Porto cun contrato de catro anos por 5,1 millóns de euros.[11] Debutou co conxunto portugués nun partido amigable de pretempada en Alemaña no empate a un gol do seu equipo contra o Preussen Munsler. O seu primeiro gol cos portuenses conseguiuno contra o CSKA Sofia de Bulgaria pola Liga Europa, o seu equipo gañou nesta oportunidade por 3 a 1. En 2011 James logrou alzar o trofeo de liga e a Supercopa de Portugal.

O 18 de maio de 2011, derrotaron na final da segunda competición europea ao Braga e logrou coroarse Campión do certame, cos seus compatriotas e compañeiros de club Radamel Falcao García e Freddy Guarin. James participou nos minutos finais dese encontro e foi peza importante na corrida do "Equipo Dragón" no transcurso do torneo continental. Catro días máis tarde logran gañar a Copa de Portugal, onde marcaría o seu primeiro hat-trick como profesional, marcou 3 dos 6 goles marcados polo Porto na final que terminou 6-2 contra o Vitória Guimarães, conseguindo así o que é a cuarta competición gañada para o club branquiazul nesta tempada.

O equipo, liderado polo brasileiro Hulk e o colombiano James Rodríguez, venceu a un rival que estivo en inferioridade 50 minutos. Con goles do propio "Hulk" (min.30) e Kléber (min.50), os portugueses, actuais campións da Liga Europa, firmaron unha exhibición anódina fronte a un rival que chegou a xogar con nove quince minutos, pero que se mostrou pouco ambicioso cando estivo en vantaxe no marcador, grazas ao tanto de Luiz Adriano, no minuto 11.

O 29 de setembro de 2011 estreouse como goleador da Liga de Campións. O colombiano abriu o marcador aos 10 minutos pero o conxunto portugués terminou perdendo 3 a 1 ante o Zenit San Petersburgo.[12] No 2011 foi nomeado ao Golden Boy 2011. O 2 de marzo de 2012 sería a gran figura do Porto na vitoria 3-2 sobre o Benfica xogando apenas 36 minutos onde anotaría un gol e daría unha asistencia para o gol do triunfo.

O 4 de agosto de 2012, James publicou na súa conta de Facebook o seu novo dorsal para a tempada 2012-13, o cal foi o número 10. O luns 8 de outubro deuse a coñecer que foi escollido polos afeccionados da liga portuguesa como o mellor xogador de agosto e setembro. O 1 de febreiro de 2013 o Porto deu a coñecer que adquiriu a totalidade dos seus dereitos deportivos.[13] Ao finalizar o seu paso polo fútbol portugués, Rodríguez converteu 32 goles en 107 partidos xogados sendo peza clave do club e volvéndose un ídolo.

Mónaco editar

O 24 de maio de 2013 deuse a coñecer a súa fichaxe polo Mónaco firmando un contrato por cinco anos. Foi un dos fichaxes máis caros da Ligue 1 de Francia,[14] sendo na época o segundo xogador colombiano máis custoso da historia despois de Radamel Falcao.

Con este equipo empezou sendo suplente debido a que o director técnico Claudio Ranieri exclamaba que James tiña un problema de mentalidade debido a que o seu xogo non era moi defensivo e non se axustaba ao esquema de Ranieri, finalmente logo duns partidos nos cales James brillou polas súas actuacións dando asistencias claras para os seus compañeiros e colaborando en defensa, gañaríase a titularidade no equipo.

O 30 de novembro de 2013, anota de tiro libre o seu primeiro gol co club monegasco na vitoria 2 a 0 fronte ao Stade Rennais nun partido válido pola décimo quinta xornada da Ligue 1 2013/14.

Ao final de tempada, terminou con 33 partidos de Liga e 10 goles anotados, ademais foi o Máximo asistente da Liga Francesa con 14 asistencias. Grazas á gran tempada de James, sería incluído no Once Ideal da Ligue 1 xunto ao seu compañeiro de equipo Kurzawa, sendo o xogador máis xove da lista con só 22 anos.

Deco, xogador histórico do seu club anterior, e da Selección de Portugal, eloxiou ao xogador dicindo que aínda pode chegar a un nivel máis alto tendo continuidade no seu equipo e agregou:

«James ten unha calidade pura, algo fermoso»[15]

Real Madrid editar

O 22 de xullo de 2014 foi presentado como novo xogador do Real Madrid para as próximas seis tempadas,[16] xogando o seu primeiro partido oficial —e como titular— co club o 12 de agosto no partido correspondente á disputa da Supercopa de Europa fronte ao Sevilla.

Tras a vitoria por 2-0 o xogador obtivo o seu primeiro título como madridista.[17] O seu primeiro gol oficial coa camiseta branca anotouno o 19 de agosto, nun partido correspondente á ida da Supercopa de España disputado contra o Atlético de Madrid. Ingresou no segundo tempo substituíndo a Cristiano Ronaldo, anotando no minuto 81 o 1-0 provisional do 1-1 final.[18] O 16 de setembro anotou o seu primeiro gol na Liga de Campións coa camiseta merengue ante o Basilea, encontro que finalizou por 5-1 a favor do equipo español e no cal o colombiano anotou o cuarto.[19] O 25 de outubro disputou o seu primeiro partido fronte ao Barcelona marcando unha asistencia na vitoria dos brancos por 3 a 1.[20]

O 1 de novembro marcou o seu primeiro dobrete como madridista no partido contra o Granada correspondente á xornada 10 do campionato de liga, anotando nos minutos 31 e 87 na vitoria 4-0 do seu equipo.[20] O 2 de decembro enfrontouse ao Cornellà nos dezaseisavos de final da Copa do Rei marcando dous goles e dando unha asistencia. O 20 de decembro disputou a final do Mundial de Clubs fronte ao San Lorenzo que venceron os brancos por 2-0.

O 5 de abril de 2015, 60 días despois de sufrir unha lesión do quinto metatarsiano do pé, deu dúas asistencias na histórica vitoria dos brancos por 9-1 fronte ao xa citado club granadino no Estadio Santiago Bernabéu, xogando soamente 60 minutos. Días máis tarde, anotou o seu primeiro gol desde a súa lesión ante o Rayo Vallecano na vitoria por 0-2.[21]

Ao finalizar a súa primeira tempada realizou un total de 17 goles e 18 asistencias, que lle valeron para o 15 de xuño ser incluído no once ideal da tempada xunto ao seu compañeiro de equipo Cristiano Ronaldo, sendo o centrocampista con máis goles e asistencias do campionato.

O 29 de agosto anota os seus dous primeiros goles da nova tempada 2015-16 no partido da segunda xornada de Liga fronte ao Real Betis, logrando o seu terceiro dobrete coa camiseta merengue. O primeiro, tras unha falta directa e o segundo de chilena certificaron a vitoria por 5-0 fronte ao conxunto andaluz.[22]

O 23 de abril de 2017 marca o seu primeiro gol nun clásico na derrota 2-3 fronte ao Barcelona no Estadio Santiago Bernabeu sendo o primeiro colombiano que logra marcar nun clásico. Tres días despois volve marcar un dobrete na goleada 6-2 como visitantes en casa do Deportivo da Coruña, e unha semana despois volve anotar un dobrete como visitante contra o Granada.

Antes de finalizar a tempada 2016-2017, xurdiron rumores sobre unha posible saída do xogador do Real Madrid. Moitos clubs estaban na órbita do colombiano que estaba en busca de máis minutos de xogo como o Manchester United, Chelsea, París Saint-Germain e Bayern München.

Bayern München editar

Finalmente, o 11 de xullo de 2017 oficializouse a súa cesión ao Bayern München por dúas tempadas con opción a compra ao finalizar devandito período.[23] Reencontrouse alí con Carlo Ancelotti, un dos seus adestradores na súa etapa en Madrid.

Selección nacional editar

Categorías inferiores editar

 
James Rodríguez en 2013 coa Selección Colombia.

James foi convocado á selección sub-20 de Colombia no Torneo Esperanzas de Toulon polo técnico Eduardo Lara, cando se lle deu o brazalete de capitán en lugar de Juan David Cabezas, quen o foi no Torneo sub-20 Suramericano do Perú.

Debido á súa actuación no Porto, James oficiou como 10 nos partidos do torneo. Colombia, ao mando de James, logrou chegar á final ao derrotar a México na semifinal. Ao chegar á final, Francia adiantouse no marcador, pero case ao final do partido James deu un centro para que Duván Zapata rematase e igualase o marcador, ao final Colombia gañaría o torneo na quenda de penaltis. Con todo, James consolidouse como o máximo asistente do Torneo con tres asistencias e logrou levantar o trofeo como campión do certame, ademais de ser nomeado o mellor xogador do torneo.

Ademais, foi titular da Selección sub-20 de Colombia, na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2011 que se disputou, precisamente, en terras colombianas. Co retorno do tamén volante de creación Michael Ortega, James apropiouse do mediocampo da selección. Fixo tres goles, un de penal ante a Selección de Francia, outro ante Malí e outro máis de penal ante Costa Rica que lle daría a clasificación ao equipo colombiano por 3-2 nos oitavos de final do Mundial nun agónico partido ao último minuto. Tristemente nos cuartos de final a Selección Mexicana dañoulle o soño ao conxunto local cun marcador 3-1 a favor dos mexicanos.

James, durante o seu paso pola Selección Sub-20, demostrou ser un líder, tomando as rendas do equipo xuvenil. Posteriormente, e a pesar de non ter a experiencia que moitos xornalistas de Colombia crían necesaria, James Rodríguez terminou dando o seu paso á Selección absoluta, tras recibir a merecida convocatoria por parte de José Pekerman, grazas ás súas boas actuacións tanto no Porto como na mesma Selección Xuvenil.

Selección absoluta editar

O 29 de setembro de 2011, James foi convocado polo técnico Leonel Álvarez á Selección de maiores para a campaña de clasificación á Mundial de Fútbol Brasil 2014.[24] Debutou o 11 de outubro na vitoria colombiana sobre Bolivia na Paz por 2-1, sendo a figura do partido.[25]

 
James Rodríguez en Brasil 2014.

O 11 de novembro de 2011, James Rodríguez tivo un destacado labor no partido de eliminatorias ao Mundial 2014 entre Colombia e Venezuela, a pesar de que non influíu no gol do equipo "cafetero", unha xogada pola banda quedoulle a Jackson Martínez que, tras arrastrar a súa marca, tocouna para Freddy Guarín, o cal marcou o tanto que puxo momentaneamente enriba no marcador a Colombia; o partido finalizaría 1-1.[26] En 2012 foi convocado polo novo adestrador José Pékerman a un xogo amigable contra a Selección Mexicana. Xogo que terminou 2-0 para o conxunto "cafetero". [26]

James Rodríguez gañouse o respecto de varias lendas do fútbol colombiano polo sacrificio que mostra na cancha. Carlos Valderrama declarou:

«Non fai falla un Pibe. James xa está ben nesa posición. Hai que facerlle forza ao home que está motivado e hai que apoialo porque eu penso que temos un gran xogador. James é o meu sucesor».[27]

Freddy Rincón, destacado dianteiro colombiano da década dos 90 e ex xogador do Real Madrid, afirmou:

«Eu hai tiempo non vía un xogador 10 como James Rodríguez, un xogador con tanta gana e vontade, mesmo nin o seu propio pai tivo unha actitude así, é un muchacho que aproveitan ben en momentos e en outros momentos aprovéitano moi mal».[28]

Faustino Asprilla, un dos dianteiros colombianos máis importantes na historia, afirmou:

«Ten moito fútbol para mostrar e para aprender. É unha figura importantísima do país. Coa súa idade, xa é titular... Para moitos é impensable ter, como unha das figuras da selección, un xove de 21 anos. Pero é bo para todos. Pode ser mellor que eu. Pode ser o mellor xogador colombiano da historia».[29]
 
James Rodríguez na Copa América 2016.

O 28 de maio de 2012, anotou o seu primeiro gol coa selección absoluta de Colombia na vitoria por 7 a 1 fronte a Güiana no partido amigable de preparación da Selección Colombia antes de medirse fronte a Perú. E fronte ao Perú anotou o único gol de Colombia na vitoria 1 a 0, converténdose na figura do partido. Nun partido da oitava xornada das eliminatorias para a clasificación do Mundial de Fútbol Brasil 2014, o 11 de setembro de 2012, anotou de tiro libre o empate parcial fronte a Chile, partido que terminarían remontando os colombianos por 3-1 despois de ir perdendo 1-0. Ademais na xornada 13 das eliminatorias, James anotou o gol da vitoria de Colombia sobre Ecuador no Estadio Metropolitano Roberto Meléndez por 1-0 sendo de paso a figura do partido. James Rodríguez sería ao terminar as Eliminatorias Suramericanas ao Mundial un dos principais referentes da Selección Colombia, asegurándose o "10" da Selección.

O 13 de maio de 2014 foi incluído polo adestrador José Pekerman na lista preliminar de 30 xogadores con miras á Copa Mundial de Fútbol de 2014.[30][31] Finalmente, foi seleccionado na nómina definitiva de 23 xogadores o 2 de xuño.[32][33]

O 27 de xuño de 2014 é nomeado pola FIFA como mellor xogador da fase de grupos da Copa Mundial de Fútbol de 2014.[34] Durante a fase de grupos do certame mundial foi peza fundamental para que a súa selección lograse o primeiro posto do seu grupo con 9 puntos, anotando 3 goles ante Grecia, Costa do Marfil e Xapón. Posteriormente anotou dous tantos nos oitavos de final fronte ao Uruguai (un deles elixido como o Mellor Gol do Mundial) e un tanto nos cuartos de final fronte a Brasil, converténdose así no xogador colombiano con máis goles (6) nas copas do mundo superando a Bernardo Redín e a Adolfo Valencia quen lograron 2. A lenda Arxentina Diego Maradona argumentou que James debería ter gañado o premio do torneo Balón de Ouro en lugar de Lionel Messi.[35]

Estatísticas editar

Clubs editar

  Actualizado ao último partido xogado o 21 de maio de 2017.

Club Div Tempada Liga Copas
nacionais(1)
Torneos
internacionais(2)
Total Media
goleadora(3)
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
Envigado F. C.
  Colombia
2006-07 8 0 0 - - - - - - 8 0 0 0,00
2007-08 22 9 0 - - - - - - 22 9 0 0,41
Total club 30 9 0 0 0 0 0 0 0 30 9 0 0,30
C. A. Banfield
  Arxentina
2008-09 11 1 0 - - - - - - 11 1 0 0,08
2009-10 30 4 6 - - - 8 5 2 38 9 8 0,24
Total club 41 5 6 0 0 0 8 5 2 49 10 8 0,20
F. C. Porto
  Portugal
2010-11 15 2 11 7 3 2 9 1 5 31 6 17 0,19
2011-12 26 13 8 4 0 0 8 1 2 38 14 10 0,37
2012-13 24 10 9 6 1 0 8 1 1 38 12 10 0,32
Total club 65 25 28 17 4 2 25 3 8 107 32 38 0,30
A. S. Mónaco F. C.
  Francia
2013-14 34 9 12 4 1 2 - - - 38 10 14 0,32
Total club 34 9 12 4 1 2 0 0 0 38 10 14 0,32
Real Madrid C. F.
  España
2014-15 29 13 13 6 3 2 11 1 2 46 17 17 0,37
2015-16 26 7 8 1 0 2 5 1 0 32 8 10 0,25
2016-17 22 8 6 3 3 3 8 0 3 33 11 12 0,36
Total club 77 28 27 10 6 7 24 2 5 111 36 39 0,33
Bayern München
  Alemaña
2017-18 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0,00
Total club 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0,00
Total carreira 247 76 73 31 11 11 57 10 15 335 97 99 0,29
Fontes: UEFA Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. - Soccerway - Transfermarkt

Selección nacional editar

  Actualizado ao último partido xogado o 13 de xuño de 2017.

Selección Ano Amigables Suramérica(1) Mundial Total Media
goleadora
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
Sub-17
  Colombia
2007 - - - 8 3 0 3 0 1 11 3 1 0,27
Total 0 0 0 8 3 0 3 0 1 11 3 1 0,27
Sub-20
  Colombia
2011 - - - 6 2 0 5 3 3 11 5 3 0,45
Total 0 0 0 6 2 0 5 3 3 11 5 3 0,45
Absoluta
  Colombia
2011 0 0 0 3 0 1 - - - 3 0 1 0,00
2012 2 0 1 5 2 1 - - - 7 2 2 0,29
2013 3 0 1 7 1 1 - - - 10 1 2 0,10
2014 7 3 2 - - - 5 6 2 12 9 4 0,75
2015 2 0 0 6 1 1 - - - 8 1 1 0,12
2016 0 0 0 12 4 4 - - - 12 4 4 0,33
2017 2 1 2 2 2 1 - - - 4 3 3 0,75
Total 16 4 6 35 10 9 5 6 2 56 20 17 0,35
Total carreira 16 4 6 49 15 9 13 9 6 78 28 21 0,35
Fontes: FIFA Arquivado 01 de xuño de 2017 en Wayback Machine. - BDFA - Transfermarkt SoccerWay

Participacións en Copas do Mundo editar

Mundial Sede Resultado Part. Goles Asis.
Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2007   Corea do Sur Oitavos de final 3 0 1
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2011   Colombia Cuartos de final 5 3 3
Copa Mundial de Fútbol de 2014   Brasil Cuartos de final 5 6 2

Participacións en Copas América editar

Copa Sede Resultado Part. Goles Asis.
Copa América 2015   Chile Cuartos de final 4 0 0
Copa América 2016   Estados Unidos Terceiro lugar 6 2 1

Participacións en eliminatorias editar

Eliminatorias Sede Resultado Part. Goles Asis.
Campionato Suramericano de Fútbol Sub-17 de 2007   Ecuador Segundo lugar 8 3 0
Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2011   Perú Clasificados 6 0 0
Eliminatorias Mundial de 2014 América do Sur Segundo lugar 15 3 1
Eliminatorias Mundial de 2018 América do Sur En disputa 10 5 4

Resumo de goles internacionais editar

 
James ao realizar o segundo gol a Uruguai.

James Rodríguez acumula un total de 53 partidos coa selección absoluta, deles, quince son en fases finais, mentres que os restantes son de carácter amigable ou clasificatorio. Con respecto á faceta anotadora, o xogador é o cuarto máximo goleador histórico da selección colombiana cun total de 18 goles, a 7 goles de converterse no máximo realizador, o cal actualmente é Radamel Falcao García. O seu primeiro gol como internacional foi o 28 de maio de 2012, mentres que o 28 de xuño de 2014 anotou o ata a data o seu primeiro e único dobrete coa selección na vitoria por 2-0 fronte á selección uruguaia no partido de oitavos de final da Copa Mundial do Brasil 2014. En competencias oficiais acumula un rexistro de sete goles.

En competición oficial o xogador debutou o 14 de xuño de 2014, no citado campionato celebrado no Brasil, data na que tamén anotou o seu primeiro gol. O xogador anotou un total de seis goles no torneo que valeron para que a súa selección alcanzase os cuartos de final, na que é ata a data a mellor actuación colombiana nunha cita mundialista, e polos que foi nombrado como Bota de Ouro do torneo.

Resumo estatístico editar

Competición Partidos Goles Media Asistencias Media
Liga 248 76 0,30 75 0,30
Copas Nacionais 31 11 0,35 11 0,35
Copas Internacionais 57 10 0,18 15 0,29
Selección Adulta 56 20 0,35 17 0,27
Selección Sub-20 11 5 0,45 3 0,27
Selección Sub-17 11 3 0,27 1 0,09
Total 414 125 0,30 122 0,29

Hat-tricks editar

Partidos nos que anotou 3 ou máis goles

Palmarés e distincións editar

Nota: en letra grosa competición vixente.
Equipo(s) Nacionais Subtotal Continentais Mundiais Subtotal Total
Liga Copa Supercopa Copa da Liga C1 C2 C3 M1 M2
  Envigado F. C.   1 1
  C. A. Banfield   1 1
  F. C. Porto               7   1 8
  Real Madrid C. F.   1         6 7
  Selección de Colombia
Total 6 1 3 0 10 2 1 2 0 2 7 17
Actualizado ao último título conquistado o 3 de xuño de 2017.

Entre os seus títulos oficiais non se contabiliza un Torneo Esperanzas de Toulon de seleccións en 2011 ao non seren oficial.

Distinción Ano
Xogador revelación en Liga Arxentina 2009
Mellor Xogador Xove da Copa Libertadores 2010
Mellor Xogador do Torneo Esperanzas de Toulon 2011
Revelación do "Ano Dragón de Ouro" 2011
Xogador revelación en Portugal 2013
Incluído no Once Ideal da Liga Francesa (L'Equipe) 2014
Mellor Xogador Xove da Liga Francesa (L'Equipe) 2014
Mellor Asistente da Liga Francesa (L'Equipe) 2014
MVP contra Costa do Marfil-Grecia-Uruguai da Copa Mundial de Fútbol de 2014 2014
Mellor Xogador Primeira Fase da Copa Mundial de Fútbol de 2014 2014
Mellor Gol da Copa Mundial de Fútbol de 2014 2014
Bota de Ouro da Copa Mundial de Fútbol de 2014 2014
11 Ideal da Copa Mundial de Fútbol de 2014 2014
Incluído no Once Ideal da Liga Española no mes de outubro segundo Goal.com [37] 2014
Incluído no Once Ideal da Liga Española no mes de novembro 2014
Globe Soccer Awards ao Xogador revelación do ano 2014
Mellor Deportista de América - Asociación Internacional de la Prensa Deportiva de América 2014
Personaxe do Ano en Colombia El Espectador 2014
Premio IFFHS – Mellor Centrocampista do Mundo (3º) 2014
Nomeado ao FIFA Balón de Ouro (8º) 2014
Premio Puskás ao Mellor Gol do Ano 2014
Incluído no Once Ideal da Liga Española no mes de abril 2015
Incluído no equipo ideal da Liga BBVA 2014-15 2015
Xogador do partido contra Perú na Copa América 2015 2015
Mellor Centrocampista da Liga BBVA[38] 2015
Xogador do partido contra Paraguai na Copa América 2016 2016
Incluído no Once Ideal da primeira fase da Copa América 2016 2016

Vida persoal editar

En decembro de 2010 casou con Daniela Ospina, antiga titular da selección colombiana de voleibol; actualmente xogadora do Vóley Playa Madrid, e irmá de David Ospina, porteiro da Selección Colombia.

Teñen unha filla xuntos, Salomé Rodríguez Ospina, nada o 29 de maio de 2013.

