James M. Buchanan

economista estadounidense

James McGill Buchanan, nado en Murfreesboro (Tennessee) o 3 de outubro de 1919 e finado en Blacksburg (Virxinia) o 9 de xaneiro de 2013, foi un economista estadounidense.

James M. Buchanan
Nacemento3 de outubro de 1919
Lugar de nacementoMurfreesboro
Falecemento9 de xaneiro de 2013
Lugar de falecementoBlacksburg
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Chicago, Universidade do Tennessee e Middle Tennessee State University
Ocupacióneconomista e profesor universitario
PaiJames McGill Buchanan, Sr.
PremiosPremio Nobel de Economía, Adam Smith Award, Medalha Nacional de Humanidades, honorary doctorate of the University of Valladolid, Distinguished Fellow of the American Economic Association e honorary doctor of the University of Valencia
Na rede
WikiTree: Buchanan-872 Find a Grave: 103400984 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1940, graduouse na Middle Tennessee State Teachers College, agora chamado a Middle Tennessee State University, en 1941, rematou o seu máster en ciencias económicas na Universidade de Tennessee e, posteriormente, integrouse na mariña durante a segunda Guerra Mundial traballando co Almirante Nimitz en Honolulu. En 1948, recibiu o seu doutoramento económico na Universidade de Chicago, onde recibiu a influencia intelectual de Frank H. Knight.

Ó graduarse iniciouse na carreira académica como profesor asociado na Universidade de Tennessee, converténdose en profesor de Economía en 1950, dende onde se trasladou á Florida State University ata 1956. Durante este período, residiu en Italia por un ano, estudando as súas tradicións en finanzas públicas e a teoría política, experiencia que influíu moito nos seus posteriores estudos. Cando volveu a Estados Unidos, fundou o Centro Thomas Jefferson for the Protection of Free Expression dende a Universidade de Virxinia, onde iniciou e impulsou, con Gordon Tullock, a corrente económica da elección pública, ocupándose de estudar a economía política constitucional, coa intención de non limitar a análise ó funcionamento dos procesos de toma de decisións públicas no marco dunhas regras establecidas, así como de analizala forma en que esas regras son adoptadas e a posibilidade de medición da súa eficacia.

Estas teorías comezaron a chamar moito a atención e, nunha conferencia en 1967 titulada Study of Non-Market Decision Making (Estudo sobre a toma de decisións fora do mercado), formou con Gordon Tullock a Public Choice Society. Despois dun ano na universidade de California (UCLA) en 1968, trasladou o seu Center for the Study of Public Choice (CSPC) á George Mason University, en Washington, D.C..

En 1986, o profesor Buchanan ganou o premio Nobel de economía polas súas contribucións sobre a teoría da elección pública (Public Choice), onde publicou extensivamente sobre as finanzas públicas, as económicas constitucionais e a teoría libertaria.

Buchanan segue vinculado ó Center for the Study of Public Choice e é o investigador principal do Cato Institute.

Obra e principais contribucións editar

A idea principal que defendía Buchanan é que o estado non é superior ós cidadáns, son estes os que toman as decisións do goberno en última instancia. O estado pode ser entendido como a “suma das vontades dos individuos”. A teoría que defende principalmente é a teoría económica da elección pública. A idea é a aplicación das ferramentas de análise económico á política, xa que cría que os economistas non estaban prestando demasiada atención ó funcionamento da política, xa que se preocupaban demasiado de como funcionaba a economía.

As súas principais publicacións foron entre finais dos anos 50 e os anos 80 ata que lle outorgaron o Premio Nobel en 1986, destacando as seguintes:

  • Public Principles of Public Debt (1958)
  • Fiscal Theory and Political Economy (1960)
  • Calculus of Consent: Logical Fundations of Constitutional Democraty (1962). , Escrita en colaboración con Gordon Tullock, é a súa obra máis coñecida.
  • Public Finance in Democratic Process (1967)
  • Cost and Choice (1969), analiza custos e beneficios supoñendo que son suxeitos á interpretación que fan os analistas.
  • Public Choice (1972), Buchanan é considerado o principal representante desta teoría que trata de ligar a economía coa política a través do estado.
  • Public finance and Public Choice (1975)
  • What should Economists Do? (1964)
  • Liberty, Market and State (1985), sobre temas da liberdade e a economía no contexto da democracia.

Premio Nobel de Economía, 1986 editar

 
Alfred Nobel

En memoria ao sueco Alfred Nobel, convócanse cada ano os Premios Nobel que van dirixidos a persoas que logran novos avances científicos, investigación e que polo tanto aporta valor engadido á sociedade. Neste senso no ano 1986 concédeselle o Premio Nobel de economía a James Buchanan. Trátase de dar recoñecemento aos avances e melloras que incorporou dita personalidade ao mundo económico e en último termo á sociedade.

No 1986 a academia sueca concedeulle o premio Nobel a economía polo desenvolvemento das bases constitucionais da teoría económica e do proceso da toma de decisión. Máis ben coñecemos a súa contribución como a Public Choice; é dicir, a teoría da elección pública.

A súa contribución o mundo económico-político consistiu nunha extensión da teoría económica ás opción políticas e gobernamentais. As decisión tomadas polos políticos e polos diversos estamentos gobernamentais provocan unha serie de custos aos cidadáns e polo tanto os cidadáns deberían poder contar cunha serie de mecanismos de control que lle permitan a súa defensa ante tales situación. Deste xeito xorde como mecanismo de control a Constitución. A contribución de Buchanan que lle deu lugar ao recoñecemento do Premio Nobel foi a de transferir as opción políticas á idea de beneficio de cambio mutuo entre os individuos. De tal maneira que o proceso político devén nunha forma de colaboración destinada a obtención de vantaxes recíprocas. Pero todo este proceso vai depender dunha serie de regras que enmarcan a actividade político-económica, é dicir, podemos falar aquí da constitución, como mencionamos anteriormente. Por tanto van ser factores claves ditas normas de xogo, e tamén a posibilidade de podelas cambiar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar