James Mallahan Cain, nado o 1 de xullo de 1892 e finado o 27 de outubro de 1977, foi un escritor, xornalista e novelista norteamericano. Foi especialmente coñecido polas súas novelas de ambiente sórdido, englobadas dentro da novela negra, do que é un dos seus máximos representantes xunto a Raymond Chandler e Dashiell Hammett.

James M. Cain
Nacemento1 de xullo de 1892
Lugar de nacementoAnnapolis
Falecemento27 de outubro de 1977
Lugar de falecementoUniversity Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWashington College
Ocupaciónguionista, novelista, xornalista, reporteiro, escritor e roteirista de cinema
Coñecido porThe Postman Always Rings Twice
PremiosThe Grand Master
Na rede
IMDB: nm0128906 Allocine: 69413 Allmovie: p83829 IBDB: 6614
Discogs: 468867 WikiTree: Cain-6211 Find a Grave: 10282023 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edward G. Robinson nun fotograma de Double indemnity de Billy Wilder baseada na novela homónima de James M. Cain

Traxectoria editar

Cain naceu nunha familia católica de orixe irlandesa en Annapolis (Maryland). Fillo dun eminente profesor e unha cantante de ópera, herdou o amor pola música da súa nai, pero a esperanza de converterse nunha estrela decaeu cando a súa nai lle dixo que a súa voz non era o bastante boa. Despois de graduarse no Washington College, en 1917 alistouse no exército para combater en Francia no útlimo ano da Primeira guerra mundial, e comezou a escribir para a revista da armada. De volta aos Estados Unidos continuou co seu traballo de xornalista ata que comezou con obras de ficción.

A crítica puntualizou que a fórmula básica da maioría das obras de Cain son case sempre un home que cae por culpa dunha muller, converténdose nun criminal e cómplice dela.

Cain casou en tres ocasións, sendo o seu matrimonio máis coñecido o segundo, coa actriz Aileen Pringle, que acabou cun divorcio dous anos despois tras unha relación tempestuosa.

Cain escribiu toda a súa vida, se ben a maioría das súas novelas foron publicadas a partir de 1940, pero nunca conseguiu repetir os éxitos da primeira etapa. Morreu alcohólico con 85 anos.

A súa obra máis coñecida, The Postman Always Rings Twice, foi levada ó cine catro veces:

Ademais, en 1982 fíxose unha ópera, cun libreto adaptado por Colin Graham e musicado por Stephen Paulus, estreada no Teatro da Ópera de San Luis en 1982.

Bibliografía editar

  • Our Government (1930)
  • The Postman Always Rings Twice (1934) (a partir dela fixéronse catro películas e unha ópera)
  • Serenade (1937) (levada ó cine por Anthony Mann en 1956)
  • Mildred Pierce (1941) (levada ó cine por Michael Curtiz en 1945)
  • Love's Lovely Counterfeit (1942) (levada ó cine por Allan Dwan en 1956)
  • Career in C Major and Other Stories (1943)
  • Double Indemnity (1943) (levada ó cine por Billy Wilder en 1944 co título de Double Indemnity)
  • The Embezzler (1944) (publicada por primeira vez en 1938 co título de Money and the Woman)
  • Past All Dishonor (1946)
  • The Butterfly (1947) (levada ó cine por Matt Cimber en 1982)
  • The Moth (1948)
  • Sinful Woman (1948)
  • Jealous Woman (1950)
  • The Root of His Evil (1951) (tamén titulada Shameless)
  • Galatea (1953)
  • Mignon (1962)
  • The Magician's Wife (1965)
  • Rainbow's End (1975)
  • The Institute (1976)
  • The Baby in the Icebox (1981)
  • Cloud Nine (1983)
  • The Enchanted Isle (1985) (levada ó cine por Lucas Platt en 1995 como Girl in the Cadillac)