Notas editar

  1. Ficha de James Rodríguez Arquivado 22 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. en ASM-FC.com
  2. 2,0 2,1 "James Rodríguez pone Colombia patas arriba". As. 4 de agosto de 2011. 
  3. "James es el segundo mejor volante ofensivo de Europa, según estudio". El Tiempo. 10 de xaneiro de 2014. 
  4. "Colombia cierra su mejor participación en los mundiales". Siete Días. 13 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  5. "El gol olímpico de James Rodríguez en el Pony Fútbol" (en castelán). Miseleccion.co. 12 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  6. "Noticia relacionada en La Nación". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  7. "James debutaría en Banfield - En la Jugada". 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  8. "James podría ir al Udinese". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  9. "James Rodriguez podría jugar para la Juventus". 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  10. "Talento colombiano". 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  11. UEFA.com, ed. (6 de xullo de 2010). "El Oporto ficha una promesa colombiana". 
  12. "Gol de James Rodriguez frente al Zenit en la Liga de Campeones". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  13. "FC Porto compro la totalidad de los derechos de James Rodriguez". 
  14. Ojogo.pt, ed. (24 de maio de 2013). "Oficial: James e Moutinho no Mónaco" (en portugués). 
  15. Goal.com, ed. (31 de outubro de 2013). "Deco elogia a Juan Fernando Quintero y James Rodríguez". 
  16. Fox Sports (22 de xullo de 2014). "Oficial: James Rodríguez ficha con el Real Madrid" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  17. Páxina oficial do Real Madrid (ed.). "Supercampeones de Europa". Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  18. "¡Histórico!: James Rodríguez marca su primer gol en el Real Madrid". pulzo.com. AFP. 19 de agosto de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2014. 
  19. http://www.vanguardia.com/ (16 de setembro de 2014). "Oficial: James Rodríguez anota el cuarto gol del Real Madrid frente al Basilea" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2014. 
  20. 20,0 20,1 "Liga Santander - Resultados". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  21. "Rayo Vallecano 0-2 Real Madrid: Cristiano Ronaldo and James Rodriguez strike to keep pace with Barcelona - Mirror Online" (en inglés). Mirror Online. 8 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  22. "James, la gran figura de Real Madrid marcando doblete en el triunfo 5-0 sobre Betis". Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  23. "James se va cedido al Bayern Munich por dos temporadas". transfermarkt.es. Archived from the original on 11 de xullo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  24. El Espectador, ed. (29 de setembro de 2011). "James Rodríguez, llamado a la selección Colombia para enfrentar a Bolivia". Consultado o 14 de abril de 2022. 
  25. ESPN Deportes, ed. (12 de outubro de 2011). "James fue la figura de Colombia". 
  26. 26,0 26,1 El Espectador, ed. (11 de novembro de 2011). "Colombia 1-1 Venezuela... poco premio para tantas opciones". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  27. Terra Deportes Chile, ed. (9 de novembro de 2011). "James Rodríguez es mi sucesor, afirma "El Pibe" Valderrama". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2014. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  28. RCN Radio, ed. (16 de novembro de 2011). "Freddy Rincón dice que hay miedo para dejar jugadores por fuera de la selección Colombia". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  29. www.elpais.com.co, ed. (26 de setembro de 2012). "Asprilla cree que James Rodríguez puede ser el mejor jugador colombiano de la historia". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  30. El Colombiano, ed. (13 de maio de 2014). "Pekerman entrega lista de 30 convocados de la Selección de Colombia para el Mundial". Consultado o 15 de maio de 2014. 
  31. Federación Colombiana de Fútbol, ed. (13 de maio de 2014). "Lista de preseleccionados de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  32. "Colombia 2014 World Cup Squad: the 23 chosen by José Pekerman". The Guardian (en inglés). 5 de xuño de 2014. Consultado o 23 de xuño de 2014. 
  33. "Sin Falcao, Pekerman confirmó la lista de los 23 convocados de Colombia al Mundial". El País. 2 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2014. Consultado o 23 de xuño de 2014. 
  34. Rojas Ferro, Filiberto (27 de xuño de 2014). "James Rodríguez, el mejor jugador del Mundial en la fase de grupos" (en castelán). eluniversal.com.co. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  35. BBC Sport - World Cup 2014: Lionel Messi Golden Ball surprised Sepp Blatter
  36. Páxina oficial da FIFA (ed.). "Estadísticas FIFA de James". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  37. http://www.goal.com/ (1 de novembro de 2014). "Oficial: James Rodríguez fue incluido en el 11 ideal de la Liga BBVA en el mes de octubre, ocupando el segundo lugar en votaciones tan solo detrás de Cristiano Ronaldo" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  38. James Rodríguez, 'Mejor centrocampista de la Liga BBVA 2014/15' laliga.es

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Thomas Müller
Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA
2014
Sucesor:
Harry Kane