James Rhodes

Pianista inglés

James Edward Rhodes, nado en Londres o 6 de marzo de 1975, é un concertista de piano inglés. Coñecido tamén polo seu activismo na denuncia dos abusos sexuais na infancia.

James Rhodes
James Rhodes no 2016
Nome completoJames Edward Rhodes
Data nacemento6 de marzo de 1975 (49 anos)
Nado enLondres, Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónautobiógrafo e pianista
XéneroMúsica clásica
Instrumento(s)Piano
Selo(s) discográfico(s)Signum Records, Warner Bros. Records
Tempo en activo2008 — presente
Na rede
jamesrhodes.tv
Facebook: jamesrhodespiano Twitter: JRhodesPianist Musicbrainz: f5e8231e-7ff0-4049-9ac0-93c8a8d5d6f6 Songkick: 2426166 Discogs: 2810528 Allmusic: mn0002193541 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

James Edward Rhodes naceu no seo dunha familia xudía de clase media en St. John's Wood, no norte de Londres. Estudou no Arnold House School, un colexio privado para rapaces onde foi vítima de abusos sexuais por parte do seu profesor de educación física, quen faleceu antes do xuízo. Nesta situación, Rhodes sufriu tanto mental como fisicamente, o que lle produciría unha desorde alimenticia, danos na súa columna vertebral e trastorno por estrés postraumático (TEPT).[1]

Posteriormente tomaría clases de piano, pero non progresou máis aló do terceiro grao e aprendeu principalmente dun xeito autodidacta. Ingresou nun internado local e máis tarde entraría no Harrow School, onde estudaría co profesor de piano Colin Stone dende os 13 anos en diante. Durante esta época participou no programa televisivo BBC Young Musician of the Year da canle nacional, pero non pasaría da segunda rolda.

En 1993, obtén unha bolsa para o Guildhall School of Music and Drama.

Dende 2017 reside en Madrid.[2]

En 2020 a editorial Rinoceronte publicou en galego a súa obra autobiográfica intitulada Instrumental (2014), en tradución de Eva Almazán[3].

Discografía editar

Álbums

  • Razor Blades, Little Pills and Big Pianos (febreiro de 2009), Signum Records[4][5][6][7]
  • Now Would All Freudians Please Stand Aside (marzo de 2010), Signum Records[8][9][10]
  • Bullets and Lullabies (decembro de 2010), Warner Music [11][12][13] Cover art by Dave Brown, Bollo from The Mighty Boosh[14]
  • JIMMY: James Rhodes Live in Brighton (maio de 2012), Signum Records[15][16]
  • 5 (xuño de 2014), Instrumental Records
  • Inside Tracks - the mix tape (outubro de 2015), Instrumental Records
  • Fire On All Sides (xaneiro de 2018), Instrumental Records

Notas editar

  1. Rhodes, James (2016). Instrumental (en castelán). Barcelona: BlackieBooks. p. 31. ISBN 978-84-16290-43-7. 
  2. "Cinco razones que han llevado a James Rhodes a mudarse a vivir en Madrid". El País (en castelán). 
  3. "Instrumental" de James Rhode, Lecturafilia, 9 de xuño de 2020.
  4. Hewett, Ivan "Classical CD reviews - Simón Bolívar Youth Orchestra, James Rhodes and more Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine.". The Daily Telegraph. 18 de febreiro de 2009.
  5. Jones, Rick 'Siberian Dido, review for 'Razor Blades, Little Pills and Big Pianos' ". BBC Radio 3. 20 de febreiro de 2009.
  6. Midgette, Annette "The Classical Beat - What's In a Name" The Washington Post. 9 de setembro de 2009.
  7. Distler, Jed "9/10 review for 'Razor Blades, Little Pills and Big Pianos' Arquivado 30 de novembro de 2011 en Wayback Machine. classicstoday.com. 11 de setembro de 2009
  8. Woolf, Peter Grahame "Musical Pointers review for 'Now Would All Freudians Please Stand Aside'" musicalpointers.co.uk. 15 de marzo de 2010.
  9. Silverman, Laura "The Times Top Downloads recommends James Rhodes" The Times. 26 de marzo de 2010.
  10. Thompson, Damian "Why does this clown think he can play late Beethoven Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine." The Daily Telegraph. 8 de marzo de 2010.
  11. Gardner, Charlotte "BBC Review" BBC Music. 8 de decembro de 2010.
  12. Maddocks, Fiona "James Rhodes: Bullets and Lullabies – review" The Observer. 26 de decembro de 2010.
  13. Gill, Andy "Album: James Rhodes, Bullets & Lullabies (Warner Bros)" The Independent. 7 de xaneiro de 2011.
  14. James Rhodes (novembro de 2010). The Spectator, ed. "The accidental pianist - Page4". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2010. Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  15. Brian Reinhart (outubro de 2012). Musicweb International, ed. "Album: James Rhodes, Jimmy: Live in Brighton". Consultado o 1 de outubro de 2012. 
  16. Alice Buxton (maio de 2012). Hive Magazine, ed. "James Rhodes – ‘Jimmy: Live In Brighton’ – Album Review". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 1 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar